Generador de Texto Brillante

O OBXECTIVO DESTE BLOGUE.


ESTE BLOGUE NON PRETENDE SÓ SER UN ESCAPARATE DALGHUNAS ACTIVIDADES QUE SE FAN NA AULA, NIN UNHA REPORTAXE FOTOGRÁFICA DOS NENOS/AS QUE FORMAN PARTE DESTE BLOGUE,SENON UNHA FERRAMENTA DE TRABALLO DE AULA PARA MELLORAR O NIVEL DOS NOSOS RAPACES/RAPAZAS E OUTRA FERRAMENTA PARA QUE OS PAIS,DENDE AS SÚAS CASAS, POIDAN EDUCAR MILLOR ÓS SEUS FILLOS/AS EN COORDENACIÓN COA ESCOLA E AXUDARLLES A MERGULLARSE NESTE MUNDO APASIOANTE DAS NOVAS TECNOLOXÍAS,"O FUTURO".

UNHA APERTA AFECTUOSA DA PROFE MARICRUZ.

INFORMACIÓN ÁS FAMILIAS.

ESTE BLOGUE,POR DIVERSOS MOTIVOS,PASARÁ A SER UN REPOSITORIO DE RECURSOS PARA TRABALLAR NO AULA E NA CASA,DEIXANDO DE SER ESCAPARATE DAS ACTIVIDADES REALIZADAS NA AULA E NO CENTRO,E REPORTAXES FOTOGRÁFICAS.
SE ALGUNHA DAS FAMILIAS DOS NEN@S QUERE TER TODAS AS FOTOS DAS ACTIVIDADES E DOS SEU FILL@,POÑERASE EN CONTACTO COA PROFE MARICRUZ PARA PODELAS TER SEN SER PUBLICADAS EN INTERNET.
UNHA VEZ SOLVENTADOS OS IMPREVISTOS,VOLTARANSE A FACER PUBLICACIÓNS DE ENTRADAS NESTE BLOGUE.
GRAZAS POLA VOSA COLABORACIÓN.


XOGA E APRENDE NO NADAL,EN GALEGO,CASTELÁ E INGLÉS.

Se non sabes o significado dalgunha palabra galega...busca no Dicionario da Real Academia Galega

lunes, 24 de enero de 2011

APRENDEMOS O NOME DAS FERRAMENTAS CON MANI-MANITAS.

OS NENOS/AS DE 4 ANOS E EU,HOXE APRENDIMOS O NOME DALGUNHAS FERRAMENTAS, QUE UTILIZAN OS OBREIROS/AS,A TRAVÉS DO CONTO DE MANI-MANITAS,O ORDENADOR QUE TRUXO SILVIA E O BANCO DE CARPINTEIRO QUE TEN A PROFE MARICRUZ.
ADEMAIS DO NOME,APRENDIMOS PARA QUE SERVEN E COMO SE UTILIZAN.DESPOIS PRACTICAMOS CON ELAS NO BANCO DE CARPINTEIRO,NO RECANTO NOVO QUE FIXEMOS.
SE QUEREDES SABER VÓS TAMÉN O NOME DAS FERRAMENTAS,EIQUÍ TEDES O CONTO QUE TRANSFORMOU A PROFE EN PRESENTACIÓN .
DEIXADE QUE OS RAPACES VOS CONTEN O CONTO E VEREDES COMO APRENDERON.

                                             PERECHO



POR SE QUEREDES MIRAR EPISODIOS DE MANI-MANITAS...PICADE NESTE ENLACE.
http://www.verdibujosanimados.com/manimanitas/1.html



viernes, 21 de enero de 2011

UN NENO E UNHA PROFE DO ROCÍO CAMUFLADOS NUN VÍDEO EN BALAIDOS.


Sabíades que existe unha televisión en Vigo que se mira a través de facebook,polo de agora,que están aínda escomenzando e que se chama TRIPLE V?


