Generador de Texto Brillante

O OBXECTIVO DESTE BLOGUE.


ESTE BLOGUE NON PRETENDE SÓ SER UN ESCAPARATE DALGHUNAS ACTIVIDADES QUE SE FAN NA AULA, NIN UNHA REPORTAXE FOTOGRÁFICA DOS NENOS/AS QUE FORMAN PARTE DESTE BLOGUE,SENON UNHA FERRAMENTA DE TRABALLO DE AULA PARA MELLORAR O NIVEL DOS NOSOS RAPACES/RAPAZAS E OUTRA FERRAMENTA PARA QUE OS PAIS,DENDE AS SÚAS CASAS, POIDAN EDUCAR MILLOR ÓS SEUS FILLOS/AS EN COORDENACIÓN COA ESCOLA E AXUDARLLES A MERGULLARSE NESTE MUNDO APASIOANTE DAS NOVAS TECNOLOXÍAS,"O FUTURO".

UNHA APERTA AFECTUOSA DA PROFE MARICRUZ.

INFORMACIÓN ÁS FAMILIAS.

ESTE BLOGUE,POR DIVERSOS MOTIVOS,PASARÁ A SER UN REPOSITORIO DE RECURSOS PARA TRABALLAR NO AULA E NA CASA,DEIXANDO DE SER ESCAPARATE DAS ACTIVIDADES REALIZADAS NA AULA E NO CENTRO,E REPORTAXES FOTOGRÁFICAS.
SE ALGUNHA DAS FAMILIAS DOS NEN@S QUERE TER TODAS AS FOTOS DAS ACTIVIDADES E DOS SEU FILL@,POÑERASE EN CONTACTO COA PROFE MARICRUZ PARA PODELAS TER SEN SER PUBLICADAS EN INTERNET.
UNHA VEZ SOLVENTADOS OS IMPREVISTOS,VOLTARANSE A FACER PUBLICACIÓNS DE ENTRADAS NESTE BLOGUE.
GRAZAS POLA VOSA COLABORACIÓN.


XOGA E APRENDE NO NADAL,EN GALEGO,CASTELÁ E INGLÉS.

Se non sabes o significado dalgunha palabra galega...busca no Dicionario da Real Academia Galega

lunes, 7 de marzo de 2016

CONTANDO PRINCESAS:OBRADOIRO DE IGUALDADE.

XA SABEDES QUE O NOSO BLOGUE ESTÁ RECOMENDADO,POLA CONCELLALÍA DE EDUCACIÓN,NAS REDES SOCIAIS,POLO TRATAMENTO,NA NOSA AULA, DO TEMA DA IGUALDADE.
PODEDES ACCEDER  A  ELA NA PARTE DEREITA DO NOSO BLOGUE.
E...,ZASSSSS,MENUDA SORPRESA!,APARECERON ANA E SORAYA,MONITORAS DE  IGUALDADE.
DE TODOS É SABIDO QUE O TEMA DA IGUALDADE ESTÁ SEMPRE PRESENTE NAS NOSAS AULAS E ESTÁ MERGULLADO NA NOSA DIDÁCTICA E PEDAGOXÍA,PERO ÁS VECES UNHA PEQUENA AXUDA EXTERNA NON VEN DE MÁIS,POIS PENSAMOS QUE A IGUALDADE EXISTE NA NOSA SOCIEDADE PERO AÍNDA TEMOS MOITO CAMIÑO POR PERCORRER.
O TRABALLO NON DEBE SER EXCLUSIVO NA ESCOLA SENON TAMÉN NAS NOSAS CASAS.ENTRE TOD@S PODEMOS FACER MOITÍSIMO.
POR ESTA RAZÓN AGRADECEMOS AO ANPA,DA NOSA ESCOLA,A SÚA CONTRIBUCIÓN CON ESTE OBRADOIRO,MOI PARECIDO AO TIPO DE ACTIVIDADES QUE FACEMOS NA NOSA AULA,PERO QUE SEMPRE SERVE PARA FACER UN ESTUPENDO REFORZO Á NOSA LABOR EDUCATIVA.
ANA E SORAYA PERTENCEN AO GRUPO "O BAÚL DA TÍA TOLA",QUE FAI UNHA MOREA DE ACTIVIDADES DIVERSAS,CONTACONTOS,TEATRO..
SE QUEREDES SABER SOBRE ÁS SÚAS ACTIVIDADES,PREMEDE NA SEGUINTE FOTO.
https://www.facebook.com/nadalartistico2014/photos_stream?ref=page_internal
 TOMANDO COMO BASE O CONTO DE "A PRINCESA PELEONA" E COS NOSOS XOGUETES,COXINES E UNS DEBUXOS DE PRÍNCIPES E PRINCESAS CON SUPERPODERES QUE FIXEMOS COA PROFE MARICRUZ...
PRINCIPIAMOS A NOSA ANDAINA NESTE OBRADOIRO.
EN QUE CONSITÍU O OBRADOIRO?

