Nós ,na nosa aula de 4 anos, temos moita creatividade,a proba está na anterior entrada do entroido 2011 na nosa escola e en case tódalas actividades que facemos no noso cole,pero é que hai xente que ,ademáis de tela no seu traballo ,tamén a ten na súa casa.Ese é o caso de ADELE.
Poucas palabras para este fantástico traballo da publicista e fotógrafa finlandesa Adele Enersen, onde rodea á súa filla Mila de diferentes mundos de ilusión, un traballo incrible ao que ela chama "hobby" realizado durante a súa baixa maternal.
Inspirouse pensando no que Mila podería estar a soñar.
Os elementos utilizados son só cousas que nos rodean como a roupa, panos, antucas e xoguetes. Gozade das fotos fermosas, e tal vez vós seredes capaces de crear algunhas imaxes así de bonitas.
Se queredes mirar máis imaxes de Adele,podedes visitar o seu blogue.
Premede no enlace.
ADELE E MILA |
A profe Maricruz coñeceu a obra desta muller a través duns coñecidos vascos e quedou prendada.Aquí tedes un vídeo con algunhas destas maravillosas creacións e a continuación unha escolma dalgunhas fotos que a profe ten gardadas e que non aparecen no vídeo.
Gozade desta maravilla.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
MOITÍSIMAS GRAZAS POLOS VOSOS COMENTARIOS E POR SER SEGUIDORES DO NOSO BLOGUE.UNHA APERTA AFECTUOSA DE PERECHO E OS NENOS/AS DA PROFE MARICRUZ.