Un día,de partido,apareceron os reporteiros desta tv  no estadio de Balaidos,que é onde xoga o equipo de fútbol da nosa cidade que se chama R.C Celta de Vigo,como seguro xa sabedes, e fixeron algunha que outra entrevista ,que non está demasiado ben porque aínda están nos seus primeiros pasos e nótase.


Eiquí tedes un vídeo no que aparecen afecionados  e xogadores do Celta.
Entre eles ,ademais dos xogadores coñecidos,hai dúas persoas coñecidas do cole Rocío.A ver se adeviñades onde están e quen son.
                      PISTAS:                           
-Un deles é un neno da clase da profe Teté e que foi alumno da profe  Maricruz en infantíl,por iso decateime dél de seguido.
-A outra persoa do cole é unha profe moi celtista.
-Atópanse as dúas en esceas diferentes e case ó final do vídeo.


  


CANTO DA GRADA DE BALAIDOS:
     "Cuando voy por la calle y me preguntan
       que si soy del Barcelona o el Madrid,
       yo levanto la cabeza orgulloso y
       le digo soy del Celta hasta morir.
       La,la,la...y le digo soy del Celta hasta morir."


                    CELTA!
                                               Perecho

jueves, 20 de enero de 2011

UNHA CLASE DE INGLÉS DIFERENTE.



O martes estivo na nosa escola JOSEP Mª ARTIGAL,profesor de inglés e creador dos materiais que usan os rapaces e rapazas de 4 anos na clase de inglés coa profe Olga:
           "Os contos de Peggy".
Josep visitounos dende Barcelona,
e fixo unha clase de inglés diferente só pra nós.Veu a nosa clase dun xeito desinteresado e facendo algo diferente.



Eiquí tedes a presentación de fotos desta clase  tan especial.
                      DISFRUTADE DO CALEIDOSCOPIO .



                          



                       
    GRAZAS ,PROFE JOSEP.

miércoles, 19 de enero de 2011

PROXECTO:AS MÁQUINAS QUE AXUDAN A FACER O COLE NOVO.

Estimadas familias:
Na nosa aula estamos a desenvolver un pequeno proxecto
sobre as máquinas de construcción e imos facer unha pequena exposición con xoguetes,contos,fotos...sobre gruas,escavadoras,aplanadoras...
Precisamos todo o material que as familias poidan aportar.
É moi importante que as cousas que veñan da casa teñan o nome do neno/a.
Non vos esquezades da caixa de zapatos baleira,de tamaño normal,pois vai ser unha peza fundamental do noso disfraz de entroido.Se algunha familia ten máis dunha pódela traer á aula,pois sempre hai familias moi atarefadas que se esquecen de traela.


Ah! Picolindo pide tetrabricks,baleiros e limpos, para facer un muro para o día da paz na escola.Por cada dóus tetrabricks Picolindo da un sobre de cromos de fútbol.
                         Grazas pola vosa colaboración.
                          
                   PERECHO ,PICOLINDO E MARICRUZ.

lunes, 17 de enero de 2011

OS ESTADOS DA AUGA.

    "A auga Máxica" é unha experiencia que fixeron os rapaces de 4 anos como resposta a unha pregunta que fixo Brian:
Que pasaría se ó noso boneco de neve dalle o sol e lle da calor? 


Os nenos/as fixeron a súa propia presentación de todo o que experimentaron e fixeron.A mín,Perecho,encantoume.O que máis me gustou foi a emoción e sorpresa que experimentaron os nenos/as con esta actividade.
       
As imaxes falan por si mesmas.
Se queredes mirar a presentación máis grande,podedes picar nela e despois presionar "pantalla completa".

Eiquí tedes un vídeo dos que miraron os nenos/as sobre este tema.






sábado, 15 de enero de 2011

Sabedes quen é este famoso gaiteiro?


