Generador de Texto Brillante

O OBXECTIVO DESTE BLOGUE.


ESTE BLOGUE NON PRETENDE SÓ SER UN ESCAPARATE DALGHUNAS ACTIVIDADES QUE SE FAN NA AULA, NIN UNHA REPORTAXE FOTOGRÁFICA DOS NENOS/AS QUE FORMAN PARTE DESTE BLOGUE,SENON UNHA FERRAMENTA DE TRABALLO DE AULA PARA MELLORAR O NIVEL DOS NOSOS RAPACES/RAPAZAS E OUTRA FERRAMENTA PARA QUE OS PAIS,DENDE AS SÚAS CASAS, POIDAN EDUCAR MILLOR ÓS SEUS FILLOS/AS EN COORDENACIÓN COA ESCOLA E AXUDARLLES A MERGULLARSE NESTE MUNDO APASIOANTE DAS NOVAS TECNOLOXÍAS,"O FUTURO".

UNHA APERTA AFECTUOSA DA PROFE MARICRUZ.

INFORMACIÓN ÁS FAMILIAS.

ESTE BLOGUE,POR DIVERSOS MOTIVOS,PASARÁ A SER UN REPOSITORIO DE RECURSOS PARA TRABALLAR NO AULA E NA CASA,DEIXANDO DE SER ESCAPARATE DAS ACTIVIDADES REALIZADAS NA AULA E NO CENTRO,E REPORTAXES FOTOGRÁFICAS.
SE ALGUNHA DAS FAMILIAS DOS NEN@S QUERE TER TODAS AS FOTOS DAS ACTIVIDADES E DOS SEU FILL@,POÑERASE EN CONTACTO COA PROFE MARICRUZ PARA PODELAS TER SEN SER PUBLICADAS EN INTERNET.
UNHA VEZ SOLVENTADOS OS IMPREVISTOS,VOLTARANSE A FACER PUBLICACIÓNS DE ENTRADAS NESTE BLOGUE.
GRAZAS POLA VOSA COLABORACIÓN.


XOGA E APRENDE NO NADAL,EN GALEGO,CASTELÁ E INGLÉS.

Se non sabes o significado dalgunha palabra galega...busca no Dicionario da Real Academia Galega

lunes, 2 de febrero de 2015

PAZ 2015:"APERTAS QUE VOAN"

DURANTE UNS 15 DÍAS ESTIVEMOS A TRABALLAR A PAZ DENDE MOITAS ACEPCIÓNS E SITUACIÓNS.A PAZ NON É UN CONCEPTO QUE SÓ SEXA TRABALLADO NESTES 15 DÍAS,SENON DURANTE TODO O CURSO.POR ISO UNHA DAS ACTIVADES QUE FIXEMOS FOI A CONFECCIÓN DA ÁRBORE DA PAZ,
ONDE REFLEXIONAREMOS E RESOLVEREMOS CONFLICTOS QUE XURDAN ENTRE OS RAPACES,AGORA E NUN FUTURO.TRÁTASE DUN ESPAZO ADICADO SÓ PARA ISO E QUE VAI QUEDAR PERPETUO NESE EMPLAZAMENTO.
MIRADE QUE CHULO QUEDOU.
COLOCACIÓN ANTES DO DÍA DA PAZ.

FOTOS NO DÍA DA PAZ,POR GRUPOS.
SEGURO QUE CONQUERIMOS MELLORES RESULTADOS PARA TER UNHA ESTUPENDA CONVIVENCIA.
TENDO COMO BASE A CANTIGA"APERTAS QUE VOAN",
TRABALLAMOS O CONTIDO DA CANCIÓN,APRENDÍMOLA CON ACOMPAÑAMENTO XESTUAL E MUSICAL,E TRASLADAMOS O CONTIDO Á NOSA VIDA REAL.



PARA PLASMAR UN POUCO O QUE SENTIMOS AO CANTAR A CANCIÓN,E DESPOIS DE FACER UNHA CHOIVA DE IDEAS,FIXEMOS UNHA LONGA RINGLEIRA  DE...
BONEQUIÑOS UNIDOS DAS MANS
COMO SINAL DO AFECTO QUE TEMOS ENTRE TODOS NÓS.

