Moito tempo
antes do nascemento de Xesús en Belén,
había en Italia un rei chamado Numitor.
O
irmán deste rei rebelouse nacontra dél e destronoulle.
Logo colleu aos seus
dous fillos,recentemente nados,
depositounos nun cestiño e deixounos no río
Tiber.
A corrente levou o cestiño á fraga, onde quedou pendurado dunhas polas.
Acertou a pasar por alí preto unha loba, e ao escoitar o pranto
dos nenos,
achegouse.
- ¡Pobriños,que crueis son os homes!
E chea de compaixón, colleu aos pequenos entre os dentes e levounos ,
moi
suaviño e con moito agarimo, á súa cova.
Os dous nenos, coidados pola loba, íanse facendo fortes e sempre
estaban a
pelexar entre eles, ata que un día, atopounos un pastor.
Levounos á súa
cabana e entregoullos á súa muller, para que os coidase.
Cando a muller viu aos nenos, dixo ao seu marido:
- ¡Pero si estes nenos son os fillos do noso antigo señor, o rei Numitor!
E, como fora un rei moi querido, a muller coidou aos nenos con amor.
Cando foron maiores, contoulles o pastor a historias dos seus pais e a
maldade do rei. Eles, entón, reuniron un exército e declaráronlle a guerra.
Vencéronlle deseguido e desde entón, Rómulo e Remo foron os reis desa rexión,
chamada Lascio.
Pero entón quixeron facer entre os dous unha cidade onde foran atopados pola
loba á que chamaron Roma (significa río). Rómulo elixiu un dos sete
outeiros,que dominaban o lugar,e cun arado trazou un suco circular (sagrado
segundo os ritos), o pomerium, a cuxa beira, máis tarde, construiríase a
primeira muralla, pero daquela esa cidade fíxose máis grande e ocupou outros
seis outeiros próximos. Por iso chamáronlle a Roma a “cidade dos sete
outeiros”.
|
SE QUEREDES VER OUTRA VERSIÓN MÁIS PARECIDA Á QUE EU LLES CONTEI AOS VOSOS FILL@S,PREMEDE NO TRABALLO DE NEREA.
E AGORA,AS SIMPÁTICAS LOBAS .
A QUE ESTÁN XENIAIS!
A PROFE TETÉ REGALOULLE UNHA BONECA SÚA ,DE CANDO ELA ERA PEQUENA ,Á PROFE MARICRUZ.
NÓS,TUNEÁMOLA DUNHA MANEIRA...REMENDÁMOLA,CORTÁMOSLLE O PELO E A PERREIRA,COLOCÁMOSLLE UNS OLLOS DESES QUE SE MOVEN,PINTÁMOSLLE OS BEIZOS,AS PESTANAS,AS CELLAS,O NARÍS E OS PAPOS.
A PROFE FÍXOLLE UNHA TÚNICA,UNHA TOGA CUNHA FÍGULA ,UNS BRAZALETES E UNHAS CALCEI,COMO SI FORA UN NEN@ PATRICI@ DE ROMA.
COMO A PROFE TETÉ DÍXONOS QUE SE CHAMABA MIGUELA,NÓS PUXÉMOSLLE...
MIGUELA BURBIDA.
BURBIDA ERA O NOME DA CIDADE DE VIGO NA ÉPOCA DOS ROMANOS.
A QUE NON O SABÍADES?POIS NÓS ,SI.
|
O blogue dos alumn@s e exalumn@s da profe Maricruz,de ed. infantíl, do CEIP "Virxe do Rocío" de Bouzas-Vigo(Galiza).
O OBXECTIVO DESTE BLOGUE.
ESTE BLOGUE NON PRETENDE SÓ SER UN ESCAPARATE DALGHUNAS ACTIVIDADES QUE SE FAN NA AULA, NIN UNHA REPORTAXE FOTOGRÁFICA DOS NENOS/AS QUE FORMAN PARTE DESTE BLOGUE,SENON UNHA FERRAMENTA DE TRABALLO DE AULA PARA MELLORAR O NIVEL DOS NOSOS RAPACES/RAPAZAS E OUTRA FERRAMENTA PARA QUE OS PAIS,DENDE AS SÚAS CASAS, POIDAN EDUCAR MILLOR ÓS SEUS FILLOS/AS EN COORDENACIÓN COA ESCOLA E AXUDARLLES A MERGULLARSE NESTE MUNDO APASIOANTE DAS NOVAS TECNOLOXÍAS,"O FUTURO".