SABEDES QUEN É O FAMOSO GAITEIRO QUE ESTÁ COA PROFE MARICRUZ?
PISTAS:
- É DE VIGO.
-GAÑOU UN GRAMMY.
-TEN MOITOS  DISCOS PUBLICADOS,SENDO Nº 1 DAS LISTAS EN MOITOS PAISES DO MUNDO.
-É UNHA DAS PERSOAS MÁIS IMPORTANTES DA NOSA CIDADE.
-FIXO OS SEUS ESTUDOS NO IES"ALEXANDRE BÓVEDA"COIA II(moi preto do cole Rocío),COMO FAREDES ALGÚNS DE VÓS .
-O SEU NOME É CARLOS.
-CHÁMALLE Á PROFE:" A MEIGA  DOS OLLOS AZUIS" .
-É UNHA DAS PERSOAS QUE MÁIS ADMIRA A PROFE POLA SÚA CAPACIDADE DE ESTUDO E TRABALLO ,PROFESIONALIDADE E PORQUE,A PESARES DA SÚA FAMA, SEGUE SENDO AMIGO DOS SEUS AMIGOS E VIGUÉS.
SE NON O ADEVIÑADES, PEDIDE AXUDA ÓS VOSOS PAIS,SEGURO QUE O COÑECEN.
ESCOITADE ALGO DE CARLOS...
Ó FINAL  DO VIDEO TEDES A OPCIÓN DE PODER MIRAR OUTROS TAMÉN MOI BONITOS.
O NOME ENTEIRO ,DO NOSO GAITEIRO UNIVERSAL ,APARECE NO VIDEO.
DISFRUTADE DA MAXIA DA FRAUTA,PUNTEIRO,OCARINA,GAITA...DE CARLOS.

viernes, 14 de enero de 2011

AS NOVAS DE " A VOZ DE GALICIA".A CRUA REALIDADE.

CASTIGADOS/AS... POLA ADMINISTRACIÓN .
PICADE NA FOTO E LEDE ATENTAMENTE.
NON SE PODE DESCRIBIR MILLOR A SITUACIÓN.
E POR SE QUEREDES LER O DIARIO DIXITAL,EIQUÍ TEDES O ENLACE...

PACIENCIA,PACIENCIA,MOITA PACIENCIA.

martes, 11 de enero de 2011

QUE TROUXERON OS REIS MAGOS ÓS NENOS/AS DE 4 ANOS E A PERECHO?

Os Reis Magos trouxeron moitas cousas ós nenos/as de 4 anos ,porque son moi traballadores e queren moito ás suas familias,pórtanse  moi ben,case sempre, na escola,comparten as cousas cos seus compañeiros...Se seguen así ,o ano que ven ,seguro lles traen moitas máis .
A mín quen me truxo os agasallos foi o Apalpador,como vivo en A Bouza...!Tróuxome...

unha  cestiña de amorodos,porque sabe que me gustan moito,un carriño de madeira, para levar as miñas cousas e unha lupa como a de Gus ,o  voso amigo explorador,
para mirar as cousas interesantes ,como fan os nenos/as da profe Maricruz.Bueno,eiquí déixovos unha mostra do que lle trouxeron a un rapaz desta clase.
Ata  pronto! .Vou comer uns pouquiños de amorodos,teño tanta fame!.Moitos bicos.
                                        PERECHO




                        Para rir ou para chorar,todo según se mire.
                            Que te trouxeron os Reis Magos?

QUE SORPRESA,O profe JORGE!

     
Hoxe veu visitarnos o profe Jorge.O profe Jorge é o profe de ximnasia do noso cole.Temos moita sorte porque temos dóus profes:Jorge e Fran , que estará connosco ata que o profe Jorge se poña millor,que seguro será pronto.Para nós foi unha gran sorpresa que viñera ata nosa clase e foi unha ledicia para todos darlle unha aperta moi forte porque...sabedes cal é unha das cousas que non sabe todo o mundo dos nenos/as de 4 anos?
Pois que nós queremos mogollón ,mogollón ó profe Jorge.
                Todos os nenos/as desta escola quérenlle moito.
                          VOLTA PRONTO,PROFE JORGE!