Generador de Texto Brillante

O OBXECTIVO DESTE BLOGUE.


ESTE BLOGUE NON PRETENDE SÓ SER UN ESCAPARATE DALGHUNAS ACTIVIDADES QUE SE FAN NA AULA, NIN UNHA REPORTAXE FOTOGRÁFICA DOS NENOS/AS QUE FORMAN PARTE DESTE BLOGUE,SENON UNHA FERRAMENTA DE TRABALLO DE AULA PARA MELLORAR O NIVEL DOS NOSOS RAPACES/RAPAZAS E OUTRA FERRAMENTA PARA QUE OS PAIS,DENDE AS SÚAS CASAS, POIDAN EDUCAR MILLOR ÓS SEUS FILLOS/AS EN COORDENACIÓN COA ESCOLA E AXUDARLLES A MERGULLARSE NESTE MUNDO APASIOANTE DAS NOVAS TECNOLOXÍAS,"O FUTURO".

UNHA APERTA AFECTUOSA DA PROFE MARICRUZ.

INFORMACIÓN ÁS FAMILIAS.

ESTE BLOGUE,POR DIVERSOS MOTIVOS,PASARÁ A SER UN REPOSITORIO DE RECURSOS PARA TRABALLAR NO AULA E NA CASA,DEIXANDO DE SER ESCAPARATE DAS ACTIVIDADES REALIZADAS NA AULA E NO CENTRO,E REPORTAXES FOTOGRÁFICAS.
SE ALGUNHA DAS FAMILIAS DOS NEN@S QUERE TER TODAS AS FOTOS DAS ACTIVIDADES E DOS SEU FILL@,POÑERASE EN CONTACTO COA PROFE MARICRUZ PARA PODELAS TER SEN SER PUBLICADAS EN INTERNET.
UNHA VEZ SOLVENTADOS OS IMPREVISTOS,VOLTARANSE A FACER PUBLICACIÓNS DE ENTRADAS NESTE BLOGUE.
GRAZAS POLA VOSA COLABORACIÓN.


XOGA E APRENDE NO NADAL,EN GALEGO,CASTELÁ E INGLÉS.

Se non sabes o significado dalgunha palabra galega...busca no Dicionario da Real Academia Galega

jueves, 3 de marzo de 2011

A DERRADEIRA ORDE DO MECO.

HOXE,COMA SEMPRE,FIXÉMOSLLE CASO Ó MECO E OBEDECIMOS AS SÚAS ORDES.VIÑEMOS Á ESCOLA COA GRAVATA,LAZO,LENTES E SOMBREIRO PIMPOLLO.
AQUÍ TEMOS Á PROFE MERCE E Á PROFE MARICRUZ CO SOMBREIRO.

PERO...ALGÚNS NON TROUXERON "TODO".
OS QUE SÍ O FIXERON FORON...
BRIAN,MANUEL,SILVIA,TRISTÁN,NOA,LOLA,ALBA E SARA
.

A ELES,O MECO,NON LLES VAI RIFAR.
O MECO XA NON PODERÁ MANDARNOS NADA DE NADA.MAÑÁ TÓCALLE A ÉL RENDIR CONTAS DE TÓDOLOS MALES DO MUNDO E DO RETRASO DAS OBRAS DA ESCOLA.
FARÉMOSLLE UN XUIZO,DESPOIS DO PASARÚAS, E...QUE SE PREPARE!


LEMBRAR ÁS FAMILIAS QUE:
-OS NENOS/AS TEÑEN QUE VIR ,DA CASA,CO XERSEI E OS PITERPÁNS POSTOS,E OS QUE NON O TEÑAN VIRÁN CO CHANDAL DA ESCOLA.
- TEÑEN QUE VIR COA FACIANA HIDRATADA PARA MAQUILLALOS NA AULA.
-OS NENOS VIRÁN CO PELO ENGOMINADO E DE PUNTA.
-AS NENAS VIRÁN CO PELO SOLTO E SEN ADORNOS POIS POÑERÉMOSLLE DÓUS CHICHOTES AMARELOS NA AULA.
-PODEDES AXUDAR NO PASARÚAS E VIR DISFRAZADOS SOBRE O TEMA ESTRELA DESTE ANO,"AS OBRAS DO COLE".
-NON PODEDES ALONXAR ÓS VOSOS RAPACES DA COMPARSA SEN PERMISO NIN COÑECEMENTO DA TITORA.
-PODERANSE TRAER LARPEIRADAS DE ENTROIDO PARA QUE AS DEGUSTEN OS NENOS/AS.
-NON ESQUEZADES CUBRIR A ENQUISA SOBRE O BLOGUE DA ESCOLA"O BLOGUE DE PICOLINDO" E PARTICIPAR NA ENQUISA DO BLOGUE DA NOSA CLASE QUE ESTÁ NO MESMO BLOGUE "O RECANTO DE PERECHO E MARICRUZ",NA COLUMNA DA DEREITA.
-GRAZAS DE ANTEMÁN POLA VOSA COLABORACIÓN E PARTICIPACIÓN.

ATA MAÑÁ, QUE TEÑO QUE PREPARAR O MEU DISFRAZ.
BICOS,PERECHO.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

MOITÍSIMAS GRAZAS POLOS VOSOS COMENTARIOS E POR SER SEGUIDORES DO NOSO BLOGUE.UNHA APERTA AFECTUOSA DE PERECHO E OS NENOS/AS DA PROFE MARICRUZ.