Generador de Texto Brillante

O OBXECTIVO DESTE BLOGUE.


ESTE BLOGUE NON PRETENDE SÓ SER UN ESCAPARATE DALGHUNAS ACTIVIDADES QUE SE FAN NA AULA, NIN UNHA REPORTAXE FOTOGRÁFICA DOS NENOS/AS QUE FORMAN PARTE DESTE BLOGUE,SENON UNHA FERRAMENTA DE TRABALLO DE AULA PARA MELLORAR O NIVEL DOS NOSOS RAPACES/RAPAZAS E OUTRA FERRAMENTA PARA QUE OS PAIS,DENDE AS SÚAS CASAS, POIDAN EDUCAR MILLOR ÓS SEUS FILLOS/AS EN COORDENACIÓN COA ESCOLA E AXUDARLLES A MERGULLARSE NESTE MUNDO APASIOANTE DAS NOVAS TECNOLOXÍAS,"O FUTURO".

UNHA APERTA AFECTUOSA DA PROFE MARICRUZ.

INFORMACIÓN ÁS FAMILIAS.

ESTE BLOGUE,POR DIVERSOS MOTIVOS,PASARÁ A SER UN REPOSITORIO DE RECURSOS PARA TRABALLAR NO AULA E NA CASA,DEIXANDO DE SER ESCAPARATE DAS ACTIVIDADES REALIZADAS NA AULA E NO CENTRO,E REPORTAXES FOTOGRÁFICAS.
SE ALGUNHA DAS FAMILIAS DOS NEN@S QUERE TER TODAS AS FOTOS DAS ACTIVIDADES E DOS SEU FILL@,POÑERASE EN CONTACTO COA PROFE MARICRUZ PARA PODELAS TER SEN SER PUBLICADAS EN INTERNET.
UNHA VEZ SOLVENTADOS OS IMPREVISTOS,VOLTARANSE A FACER PUBLICACIÓNS DE ENTRADAS NESTE BLOGUE.
GRAZAS POLA VOSA COLABORACIÓN.


XOGA E APRENDE NO NADAL,EN GALEGO,CASTELÁ E INGLÉS.

Se non sabes o significado dalgunha palabra galega...busca no Dicionario da Real Academia Galega

domingo, 17 de julio de 2011

OS VOSOS DEBUXOS DE VACACIÓNS.

COMO AS FAMILIAS SABEDES,PODEDES MANDAR OS VOSOS TRABALLIÑOS DE VACACIÓNS Ó CORREO ELECTRÓNICO DA PROFE MARICRUZ  E ESTARÁN NO BLOGUE PARA QUE TODOS/AS PODADES ADMIRALOS.
PÓDENSE MANDAR DEBUXOS,RECEITAS DE COCIÑA,MANUALIDADES,FOTOS DAS VOSAS VACACIÓNS,INDICANDO O LUGAR,...E  TODO O QUE VOS QUEIRADES.
LEMBRADE QUE O E-CORREO DA PROFE É
macusanbla@gmail.com
TRISTÁN XA MANDOU ,PARA COMPARTILO CON VÓS,O CABALIÑO NO QUE MONTOU EN "ALAZÁN".
É QUE É UN ARTISTA.
GRAZAS ,TRISTÁN.

martes, 12 de julio de 2011

De cantos animais mariños te lembras?

SEGURO QUE TE LEMBRAS DE BASTANTES PORQUE APRENDICHES MOITOS COA PROFE MARICRUZ.
APROVEITA PARA CANTAR E BAILAR UN POUQUIÑO,COA SEREIÑA ARIEL,A CANCIÓN "BAIXO O MAR".

martes, 5 de julio de 2011

XOGO "O VERÁN"-"EL VERANO". NIVEL MEDIO.

PREME NO ENLACE DE ABAIXO.
http://www.gobiernodecanarias.org/medusa/agrega/visualizar/es/es-ic_2009110413_9095947/false

Á RICA HORCHATA DE CHUFAS!


A horchata encántame dende que era pequeniña e ía de vacacións a Cartaxena , pero teño que confesar que cando mirei esta receita de horchata con botóns quedei abraiada. Coido que aos nenos pasaralles igual cando lles poñades ,na merenda ou cando teñan moita sede,un vaso ben fresquiño de horchata con estas simpáticas galletas inseridas nun cordeliño.

Aínda que esta bebida non é popular en Galiza,agora pódense mercar as chufas en tódalas superficies comerciais,non como cando eu era pequena ,que tiña que esperar a ir o Levante español para gozar desta bebida espectacular,sá e fabulosa polas súas propiedades.

Coido que unha das receitas de verán máis típicas e refrescantes é a horchata de chufas.A horchata é unha bebida preparada con auga, zucre e chufas. As chufas son uns pequenos tubérculos subterráneos con forma de nóz pequeniña e seca.
 A horchata é rica en minerais e vitaminas, entre os que destacan o fósforo, o potasio e as vitaminas C e E. Tamén achega numerosas encimas que facilitan a dixestión. Non contén lactosa nin cafeína, nin gluten, aínda que algunhas marcas comerciais engádenlle proteína de leite, pero hoxe ímosvos a explicar como preparar horchata natural, polo que os nenos alérxicos ou  con non toleranza ao leite poden tomala sen problemas.

Pensades que é complicado? Nada máis lonxe da realidade.
Ao choio!

