Tódalas cidades teñen algo que fai característico a sua festa do entroido. En Verín teñen os peliqueiros; en Brasil, as grandes comparsas con música, baile e cor;...e en Vigo temos o Deus Momo e a Comitiva Rexia que o acompaña. Este ser mitolóxico, é o centro do noso entroido; o que diferencia o carnaval de Vigo, de tódolos demáis.
O Deus Momo, trátase dun Deus Grego, que representa o espírito de inculpación malintencionada e crítica inxusta. Vai rodeado de seres infernais e da comitiva Rexia.
A sua presenza é o centro do entroido Vigués, toda a festa rodea a este Deus. O cal sempre aparece acompañado do Rei e da Raíña do entroido, e dos paxes reais, os diaños, o que é chamado a Comitiva Rexia; así como dos campesiños do pobo.A festa dura mentres o Deus Momo vive, pero o martes a noite...o Deus Momo sofre un esvaecemento, e despídese de todo o pobo, coas agallas e carácter que os caracterízan; e dando as grazas polo recibimento que a cidade lle ofreceu.O pobo cunha gran pena e moitas lágrimas, faille un memorial e chora a sua pérdida, recorrendo as rúas de Vigo, para despedir o Deus do entroido e logo enterrar as súas cinzas.
Desta forma, o espírito descansa do Deus Momo descansa tranquilo, ata o entroido seguinte.
QUE É UN MERDEIRO?
 Cando chega o Entroido os vigueses transfórmanse en Merdeiros ou cabicheiros. Antigamente, isto facíano os mariñeiros para ridiculizar aos labregos, con quen, ao parecer, tiñan diferenzas. Os mariñeiros asumían a súa identidade imitando as vestimentas dos cabicheiros, persoas do rural que recollían cabiche e baleiraban os pozos negros da cidade para abonar os seus campos. Por iso tentaban imitalos ríndose dos seus comportamentos e das súas roupas: usando o pucho, os símbolos das súas vestimentas e o farol; sempre esaxerando ao máximo o seu comportamento social tremendamente anárquico.
O Merdeiro é maleducado e un pouco violento. Corre, salta e grita co ánimo de asustar á xente, e ademais vai armado dunha vara coa que intenta golpear á xente coa que tropeza.
Os Merdeiros afacían vagar de xeito improvisado polas rúas da cidade, en solitario ou en pequenos grupos carentes de organización.
Na actualidade, o Merdeiro é a única figura do entroido urbano en Vigo, e o seu valor antropolóxico é comparable a outras manifestacións moi coñecidas como os Peliqueiros de Laza, as Pantallas da Limia ou os Cigarróns de Verín.
E AGORA DÓUS VÍDEOS SOBRE A RECUPERACIÓN DA FIGURA DO MERDEIRO,NO ENTROIDO DE VIGO. |
No hay comentarios:
Publicar un comentario
MOITÍSIMAS GRAZAS POLOS VOSOS COMENTARIOS E POR SER SEGUIDORES DO NOSO BLOGUE.UNHA APERTA AFECTUOSA DE PERECHO E OS NENOS/AS DA PROFE MARICRUZ.