Generador de Texto Brillante

O OBXECTIVO DESTE BLOGUE.


ESTE BLOGUE NON PRETENDE SÓ SER UN ESCAPARATE DALGHUNAS ACTIVIDADES QUE SE FAN NA AULA, NIN UNHA REPORTAXE FOTOGRÁFICA DOS NENOS/AS QUE FORMAN PARTE DESTE BLOGUE,SENON UNHA FERRAMENTA DE TRABALLO DE AULA PARA MELLORAR O NIVEL DOS NOSOS RAPACES/RAPAZAS E OUTRA FERRAMENTA PARA QUE OS PAIS,DENDE AS SÚAS CASAS, POIDAN EDUCAR MILLOR ÓS SEUS FILLOS/AS EN COORDENACIÓN COA ESCOLA E AXUDARLLES A MERGULLARSE NESTE MUNDO APASIOANTE DAS NOVAS TECNOLOXÍAS,"O FUTURO".

UNHA APERTA AFECTUOSA DA PROFE MARICRUZ.

INFORMACIÓN ÁS FAMILIAS.

ESTE BLOGUE,POR DIVERSOS MOTIVOS,PASARÁ A SER UN REPOSITORIO DE RECURSOS PARA TRABALLAR NO AULA E NA CASA,DEIXANDO DE SER ESCAPARATE DAS ACTIVIDADES REALIZADAS NA AULA E NO CENTRO,E REPORTAXES FOTOGRÁFICAS.
SE ALGUNHA DAS FAMILIAS DOS NEN@S QUERE TER TODAS AS FOTOS DAS ACTIVIDADES E DOS SEU FILL@,POÑERASE EN CONTACTO COA PROFE MARICRUZ PARA PODELAS TER SEN SER PUBLICADAS EN INTERNET.
UNHA VEZ SOLVENTADOS OS IMPREVISTOS,VOLTARANSE A FACER PUBLICACIÓNS DE ENTRADAS NESTE BLOGUE.
GRAZAS POLA VOSA COLABORACIÓN.


XOGA E APRENDE NO NADAL,EN GALEGO,CASTELÁ E INGLÉS.

Se non sabes o significado dalgunha palabra galega...busca no Dicionario da Real Academia Galega

martes, 24 de diciembre de 2013

UN NADAL MARAVILLOSO NA NOSA ESCOLA.

SERÍA MOI DIFÍCIL MOSTRAR A CANTIDADE DE ACTIVIDADES QUE FACEMOS NA NOSA ESCOLA NESTES TEMPOS DE NADAL.IMOS FACER SÓ UNHA PEQUENA MOSTRA DAS MÁIS SIGNIFICATIVAS.XA VOS CONTAMOS ALGUNHAS NAS ENTRADAS ANTERIORES.
FIXEMOS PEQUENOS TRABALLOS COMO APRENDER A DEBUXAR ABETOS,DECORAR A NOSA AULA,FACER ADORNOS NAS NOSAS CASAS,A CARTA PARA OS REIS,AS PORTADAS E CONTRAPORTADAS DOS NOSOS TRABALLOS DO TRIMESTRE,A DECORACIÓN DO SOBRE DOS INFORMES,A TARXETA DE NADAL,O CALENDARIO DO 2014...UFFFFFF,MOGOLLÓN DE COUSAS!
QUE TAL,GUSTOUVOS O CALENDARIO?
A QUE A NOSA PÁXINA É XENIAL!
ADICADA AO PORCO CELTA DENTRO DO PROXECTO DE CENTRO"GALIZA 365".

E AGORA ESCOLMA DE PEQUENOS TRABALLIÑOS DE AULA.
BELÉN DE RELIXIÓN,SOBRE INFORMES,PORTADA TRABALLOS,POSTAL DE AULA PARA AS FAMILIAS,CONTRAPORTADA E ADORNOS CASEIROS.



A NOSA NORABOA A GABRIEL,POIS A NOSA AULA FOI A GAÑADORA NO CONCURSO DE POSTAIS  DE CENTRO.E ASÍ QUEDOU A POSTAL COLLAGE COAS GAÑADORAS DE TÓDOLOS CICLOS.BONITA,VERDADE?ESPERAMOS QUE A TERADES NAS VOSAS CASAS NUN SITIO ESPECIAL.