Horchata
Ingredientes horchata:

250g de chufas
150g de zucre
Litro e medio de auga fría.
A miña avóa poñía unha cáscara de limón dentro a macerar,antes de introducila no frigo.
Galletas botón
Ingredientes botóns:


400g de fariña
150g de zucre
150g de manteiga
1 ovo
esenza de vainilla
Preparación horchata:

Pór a remollo as chufas a noite anterior. Triturar coa Thermomix de xeito progresivo, velocidade 5-7-9.

Engadir a auga ,aos poucos, mentres se segue batendo para sacar así todo o mollo das chufas.

Pasar todo o líquido obtido por un colador de tea e a continuación pola de novo no vaso do thermomix e engadir o zucre . Programar 1 minuto, velocidade 5-10.

Gardar no frigorífico,se queredes, coa cáscara de limón.

Preparación botóns:

Facer un círculo coa fariña e ir engadindo dentro os demáis ingredientes.
Traballar ata conseguir unha masa fácil de manipular e non pegaxosa.

Estirar a masa resultante ata que teña medio cm de grosor.
 Cortar cun cortapastas redondo e facer a forma de botón.

Hornear en forno prequentado a 160º durante 7 minutos ou ata que estean lixeiramente douradas


Servir a horchata acompañada duns botón,e a GOZAR,que estamos no verán!.
A Perecho vaille gostar moitísimo.

viernes, 1 de julio de 2011

É IMPORTANTE QUE AS FAMILIAS SAIBAN QUE...

Benqueridas familias:

Con motivo da nova orde que a Consellería de Educación pretende sacar adiante, o claustro de mestr@s do CEIP Virxe do Rocío quere poñer no voso coñecemento o porque do seu total rexeitamento  á devandita orde.

Segundo a Consellería  “o cambio de xornada lectiva, que se vai aplicar o vindeiro curso e coa que pretendemos levar a cabo as actuacións que apoien e reforcen a calidade a través da atención á diversidade, labores de apoio, desdobramentos, substitucións breves ou apoio a outros mestres, entre outros,  redundarán en beneficio do alumnado”

Isto non é certo. Explicamos por que:

*    O cambio na xornada lectiva dos docentes, que non aumento, vai supoñer un descenso no número de mestr@s que desenvolven o seu labor no centro.

  *O descenso no número de docentes vai supoñer, á súa vez, a imposibilidade de realizar as actividades que se viñan desenvolvendo en cursos anteriores (biblioteca, TIC, festivais, saídas…), por non haber persoal abondo.

  *A actividade da biblioteca do centro, verase grandemente reducida ou mesmo anulada.

* As horas de docencia na aula TIC(informática) terán que ser suprimidas.

*   Os alumnos, en xeral,  van ver diminuída a calidade docente, nomeadamente os alumnos con dificultades específicas (alumnos con NEAE) xa que non van poder contar cos apoios precisos.

*   A escaseza de persoal vai supoñer un “baile” de docentes nas distintas aulas.

*   A obriga de desenvolver labores que non son propias do profesorado, a máis de supoñer a perda de postos de traballo, vai redundar na deficiencia da atención docente dos alumnos.

Todas estas cuestións atinxen tanto aos docentes como ás familias, xa que estas van constatar un empeoramento na calidade do ensino, cuestión esta que supoñemos non será do seu agrado, como tampouco é do noso.

Como podedes ver, todo isto non vai supoñer unha mellora na calidade do ensino, como dende a Consellería nos queren facer crer, senón un claro deterioro da mesma.

O Claustro de mestres do CEIP Virxe do Rocío

martes, 28 de junio de 2011

LECTOESCRITURA DE NIVEL MEDIO.

ONTE PERECHO VOS PRESENTABA UN XOGO DE GRAO AVANZADO DE LECTOESCRITURA.
HOXE RECOMÉNDAVOS ESTE DE GRAO MEDIO.
CADA ÚN DE VÓS TEN QUE IR MIRANDO CAL É O MÁIS AXEITADO Ó NIVEL DO SEU FILLO/A E IR AUMENTANDO A DIFICULTADE ,A XOGOS E ACTIVIDADES MÁIS COMPLEXAS ,DAS QUE VOS RECOMENDAMOS.

PREME NO ENLACE DE ABAIXO.

AÍNDA QUE FAGADES MOITAS ACTIVIDADES NO BLOGUE,NON VOS ESQUEZADES QUE AS VACACIÓNS SON PARA XOGAR,DESCANSAR E PASALO MOI BEN COA VOSA FAMILIA ,XA QUE DURANTE O CURSO ESTADES POUCO TEMPO CON ELA.
BIQUIÑOS,PERECHO.

lunes, 27 de junio de 2011

PREESCRITURA PARA NIVEIS AVANZADOS.

SE QUEREDES QUE OS VOSOS FILLOS/AS ESCOMENCEN A PRACTICAR COAS LETRAS MINÚSCULAS E O SEU COMPLICADO TRAZADO,PODEDES FACELO CON ESTA ACTIVIDADE,PERO SEMPRE CUN ADULTO SUPERVISANDO.ESTA ACTIVIDADE ASEMÉLLASE Á METODOLOXÍA DE ESCRITURA DA PROFE MARICRUZ EN CANTO ÓS ENLACES ENTRE AS LETRAS E OS XIROS.
É unha actividade difícil e poucos poderán facelo nun principio,por iso puxen nivel avanzado.Non vos preocupedes se non son capaces de facelo,pois esto é parte do curriculum do curso que ven e de 1º de primaria.
PREME NO ENLACE DE ABAIXO.