INFORMACIÓN ÁS FAMILIAS.
ESTE BLOGUE,POR DIVERSOS MOTIVOS,PASARÁ A SER UN REPOSITORIO DE RECURSOS PARA TRABALLAR NO AULA E NA CASA,DEIXANDO DE SER ESCAPARATE DAS ACTIVIDADES REALIZADAS NA AULA E NO CENTRO,E REPORTAXES FOTOGRÁFICAS.
SE ALGUNHA DAS FAMILIAS DOS NEN@S QUERE TER TODAS AS FOTOS DAS ACTIVIDADES E DOS SEU FILL@,POÑERASE EN CONTACTO COA PROFE MARICRUZ PARA PODELAS TER SEN SER PUBLICADAS EN INTERNET.
UNHA VEZ SOLVENTADOS OS IMPREVISTOS,VOLTARANSE A FACER PUBLICACIÓNS DE ENTRADAS NESTE BLOGUE.
GRAZAS POLA VOSA COLABORACIÓN.
MAGOSTO 2010
 |
Silvia,Xián,Tristán,Lola,Alba,Noa,Miguel,Nicolás,Yago,Adrián e Sara. |
 |
Sara a reporteira. |
 |
Sara,Noa,Yago e Lola comendo dos seus cornetes. |
O venres ,12 de novembro, fixemos o MAGOSTO na nosa escola.Nós,como sempre,fixemos o noso distintivo de Pupo,que é o noso verme favorito,e confeccionamos uns cornetes para as castañas.
Cada neno/a truxo unhas poucas de castañas e pico,piñas,carozos... ...para facer a fogueira e as brasas que preparan algúns pais e profes.
A mañá estivo chea de actividades conxuntas cos outros nenos/as da escola e coas familias que coa súa colaboración fixeron ,deste magosto, un día especial para disfrutar e compartir.
Obradoiros de pais e profesoras para picar castañas,xogos como o tragacastañas,obradoiro de debuxo con xices de cores,obradoiro do conto de "O Apalpador" e degustacíón das castañas asadas.
Nós pasámolo estupendamente e Sara fixo de reporteira,como a nosa amiga Pecky ,e fixo un montón de fotos.
 |
Mati e o papá de Nicolás asando as castañas. |
 |
Todos/as facendo o noso debuxo nun dos obradoiros. |
|
|
 |
O xogo do Tragacastañas.Gañaron o xogo Sara e Adrián. | |
|
|
No hay comentarios:
Publicar un comentario
MOITÍSIMAS GRAZAS POLOS VOSOS COMENTARIOS E POR SER SEGUIDORES DO NOSO BLOGUE.UNHA APERTA AFECTUOSA DE PERECHO E OS NENOS/AS DA PROFE MARICRUZ.