Aproveitando que levamos un tempo a falar da praia de San Miguel de Bouzas ,dos moluscos da Ría e aprendendo a tocar
as cunchas de vieira coa profe Maricruz coa cantiga da historia de Carmiña e Michel..."Ven bailar Carmiña",fixemos unha pequena composición de polbos violetas.O violeta foi a cor estrela deste mes e as súas variedades de lila e morado.
Con materiais de reciclaxe:tubos de papel
hixiénico,bolas deste papel ,e outros naturais recollidos pola profe e algúns nenos/as na ensenada de Bouzas,fixemos este recunchiño da Ría.
hixiénico,bolas deste papel ,e outros naturais recollidos pola profe e algúns nenos/as na ensenada de Bouzas,fixemos este recunchiño da Ría.
Están supergraciosos.
Eu fixen un para mín cando ninguén me miraba.
Me encantan os polbos,como viven e o bonitiños que son,pero sobretodo á galega,á brasa e na empanada de millo,ji,ji,ji...
Comede moito polbo,pois regula a glucosa no sangue,ten moitas proteinas,non engorda e baixa a presión arterial,sen sal nin pimentón picante,evidentemente.
BICOS,PERECHO.
Eiquí déixovos a receita do polbo á galega.
Bo proveito!
Bo proveito!
No hay comentarios:
Publicar un comentario
MOITÍSIMAS GRAZAS POLOS VOSOS COMENTARIOS E POR SER SEGUIDORES DO NOSO BLOGUE.UNHA APERTA AFECTUOSA DE PERECHO E OS NENOS/AS DA PROFE MARICRUZ.