PREPARAMOS UN AGASALLO MOI ESPECIAL PARA OS REIS MAGOS ,ASÍ O PAXE PODERÍA LEVARLLO DA NOSA PARTE.
AO PAXE ENCANTOULLE!
FIXÉMOLO CON MOITO CARIÑO.
MIRADE QUE LIBRIÑO MÁIS CHULI! 
UN LIBRIÑO FEITO POR NÓS,PARA OS REIS MAGOS,O APALPADOR E SANTA CLAUS.
 



FIXEMOS UNHA PRECIOSAS CARTAS PARA OS REIS E A VISITA DO PAXE DO REI GASPAR FÍXONOS MOITA ILUSIÓN.OUTRO ANO ESTAMOS CON ÉL,NOS CONTA COUSAS DOS REIS,LLE DECIMOS O QUE LLE TEMOS PEDIDO E NOS DA CHUCHES.
FOI EMOCIONANTE!

VISITA PAXE REI GASPAR 2013  

SE QUERES MIRAR AS FOTOS DAS ACTUACIÓNS,E DAS BADALADAS DE FIN DE ANO E ASÍ PODER DESCARGAR FOTOS DOS NEN@S DA TÚA FAMILIA,PREME NA FOTO DARRIBA.A PROFE FAI SEMPRE FOTOS DOS SEUS ALUMNOS PERO TAMÉN DOS SEUS EXALUMN@S POIS ALGUNHAS PROFES NON TEÑEN UN BLOGUE COMO O NOSO E SEGUEN SENDO SEGUIDORES DO NOSO.

 QUE PASEDES UNHAS BOAS FESTAS E QUE O 2.014 VEÑA CHEO DE COUSAS MARAVILLOSAS PARA TODO@S.

domingo, 15 de diciembre de 2013

UN VIDRO MOI DE NADAL.


DESPOIS DE DECORAR A NOSA AULA CON ELEMENTOS QUE XA TÍÑAMOS DOUTROS ANOS E OUTROS QUE FORON APORTADOS POLAS FAMILIAS,DECIDIMOS QUE OS VIDROS DA NOSA AULA ESTABAN UN POUCO BALEIROS.PRIMEIRO FIXEMOS UN FERMOSO ABETO NOS VIDROS,A PROFE ENSINOUNOS A FACELO E COLABORAMOS A COLOREALO,E DESPOIS FIXEMOS A MESMA TÉCNICA EN FOLIOS DE CORES.
1.FAISE A SILUETA DO ABETO E O TIESTO.
2.FANSE AS SILUETAS DA ESTRELA E DOS ADORNOS QUE IMOS ENCHER.
3.REPASAMOS CON ROTULADOR VERDE ESCURO.
4.ENCHEMOS DE CORES A NOSA ÁRBORE.
5.UTILIZAMOS A MESMA TÉCNICA QUE NOS VIDROS PERO EMPREGANDO ROTULADORES, CERAS, LÁPIS DE CORES,TÉMPERA,DIVERMAGIC E FURADORES DECORATIVOS.
QUEREDES MIRAR O PROCESO E OS RESULTADOS?
RESULTADO NOS  NOSOS VIDROS.
RESULTADO NO PAPEL.

PROCESO

E AGORA  QUEREMOS QUE MIREDES O BONITA QUE ESTÁ A NOSA AULA ADORNADA.

COMA SEMPRE ,QUEREMOS AGRADECER, ÁS FAMILIAS,ALGÚNS DOS ADORNOS DO NOSO ABETO.

domingo, 8 de diciembre de 2013

CANDIDAT@S AO CONCURSO DE POSTAIS DE NADAL DA NOSA ESCOLA.

