OS PRIMEIROS
HABITANTES DE BOUZAS.
CAPÍTULO I:”ANTES DUN
ASENTAMENTO DEFINITIVO”.
O noso tema central
deste curso é “Bouzas”.
A nosa aula está a
traballar cómo eran os seus primeiros habitantes,cómo vestían,cómo vivían ,cómo
se alimentaban…Estes habitantes viñeron dende o río Douro,buscando terrras
fértiles e que lles deran abondante alimento e refuxio.
Antes,as illas Cíes estaban unidas a Monte Ferro e a Ría de
Vigo era unha gran ensenada que tiña unha única saída ao brasvío Océano Atlántico,Cabo Home,por iso a nosa Ría
era mansa e era como unha gran lagoa.Os nosos primeiros habitantes eran os Oestrymnios ,que
habitaban na costa occidental galáico-portuguesa dende o período eneolítico.
Eran grupos ou clans baseados nun
matriarcado.Os clans con lazos de parentesco agrupábanse en tribus,que se
defendían mutuamente dos ataques dos clans veciños.
Oestrymnios significa ,en grego,comedores
de ostras e moluscos ,o sexa,mariscadores.
Foron os inventores do sistema de secado da
zapata,tabeirón gato para algúns. a zapata
era a pintarroxa, melgacho ou melga para outros. Consultando a Guía dos peixes de Galicia
e dentro da familia dos Scyliorhinidae
atopamos o melgacho,
a roxa e a zapata. Posiblemente os
mariñeiros engloben aos tres dentro dunha única denominación. Do que non queda
dúbida é de que a zapata
é un pequeno tabeirón.e que o seu secado tanto na praia como dentro dos
barcos,abertos sen testa nen vísceras e colocados nunca cruceta de madeira, é anterior
ao sistema de salazón romano,coa finalidade de conservar o peixe para o seu
consumo nos días que non se podería nin pescar nin marisquear.
|
ZAPATA COMO A QUE LEVA ,NUNHA CRUCETA, IKER NA MAN. |
Os primeiros boucenses eran seminómadas.Os
seus poboados eran estacionais.No verán construían palafitos sobre a beira da praia do que os boucenses consideran
a”Corredoira darriba”,zona de asteleiros e parte posterior da conservería
Alfageme hoxe,para refuxiarse das bestas que habitaban nas fragas achegadas e
colocar a secar as zapatas pescadas nas crucetas que fabricaban con paus.A
zapata,segue a ser o plato típico de Bouzas e séguese a realizar o seu sistema
de secado,exactamente igual que os primeiros boucenses.Naquela área achegábanse
varios manantiais e fontes que aínda hoxe se conservan. Pódese,aínda atopar a
zapata na feira dos domingos pola mañá e nalgunhas tendas de comestibles.
|
PALAFITO |
CORREDOIRA DARRIBA a primeiros do século XX.
No inverno abandoaban a praia para instalarse
no humidal ou bouza sita no barrio de”O Rocío”,con vivendas semiesféricas
feitas con longas xestas que pola súa flexibilidade eran ideais para tal
finalidade e cubertas con peles de animais.Alí cazaban e se protexían dos
temporais atlánticos.
PREPARÁNDOSE CARA AO INVERNO.
CAZA POLAS FRAGAS ACHEGADAS.
Atopáronse bifaces ou cantos rodados puídos
coa técnica do percutido,por ambas caras,para raspar e cortar as peles e a
carne dos animais que cazaban.Un deses bifaces foi atopado por un antigo alumno
da nosa escola e atópase no museo “Quiñones de León” de Vigo,ademáis de moitas
puntas de frechas.
BIFAZ,RASPADOR E CORTADOR.
Traballo de investigación realizado por MARIA
DE LA CRUZ SÁNCHEZ
BLÁZQUEZ para dar a coñecer aos nenos/as do CEIP”Virxe do Rocío”de Vigo(Bouzas)
unha parte descoñecida da historia de Bouzas.
Webteca:
Agradecementos
aos veciños anónimos de Bouzas e amigos boucenses que me proporcionaron
información de incalculable valor.
A PROFE MARICRUZ TENTOU RECUPERAR UN POUCO DE
HISTORIA PARA OS NENOS BOUCENSES E DISEÑOU UNHA COMPARSA DE ENTROIDO “PRIMEIROS
BOUCENSES”.
OS DESEÑOS DOS TRAXES E A SÚA ELABORACIÓN SON
UNHA IDEA ORIXINAL DA PROFE MARICRUZ BASEOUSE PARA O DESEÑO DO DISFRÁZ, EN TÓDALA INFORMACIÓN RECOPILADA.
OS MATERIAIS SON NATURAIS NA SUA MEIRANDE PARTE,RECICLADOS E RECICLABLES.
OS DISFRACES FORON REALIZADOS EN OBRADOIROS
COAS FAMILIAS DOS NENOS,OS MARTES DE CADA SEMANA,DENDE NOVEMBRO Á
XANEIRO.GRAZAS ÁS FAMILIAS QUE CO SEU ESFORZO E ADICACIÓN FIXERON POSIBLE QUE
ESTA RECUPERACIÓN DA NOSA IDENTIDADE FOSE POSIBLE.
COMO SE FIXO O DISFRAZ E A PANCARTA DA NOSA COMPARSA?
E AGORA UNHA ESCOLMA DE FOTOS DO PASARRÚAS,MERENDA NA ALAMEDA DE BOUZAS,XUIZO DO MECO,CASTIGO DO MECO E XANTAR DE LARPEIRADAS DE ENTROIDO DOADAS POLAS FAMILIAS.
ESPERAMOS QUE SAIBADES UN POUQUIÑO MÁIS SOBRE OS PRIMEIROS HABITANTES DAS NOSAS COSTAS,ADEMÁIS DE PASALO ESTUPENDAMENTE BEN.
PRONTO SEGUIREMOS A CONTAR MÁIS SOBRE OS PRIMEIROS HABITANTES DE BOUZAS.ESTADE ATENTOS ÁS NOSAS PUBLICACIÓNS.
FELÍZ ENTROIDO A TOD@S OS NOSOS SEGUIDORES!
Encántame o traballo que fiseches.É xenial.Noraboa Cruz.Pepi.
ResponderEliminar