UNHA APERTA AFECTUOSA DA PROFE MARICRUZ.
INFORMACIÓN ÁS FAMILIAS.
ESTE BLOGUE,POR DIVERSOS MOTIVOS,PASARÁ A SER UN REPOSITORIO DE RECURSOS PARA TRABALLAR NO AULA E NA CASA,DEIXANDO DE SER ESCAPARATE DAS ACTIVIDADES REALIZADAS NA AULA E NO CENTRO,E REPORTAXES FOTOGRÁFICAS.
SE ALGUNHA DAS FAMILIAS DOS NEN@S QUERE TER TODAS AS FOTOS DAS ACTIVIDADES E DOS SEU FILL@,POÑERASE EN CONTACTO COA PROFE MARICRUZ PARA PODELAS TER SEN SER PUBLICADAS EN INTERNET.
UNHA VEZ SOLVENTADOS OS IMPREVISTOS,VOLTARANSE A FACER PUBLICACIÓNS DE ENTRADAS NESTE BLOGUE.
GRAZAS POLA VOSA COLABORACIÓN.
SE ALGUNHA DAS FAMILIAS DOS NEN@S QUERE TER TODAS AS FOTOS DAS ACTIVIDADES E DOS SEU FILL@,POÑERASE EN CONTACTO COA PROFE MARICRUZ PARA PODELAS TER SEN SER PUBLICADAS EN INTERNET.
UNHA VEZ SOLVENTADOS OS IMPREVISTOS,VOLTARANSE A FACER PUBLICACIÓNS DE ENTRADAS NESTE BLOGUE.
GRAZAS POLA VOSA COLABORACIÓN.
XOGA E APRENDE NO NADAL,EN GALEGO,CASTELÁ E INGLÉS.
Se non sabes o significado dalgunha palabra galega...busca no Dicionario da Real Academia Galega
lunes, 6 de octubre de 2014
PRINCIPIAMOS COS "ROMANOS".
COMO XA SABEDES O PROXECTO ESTRELA DO CENTRO ,DURANTE ESTE CURSO,É "AS SETE MARABILLAS DO MUNDO MODERNO".
SI,SI, MARABILLAS CO"B",EN GALEGO É ASÍ,NON É NINGUNHA FALLA ORTOGRÁFICA.
NÓS ELEXIMOS "O COLISEUM",POIS XA SABÍAMOS UN POUQUIÑO DOS ROMANOS DE CANDO TRABALLAMOS AOS PRIMEIROS HABITANTES DE BOUZAS.
ANTES DE ENTRAR DE CHEO NO TEMA DO COLISEUM,É IMPORTANTE QUE OS RAPACES SAIBAN COMO ERAN OS SEUS COSTUMES,A SÚA VIDA COTIÁ,AS SÚAS LENDAS,A VESTIMENTA,O ARTE,O OCIO...E QUE A BASE DA NOSA SOCIEDADE VEN DELES.
PARA ISO ESCOMEZAMOS MERGULLÁNDONOS UN POUCO NOS COÑECEMENTOS PREVIOS QUE TIÑAN DO TEMA.E COMO XA SABEDES QUE NÓS TRABALLÁMOLOS UN POUQUIÑO NOUTRAS OCASIÓNS ,ATOPÁMONOS CON QUE SABÍAN UNHA MOREA DE COUSAS QUE LLES ENSINIOU A PROFE E QUE NON FORON ESQUECIDAS.
MIRADE,IDES ALUCINAR!.E ISO QUE AINDA ESTAMOS NO COMEZO, E DESPOIS DE 20 DÍAS TRABALLANDO ROMA UN POUQUIÑO...IMAXINÁDEVOS CANDO REMATE O CURSO!
DEBUXAMOS A ROMANOS E ROMANAS. on Chapotea
A QUE É INCREIBLE!
TRABALLAMOS A LENDA DE "RÓMULO E REMO" E O NASCEMENTO DE ROMA.
VERSIÓN CURTA DA LENDA.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
Bos días. Son a nai de Cristian. Encántame isto dos romanos. Van sair todos uns expertos. Ogallá cos papis poidámos ir vela exposición, encantaríame. Bicos para todos
ResponderEliminarXa sei porque Silvia coñece tanto da historia de rómulo e remo, a súa nai e ela chámanse igual, canto van a aprender estes rapaces ! Isa.
ResponderEliminarA boneca quedou preciosa, encántame¡¡¡¡¡¡
ResponderEliminar