Grazas ao equipo directivo que dende o 20 de agosto ,durante as vacacións,sen remuneración económica e só cun obxectivo,os rapaces,e co traballo duro do resto do profesorado,facendo tarefas como se fósemos dunha empresa de mudanzas...,conseguimos que o noso cole novo abrise as súas portas o 12 de setembro.
Grazas a tódolos profes por facer posible esta miragre en tan pouco tempo e sen axuda da administración educativa,grazas ao equipo directivo porque ,a pesares das trabas da dministración,conseguístedes que nós fósemos felices e tivésemos todo preparado ao comezo do curso e grazas ao conserxe,Kike,por traballar tanto para ter todo preparado o día sinalado.
A ESCOLA PÚBLICA É MARAVILLOSA GRAZAS AO TRABALLO INCONDICIONAL DOS PROFESORES E PROFESORAS,COIDADORES,CONSERXES...
Se queredes mirar a transformación da nosa escola...
Xa estamos os nenos/as novos,da profe Maricruz,supercontentos de estar no Cole Rocío,na escola nova e cos novos compañeiros/as.Mirade que ben o pasamos,nesta primeira semana,na clase da profe Maricruz,xa somos maiores e imos o cole do Rocío para aprender mogollón.
Mirade,mirade...!
ESTAMOS SUPERCONTENTOS DE ESTAR NESTE COLE E CON ESTES PROFES!
A PROFE MARICRUZ E PERECHO DAN A BENVIDA AOS RAPACES E RAPAZAS NOV@S CO DESEXO DE QUE SEXAN MOI FELICES E APRENDAN A SER UNHAS PERSOAS MARAVILLOSAS DESENVOLVENDO TÓDALAS SÚAS CAPACIDADES.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
MOITÍSIMAS GRAZAS POLOS VOSOS COMENTARIOS E POR SER SEGUIDORES DO NOSO BLOGUE.UNHA APERTA AFECTUOSA DE PERECHO E OS NENOS/AS DA PROFE MARICRUZ.