"Os reis desta historia son moi especiais e a súa filla,Rosamunda,aínda é máis. Aseméllase moi pouco ás delicadas e sensibles princesas convencionais.A protagonista desta historia é peleona e valente, e sabe moi ben o que lle conven. As divertidas ilustracións colaboran para rachar a imaxe tradicional de princesas e reis de conto de fadas".

 TAMEN VOS RECOMENDO OUTROS CONTOS QUE ATOPAREDES PREMENDO NESTE ENLACE:

https://www.pinterest.com/infantilbclm/mujeres-en-la-sala-infantil/

E  ESTE CONTO,TRABALLADO POLOS NEN@S NA HORA DE BIBLIOTECA.
 


SE QUEREDES VER COMO SE DESENVOLVEU A ACTIVIDADE E DESCARGAR AS FOTOS QUE QUEIRADES,PREMEDE NA SEGUINTE FOTO.
https://picasaweb.google.com/102622282931362189323/OBRADOIROIGUALDADEANPA2016?authuser=0&feat=directlink

TAMÉN VOU INCRUSTALO EIQUÍ PARA VELO AO MOMENTO.


 

AGORA QUÉROVOS MOSTRAR AOS PRÍNCIPES E ÁS PRINCESAS QUE FIXERON OS NOSOS NEN@S,COA PROFE MARICRUZ.CADA UN DELES TEÑEN SUPERPODERES,TEMOS PRINCESAS NINJAS,MARCIANAS,SUPERHEROINAS,PRÍNCIPES MODELOS,PRINCESAS ATLETAS,...DE TODO. 


QUEREMOS DAR AS GRAZAS,PRIMEIRAMENTE AO ANPA POLA ACTIVIDADE E ESTAMOS MOI CONTENT@S PORQUE AS FAMILIAS INVOLÚCRANSE NA EDUCACIÓN DOS FILL@S DE XEITO MOI COMPROMETIDO.TAMÉN AGRADECEMOS A ADICACIÓN DE ANA E SORAYA,POLA SÚA SIMPATÍA E EMPATÍA CONNOSCO.
EN BREVE,A PROFE MARICRUZ,VAI MANDARLLES AS FOTOS DESTA FERMOSA ACTIVIDADE PARA QUE AS POÑAN NA SÚA PÁXINA WEB E TEÑAN UN BONITO RECORDO DE NÓS. 
UNHA APERTA AFECTUOSA DA PROFE MARICRUZ.

3 comentarios:

  1. Oooooh qué chulada!!! Buaaaaa.... a próxima vez eu tamén quero ir..... porque teñen unha caras de pasalo pipa

    Mamá de Iván

    ResponderEliminar
  2. Moitas gracias Profe por esta linda entrada, pola actividade e por compartir con nos estas actividades en prol da igualdade. Nun día como hoxe ainda se agradece máis ler este tipo de entradas nun blogue e sobre todo saber que o vivides nas aulas. Un gracias enorme. BIcos da mama de Mateo

    ResponderEliminar
  3. sii... os debuxos xeniales...jiii
    esta moi ben que aprendan tantas cousas no cole... para ser mellores persoas o dia de maña
    gracias profe

    ResponderEliminar

MOITÍSIMAS GRAZAS POLOS VOSOS COMENTARIOS E POR SER SEGUIDORES DO NOSO BLOGUE.UNHA APERTA AFECTUOSA DE PERECHO E OS NENOS/AS DA PROFE MARICRUZ.