O luns,os nen@os de 6ª de ed. Primaria ,na hora de ler,viñeron a contarnos dous contos da súa propia colleita.Valéronse dun Kamishibai para mostrar as esceas e os textos orixinais.Encantounos!E,ademáis ,foi moi especial porque entre os lectores estaban irmáns nosos e iso fixo que nos sintíramos moi orgullos@s.
Mirade que fotos máis bonitas deste momento tan especial.
E hoxe fixemos nós o noso contacontos particular, aproveitando a invitación que nos fixo O POLO PEPE,para o venres.
Se algún de vós acude á cita co polo PEPE,por favor,mandádelle as fotos á profe Maricruz para engadilas ó noso blogue.
Limos o conto en castelá,logo en galego,cantamos a canción en galego e lembrámonos da canción que aprendimos do pitiño,en 3 anos,que era unha canción que lle cantaba a mamá da profe a ela cando era pequeniña.Aínda que pasaron dóus cursos,non nos esquecimos dela.
Tamén coloreamos ao curmán do polo Pepe,Piolín,o noso ídolo,nunha paisaxe veraniega.
Este é o conto.
Participamos case todos lendo ou cantando.Costounos un pouquiño ler porque as letras son de imprenta e non estamos acostumados a ela.
Mirade como limos e cantade connosco a canción de "O Polo Pepe".
Vídeo do pito curmán do polo Pepe,que se perdeu.:"Pobrecito mi pollito".
O polo Pepe.O noso propio contacontos.
Estamos moi contentos porque xa somos moitos os que aprendimos a ler e a outros fáltalles moi pouquiño.
Cunha pouca de práctica no verán seremos nós os que iremos,o curso que ven,a ed. infantíl a facer un contacontos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
MOITÍSIMAS GRAZAS POLOS VOSOS COMENTARIOS E POR SER SEGUIDORES DO NOSO BLOGUE.UNHA APERTA AFECTUOSA DE PERECHO E OS NENOS/AS DA PROFE MARICRUZ.