Generador de Texto Brillante

O OBXECTIVO DESTE BLOGUE.


ESTE BLOGUE NON PRETENDE SÓ SER UN ESCAPARATE DALGHUNAS ACTIVIDADES QUE SE FAN NA AULA, NIN UNHA REPORTAXE FOTOGRÁFICA DOS NENOS/AS QUE FORMAN PARTE DESTE BLOGUE,SENON UNHA FERRAMENTA DE TRABALLO DE AULA PARA MELLORAR O NIVEL DOS NOSOS RAPACES/RAPAZAS E OUTRA FERRAMENTA PARA QUE OS PAIS,DENDE AS SÚAS CASAS, POIDAN EDUCAR MILLOR ÓS SEUS FILLOS/AS EN COORDENACIÓN COA ESCOLA E AXUDARLLES A MERGULLARSE NESTE MUNDO APASIOANTE DAS NOVAS TECNOLOXÍAS,"O FUTURO".

UNHA APERTA AFECTUOSA DA PROFE MARICRUZ.

INFORMACIÓN ÁS FAMILIAS.

ESTE BLOGUE,POR DIVERSOS MOTIVOS,PASARÁ A SER UN REPOSITORIO DE RECURSOS PARA TRABALLAR NO AULA E NA CASA,DEIXANDO DE SER ESCAPARATE DAS ACTIVIDADES REALIZADAS NA AULA E NO CENTRO,E REPORTAXES FOTOGRÁFICAS.
SE ALGUNHA DAS FAMILIAS DOS NEN@S QUERE TER TODAS AS FOTOS DAS ACTIVIDADES E DOS SEU FILL@,POÑERASE EN CONTACTO COA PROFE MARICRUZ PARA PODELAS TER SEN SER PUBLICADAS EN INTERNET.
UNHA VEZ SOLVENTADOS OS IMPREVISTOS,VOLTARANSE A FACER PUBLICACIÓNS DE ENTRADAS NESTE BLOGUE.
GRAZAS POLA VOSA COLABORACIÓN.


XOGA E APRENDE NO NADAL,EN GALEGO,CASTELÁ E INGLÉS.

Se non sabes o significado dalgunha palabra galega...busca no Dicionario da Real Academia Galega

jueves, 23 de abril de 2015

ABRIL,MES DO LIBRO 2015,NA NOSA ESCOLA.

PREGUNTÁDELLES AOS VOSOS FILL@S PORQUÉ SE CELEBRA O DÍA DO LIBRO.
VAN SORPRENDERVOS AS SÚAS EXPLICACIÓNS.
E TAMÉN PREGUNTÁDELLES CALES SON OS DÓUS LIBROS MÁIS LIDOS NO MUNDO E VOS QUEDAREDES MÁIS SORPRENDIDOS,AÍNDA.
DE TÓDALAS ACTIVIDADES E EVENTOS PROGRAMADOS PARA FESTEXAR O DÍA DO LIBRO,E QUE VOS COMUNICAMOS NA ANTERIOR CIRCULAR,IMOS SÓ A MENCIONARVOS AQUELAS NAS QUE PARTICIPOU A NOSA AULA.
VISITA DO ILUSTRADOR DE DIVERSOS LIBROS DA EDITORIAL KALANDRAKA, MARC TAEGER,NA COMPAÑA DA CONTACONTOS OLALLA GONZÁLEZ,EXPROFE DA NOSA ESCOLA.












DÓUS CONTOS MARABILLOSOS QUE VOS RECOMENDAMOS E QUE FIXERON AS DELICIAS DOS VOSOS FILL@S.
MOITAS GRAZAS A MARC E Á PROFE OLALLA POR FACERNOS TAN FELICES DURANTE UNS MINUTIÑOS.
QUE BEN DEBUXA MARC!

CONCURSO DISTINTIVOS  DÍA DO LIBRO.
NA NOSA AULA SÓ PARTICIPARON CATRO ALUMN@S.
NORABOA,FORON PRECIOSOS E RECIBIREDES PIKEUROS POLA VOSA PARTICIPACIÓN.
A GAÑADORA FOI INGRID,POIS FOI A MÁIS VOTADA POLOS NEN@S DA ESCOLA.
 NORABOA ,INGRID!
CONFECIÓN DOS NOSOS LIBRIÑOS CON CONTOS INVENTADOS POR NÓS.
DESPOIS,CADA UN DE NÓS LIMOS ,O NOSO CONTO,AO RESTO DA CLASE.
QUEDARON SUPERBONITIÑOS.

EXPOSICIÓN DO CONTO MARABILLOSO.
EXPOSICIÓN DE CONTOS QUE TEÑEN RELACIÓN COS PAISES ONDE SE UBICAN AS MARABILLAS DO MUNDO MODERNO,ADXUNTANDO UN OBXECTO REPRESENTATIVO.
ESTADES CONVIDADOS A VISITALO,NA PARTE BAIXA DO EDIFICIO PRINCIPAL DA NOSA ESCOLA,XUSTO AO LADO CONTRARIO AO MUSEO DOS NOSOS COLISEOS.


PADRIÑOS,MADRIÑAS E AFILLADOS E AFILLADAS LECTORES.
XA SABEDES QUE OS NEN@S DE 3º,4º,5º E 6º DE ED.PRIMARIA,ESCOLLEN UN CONTO PARA LER AOS AFILLAD@S ADXUDICADOS DE ED,INFANTÍL,1º E 2º DE ED. PRIMARIA.
OS AFILLAD@S PREPARARON UN AGASALLO PARA OS SEUS PADRIÑOS E MADRIÑAS E,A SÚA VEZ,ELES FIXÉRONLLES UNS AGASALLOS  AOS SEUS AFILLAD@S.
COMA SEMPRE,FOI UNHA EXPERIENCIA MARABILLOSA!
PREMEDE NESTA FOTO E VEREDES A REPORTAXE TAN BONITA DA ACTIVIDADE.


QUEREMOS AGRADECER A COLABORACIÓN DAS FAMILIAS NAS ACTIVIDADES NAS QUE ESTABAN IMPLICADAS.
MOITAS FELICIDADES AOS XURXOS,JORDIS,JORGES,GEORGES,GEORGINAS... POIS HOXE É O  SEU DÍA.
 E PARA TOD@S,COMO SE FAI EN CANTALUNYA...
UNHA APERTA DE PERECHO,OS NEN@S DE 5 ANOS E A PROFE MARICRUZ.

3 comentarios:

  1. Foi un bonito día. Os nenos saíron moi contentos. Grazas!!!
    (Familia de Nerea)

    ResponderEliminar
  2. Hola soy Antia , gustoume moito cando tivemos a visita de Olalla e Marc e o museo dos contos maravillos , un saludo a Derecho :)

    ResponderEliminar
  3. Que bonitos os distintivos que fixeron os nenos. Encantóume o que gañou este ano. É precioso. E os libros inventados por eles, fantásticos tamén. Bueno, encántame todo coma sempre.
    Un bico para todol@s lectores do blogue.
    Familia de Cristian

    ResponderEliminar

MOITÍSIMAS GRAZAS POLOS VOSOS COMENTARIOS E POR SER SEGUIDORES DO NOSO BLOGUE.UNHA APERTA AFECTUOSA DE PERECHO E OS NENOS/AS DA PROFE MARICRUZ.