ESTIMADAS FAMILIAS:
ESTASE ACHEGANDO O ENTROIDO E ESTAMOS A PREPARAR OS NOSOS DISFRACES.
ESTE ANO IMOS IR DE EMIGRANTES DO PRINCIPIO DO SÉCULO XX,IGUAIS Á MONTAXE QUE FIXO A NOSA AULA PARA O CALENDARIO DADO NO NADAL ÁS FAMILIAS.
PANCARTA DA NOSA COMPARSA. |
NA AULA ESTASE A TRABALLAR PARTE DO DISFRÁZ PERO VÓS, NA CASA ,TEDES QUE BUSCAR ALGÚNS COMPLEMENTOS.
NENOS
-PANTALÓN ESCURO DE ALGODÓN OU DE PANA.
-CAMISA DE CADROS,RAIAS…,OU BRANCA OU DE CORES ESCURAS PERO NIN NEGRA NIN AZUL MARIÑO.
-BOTAS ESCURAS OU CALZADO ESCURO,NEGRO OU MARRÓN.
-SE TEÑEN UN ABRIGUIÑO ESCURO,CHAQUETA TIPO BLASSIER OU CHAQUETÓN ¾,DE COR ESCURA,MELLOR POR SE VAI MOITO FRÍO.
-NON HAI QUE TRAER BOÍNA,POIS XA TEMOS NA AULA PARA TÓDOLOS NENOS.
NENAS
-SAIA E BLUSA BRANCA OU DE CORES ESCURAS,NON AZUL MARIÑO.PÓDESE TROCAR ESTO POR UN VESTIDO DE INVERNO ESCURO.NON PODERÁN TRAER ESE DÍA PANTALÓNS.
-MEDIAS OU PANTYS BRANCOS OU DE CORES ESCUROS,SE PODEN SER CALADIÑOS ,MELLOR,QUEDAN PRECIOSOS COA SAIA DE GALEGA.
-ZAPATOS NEGROS.
-O CORPIÑO XA NON FAI FALLA,POIS SOBROU TELA E FIXÉMOLOS NA AULA.
-SE VAI MOITO FRÍO DEBERÁN TRAER ,IGUAL QUE OS NENOS,UN ABRIGUIÑO ¾ DE CORES ESCURAS,NON AZUL MARIÑO.
AS NENAS QUE TEÑAN PINGOS DE LÁ(LANA OU PUNTO) DE CORES ESCURAS ,MOITO MELLOR,POIS VAI PERFECTO CO ASPECTO DE GALEGA ANTIGA.
-ZARZILLOS(PENDENTES) LONGOS,DOS PEGADIÑOS Á ORELLA PARA NON RACHALA,PRATEADOS.
-NON FAI FALLA QUE VEÑAN CON COLARES,POIS XA FIXEMOS UN COLGANTE PRECIOSO,PLATEADO E NEGRO ,NA AULA.
-DEBERÁN TRAER UNHA COLETA ALTA DE PEITEADO E AS NENAS DE PELO CURTO NON DEBERÁN TRAER NADA NO PELO.
-CARA HIDRATADA.
EN CANTO Á FESTA,DÍA,HORA…XA SE VOS COMUNICARÁ MÁIS ADIANTE.
ÓS MARTES,DE 16H A 17H,NON HAI TITORÍA ATA DESPOIS DO ENTROIDO E NO SEU LUGAR ESTASE A FACER UN OBRADOIRO DE AXUDA Á CONFECCIÓN DOS DISFRACES,NA AULA DA PROFE MARICRUZ.
PARA CALQUEIRA DÚBIDA,FALADE CON ELA.
ESPERANDO Á VOSA COLABORACIÓN,UN SAÚDO AFECTUOSO DA PROFE MARICRUZ.
MOITAS GRAZAS ÁS NAIS DE MANUEL(que leva meses facendo as maletas de todos nós na súa casa),SARA,NICOLÁS ,LOLA E IAGO ,E TAMÉN O PAPÁ DE TRISTÁN POLA SÚA COLABORACIÓN NOS OBRADOIROS DOS MARTES e axudar á profe Maricruz na merca do material preciso para a confección dos disfraces.
CHALECO PARA OS NENOS, FEITO NA AULA. |
SAIA DE GALEGA CON MANDÍL PARA AS NENAS,FEITA NA AULA. |
REFAIXO PARA AS NENAS,FEITO NA AULA. |
PANO DE GALEGA PARA A TESTA DAS RAPAZAS,DE PÓRTICO. |
COMPLEMENTOS:PANO PARA A TESTA E A MAN (FEITO NA AULA)DAS RAPAZAS,COLGANTE FEITO NA AULA E BOÍNA DE PORRAS,ADAPTADA A TESTA DOS RAPACES. |
COLABORADE NOS COMPLEMENTOS DA CASA E VEREDES QUE GUAPIÑOS VAN OS NOSOS PEQUENOS EMIGRANTES.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
MOITÍSIMAS GRAZAS POLOS VOSOS COMENTARIOS E POR SER SEGUIDORES DO NOSO BLOGUE.UNHA APERTA AFECTUOSA DE PERECHO E OS NENOS/AS DA PROFE MARICRUZ.