CADA UN DE NÓS ELABOROU UN DEBUXO DE NADAL PARA PARTICIPAR NO CONCURSO DE POSTAIS QUE SE FAI NA NOSA ESCOLA TÓDOLOS ANOS.
XA SABEDES QUE SE FAI UNHA PRIMEIRA SELECCIÓN NAS AULAS,VOTANDO,OS PROPIOS NEN@S,AS QUE MÁIS LLE GUSTAN ENTRE TÓDALAS DOS SEUS COMPAÑEIR@S. DESPOIS A PROFE LEVA AS SELECCIONADAS Á COMISIÓN DO PREMIO.
AS POSTAIS EXPÓÑENSE A TÓDALA ESCOLA E OS PROPIOS RAPACES SON OS QUE ELIXEN AS QUE MÁIS LLE GUSTAN. ELÍXESE UNHA DE CADA CICLO EDUCATIVO, PARA DESPOIS ELABORAR UNHA SÓA POSTAL COAS CATRO GAÑADORAS. 
ESTA POSTAL ENVÍASE ÁS FAMILIAS CUNHA MENSAXE DE NADAL.
 ESTAS FORON AS SELECCIONADAS POLOS VOSOS FILL@S E AS QUE A PROFE LEVOU ATA A COMISIÓN. 
ESTÁN FEITAS UTILIZANDO DIFERENTES TÉCNICAS SOBRE UNHA BASE DO DEBUXO DO PROPIO NEN@. 
CAL VOS GUSTA MÁIS?
ESPERAMOS OS VOSOS COMENTARIOS.
NA AULA DE INFORMÁTICA,COA PROFE MARICRUZ,APRENDIMOS A COLOCAR UN MARCO DIXITAL Á NOSA FOTO DE GRUPO.
DESPOIS ,A PROFE, IMPRIMIUNAS E ELABORAMOS ESTA BONITA POSTAL PARA LEVAR ÁS NOSAS CASAS,ESCRITA POR NÓS POLO REVERSO.
PEGÁMOLA  A UN ANACO DE CARTULIÑA VERMELLA,DECORADA CON DIVERMAGIC ,E A PROFE PÚXOLLE UN LAZO ESPECTACULAR.
A QUE É CHULA!
POIS ,EN BREVE,ESTARÁ NAS VOSAS CASAS E PODEREDES PENDURALA DA VOSA ÁRBORE DE NADAL.


lunes, 2 de diciembre de 2013

REMATADOS OS DEBUXOS DE PETRA E GROVA.

MIRADE QUE DEBUXOS MÁIS BONITOS FIXEMOS DAS NOSAS AMIGUIÑAS PELUDAS,AS FURONAS PETRA E GROVA,QUE NOS VISITARON O XOVES.
PODEDES MIRAR A VISITA NA ENTRADA ANTERIOR.
SON UNS ARTISTAS!

domingo, 1 de diciembre de 2013

AS NOSAS AMIGAS PETRA E GROVA,VIÑERON A VISITARNOS.

QUE ILUSIÓN CANDO VIÑERON A VISITARNOS DÚAS AMIGAS,UN PUOCO PELUDAS PERO MOI AGARIMOSAS!
SON DÚAS FURONAS,PETRA É DE ANGORA E GROVA É ALBINA.
POIDEMOS ACARIÑARLAS E XOGAR CON ELAS,INCLUSO NO PATIO DESPOIS DE COMER NO COMEDOR ESCOLAR.
MOI A MODIÑO E FALANDO MOI BAIXIÑO FOMOS A XUNTO DELAS.
TEMOS MOITA SORTE Á PROFE MARICRUZ ENCÁNTALLE OS ANIMAIS E FAI MOI BOAS MIGAS CON ELES.
DESPOIS DA SORPRESA DO XOVES,O VENRES ESTUDAMOS COUSAS SOBRE OS FURÓNS E AÍNDA NOS FALLA REMATAR OS NOSOS DEBUXOS ,QUE MÁIS ADIANTE PUBLICAREMOS NESTE BLOGUE.NAMENTRES POIDEDES MIRAR AS FOTOS QUE FIXO A PROFE E APRENDER SOBRE ESTES ANIMAIS.PARA ISO TEDES QUE PREMER NA FOTO QUE ESTÁ DE SEGUIDO E MIRAR A REPORTAXE .



MIRADE QUE BEN O PASAMOS!

Dóus furóns connosco. on PhotoPeach
GRAZAS,PETRA E GROVA POR FACERNOS PASAR UN INTRE TAN ESPECIAL.
VOLTADE CANDO QUEIRADES.