Generador de Texto Brillante

O OBXECTIVO DESTE BLOGUE.


ESTE BLOGUE NON PRETENDE SÓ SER UN ESCAPARATE DALGHUNAS ACTIVIDADES QUE SE FAN NA AULA, NIN UNHA REPORTAXE FOTOGRÁFICA DOS NENOS/AS QUE FORMAN PARTE DESTE BLOGUE,SENON UNHA FERRAMENTA DE TRABALLO DE AULA PARA MELLORAR O NIVEL DOS NOSOS RAPACES/RAPAZAS E OUTRA FERRAMENTA PARA QUE OS PAIS,DENDE AS SÚAS CASAS, POIDAN EDUCAR MILLOR ÓS SEUS FILLOS/AS EN COORDENACIÓN COA ESCOLA E AXUDARLLES A MERGULLARSE NESTE MUNDO APASIOANTE DAS NOVAS TECNOLOXÍAS,"O FUTURO".

UNHA APERTA AFECTUOSA DA PROFE MARICRUZ.

INFORMACIÓN ÁS FAMILIAS.

ESTE BLOGUE,POR DIVERSOS MOTIVOS,PASARÁ A SER UN REPOSITORIO DE RECURSOS PARA TRABALLAR NO AULA E NA CASA,DEIXANDO DE SER ESCAPARATE DAS ACTIVIDADES REALIZADAS NA AULA E NO CENTRO,E REPORTAXES FOTOGRÁFICAS.
SE ALGUNHA DAS FAMILIAS DOS NEN@S QUERE TER TODAS AS FOTOS DAS ACTIVIDADES E DOS SEU FILL@,POÑERASE EN CONTACTO COA PROFE MARICRUZ PARA PODELAS TER SEN SER PUBLICADAS EN INTERNET.
UNHA VEZ SOLVENTADOS OS IMPREVISTOS,VOLTARANSE A FACER PUBLICACIÓNS DE ENTRADAS NESTE BLOGUE.
GRAZAS POLA VOSA COLABORACIÓN.


XOGA E APRENDE NO NADAL,EN GALEGO,CASTELÁ E INGLÉS.

Se non sabes o significado dalgunha palabra galega...busca no Dicionario da Real Academia Galega

sábado, 23 de junio de 2012

ACTIVIDADES FIN DE CURSO 2012 DOS NENOS/AS DE 5 ANOS.



O xoves,os nenos/as de 5 anos convidaron a tódolos nenos/as de ed. infantíl ,como despedida.Co diñeiro das familias mercáronse unha chea de larpeiradas.Os nenos/as de 5 anos confeccionaron un precioso mantel para o evento e decoraron o aula con globos de cores.Temos que destacar que o aula está un pouco destartalada pois estamos de mudanza ao cole novo.Con moita música,baile e larpeiradas,pasamos un ratiño moi divertido.

Despois do gran xantar,os mellores lectores da clase ,o sexa,os que utilizaron máis a biblioteca da escola,tiñan moitos piqueuros polo que trocáronlos por libros no mercadillo de Picolindo.

Como a profe Maricruz non podía dispor do tempo necesario para facer os preparativos da festa de graduación,a maioría das familias axudáronna moitísimo:mercaron os materiais para facer as togas,confeccionaron os traxes,mercaron os agasallos para os rapaces,fixeron a montaxe da orla,revelaron as fotos dos marquiños,fixeron o decorado dos globos...e o pai de Tristán,durante as vacacións,preparará dóus dvds para cada familia, con tódalas fotos e vídeos deste curso,polo que se non poideches asistir ó evento,non vos preocupedes,teredes todo á volta de vacacións.
Grazas a todos/as pola axuda pero en especial ás nais de Manuel,Xián,Iago e Noa,e ao papá de Tristán pois foron os que levaron máis traballo nesta fermosa festa.

Durante tódala cerimonia de graduación visualizouse un power point,elaborado pola profe Maricruz,cunha escolma de fotos dos nenos/as que percorren os tres maravillosos cursos de ed. infantíl,dende o ano 2009 ata o 2012.Aquí podédelo mirar.

                                                        
Durante moitos anos de servizo,a profe Maricruz recibiu moitos agasallos das familias,todos foron moi emotivos pero de tódolos agasallos recibidos este curso,éste fixo chorar á profe de emoción.
GRAZAS ÁS FAMILIAS POR AXUDARME TANTO A FACER FELICES ÓS NOSOS NENOS/AS,SOBRETODO NESTES MOMENTOS NOS QUE NON TEÑO MOITO TEMPO COMO ANTES PARA PREPARAR TODAS ESAS COUSAS TAN BONITAS QUE ME GUSTA TANTO FACER NA MIÑA AULA.
GRAZAS,MIL VECES...,GRAZAS!
MIRADE O AGASALLO QUE CHEGOU AO CORAZÓN DA PROFE E PRESTADE ATENCIÓN Á CANCIÓN,POIS ESTÁ ADICADA ÓS MEUS RAPACIÑOS QUE AGORA XA SON DE 1º DE ED. PRIMARIA.
ESTOU MOI ORGULLOSA DE VÓS!
QUÉROVOS!
UN BICO MOI ,MOI FORTE DA PROFE MARICRUZ E PERECHO, E NON VOS ESQUEZADES QUE ÉSTE SEGUE SENDO O VOSO BLOGUE E QUE ESTÁ ABERTO EN VACACIÓNS.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

MOITÍSIMAS GRAZAS POLOS VOSOS COMENTARIOS E POR SER SEGUIDORES DO NOSO BLOGUE.UNHA APERTA AFECTUOSA DE PERECHO E OS NENOS/AS DA PROFE MARICRUZ.