A QUE ESTÁN CHULÍSIMOS!. E COMO ESTÁN PLASTIFICADOS,PODEREMOS CONSERVALOS PARA SEMPRE,IGUAL QUE A NOSA AMIZADE.
PARA O DÍA DA PAZ FIXEMOS UNS CORAZÓNS GRANDES PARA AS NOSAS CAMISETAS BRANCAS PERO AO FINAL QUEDAMOS EN FACER UNS MÁIS PEQUENIÑOS.NON PASA NADA,QUÉDANOS PARA OUTRA ACTIVIDADE,
ADEMÁIS FIXEMOS UNS BRAZALETES PARA OS OBRADOIROS DO
MOSAICO-QUEBRACABEZAS XIGANTE
QUE IMOS FACER ENTRE TÓDALA ESCOLA.
A NOSA AULA É O GRUPO ROSA E FOI UN GRUPO MIXTO ,COMPOSTO POR RAPACES E RAPAZAS DE TÓDALAS AULAS.
AS FAMILIAS COLABORARON NO EVENTO FACENDO A PANCARTA,AXUDANDO COS GLOBOS,AXUDANDO AOS PROFES NOS GRUPOS E PARTICIPANDO CONNOSCO NOS ACTOS E OBRADOIROS. 
MOITAS GRAZAS,FAMILIAS!.

A PINTURA NA QUE NOS INSPIRAMOS PARA FACER ESTE TRABALLO É O SIGUINTE E REPRESENTA A INTERCULTURALIDADE E A UNIDADE ENTRE TÓDOLOS HOMES DO MUNDO.TEMA QUE TEN MOITO QUE VER CO NOSO PROXECTO DE CENTRO"VIAXAMOS POLAS MARABILLAS DO MUNDO".
ESTA É A PINTURA E ESTE FOI O RESULTADO DO NOSO TRABALLO.

BONITO,VERDADE?
CADA GRUPO TIÑA QUE ELABORAR A SÚA PEZA,NA AULA DA COR DO SEU BRAZALETE.
EN CADA AULA ESTABA A TITORA,UN PROFE ESPECIALISTA E UN PAI/NAI AXUDANTE,ADEMÁIS DO GRUPO MIXTO DA COR CORRESPODENTE DO BRAZALETE.

ESTA ACTIVIDADE DÍMONOS DE CONTA COMO FACÍAN OS ROMANOS OS SEUS MOSAICOS.
NA NOSA AULA FIXÉRONSE 6 GRUPOS,TANTOS COMO CORES DE PAPEL CHAROL  TÍÑAMOS QUE RACHAR.CADA MINI GRUPO TIÑA UN XEFE QUE FOI UN RAPAZ DE 5º OU 6º DE ED. PRIMARIA.CADA GRUPO DISPOÑÍA DUN PRATO ONDE COLOCABAN OS ANACOS DE PAPEL.POR QUENDAS ÍAN PEGANDO OS ANAQUIÑOS NAS ZONAS CORRESPONDENTES.Á VEZ TIVEMOS QUE ELEXIR UNHA FRASE PARA DECILA CADA NOS TOICARA COLOCAR A NOSA PEZA.
TODO ISTO TÍÑAMOS QUE FACELO EN 30 MINUTOS,PARA LOGO ACHEGARNOS ATA O XIMNASIO PARA XUNTARNOS CO RESTO DOS GRUPOS,DECIR A NOSA FRASE E COLOCAR A NOSA PEZA.
LOGO CANTAMOS,TODOS XUNTOS,"APERTAS QUE VOAN".
DESPOIS COLLIMOS UN GLOBO E FIXEMOS,POR QUENDAS,UNHA TIRADA DE GLOBOS,POR CORES,COA CONDICIÓN DE QUE NON CAERAN NUNCA AO CHAN.DESTE XEITO QUIXEMOS ENCHER O NOSO MUNDO DE CORES, CUN FONDO MUSICAL QUE NOS TRANSPORTARA Á FELICIDADE DE ESTAR TODOS XUNTOS.
FOI ESPECTACULAR.GRAVAMOS UN VÍDEO CON TRES CÁMARAS SIMULTÁNEAS.
AÍNDA NON ESTÁ REMATADA A MONTAXE.PUBLICASRÉMOLO EN BREVE.
SAÍU TAN BEN QUE NON TIVEMOS QUE REPETILO.
O MELLOR E QUE SENTÍMONOS SUPERBEN E ESTÁBAMOS TODOS UNIDOS.


NA NOSA AULA TRABALLAMOS ,ENTRE OUTROS,O CONTO DE
 "A NENA DE CHOCOLATE" .
E FIXEMOS UNS DEBUXOS...MARABILLOSOS.

A NENA DE CHOCOLATE. on PhotoPeach


E...COMO DÍ A NOSA FRASE DO GRUPO:
A PAZ É PODER GOZAR NUN MUNDO DE CORES.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

MOITÍSIMAS GRAZAS POLOS VOSOS COMENTARIOS E POR SER SEGUIDORES DO NOSO BLOGUE.UNHA APERTA AFECTUOSA DE PERECHO E OS NENOS/AS DA PROFE MARICRUZ.