AÍNDA QUE COINCIDIU ESTE DÍA COA NOSA FESTA DE "COÑECE O NOVO COLE ROCÍO",NON NOS PODEMOS ESQUECER DO...
Día Universal do Neno/a
20 de novembro.
A Declaración dos Dereitos do Neno foi proclamada pola Asamblea Xeral das Nacións Unidas en Resolución do 20 de novembro de 1959. Non ven mal recordalos, son dez (e poden servir para traballar con alumnos maiores e tamén con pequenos):
1. Dereito a igualdade, sen distinción de raza, relixión ou nacionalidade.
2. Dereito a unha protección especial para que poidan medrar física, mental e socialmente sanos e libres.
3. Dereito a ter un nome e unha nacionalidade.
4. Dereito a unha alimentación, vivenda e atención médica axeitadas.
5. Dereito a educación e atencións especiais para os nenos física ou mentalmente disminuidos.
6. Dereito a comprensión e amor por parte das familias e da sociedade.
7. Dereito a unha educación gratuita. Dereito a divertirse e xogar.
8. Dereito á atención e axuda preferente no caso de perigo.
9. Dereito a ser protexido contra ó abandono e a explotación no traballo.
10. Dereito a recibir unha educación que fomente a solidariedade, a amizade e a xustiza entre todo o mundo.
Estes dez principios resumidos, ademáis do texto completo da Declaración, podedes atopalos no noso blogue,na parte esquerda,sempre dun xeito permanente,para que poidades consultalos cando queirades.Xa sabedes que na escola entanse constantemente a loitar polo cumprimento deles durante todo o curso.Facede o mesmo na casa ,na bisbarra,na nosa cidade...
Se preferides un estudo da Convención para os Dereitos do Neno adaptada ós máis xóvenes podes obtela nun documento publicado por Unicef que poderedes ler se premes na foto dos nen@s do mundo.
FAMILIAS!:
MIRADE ESTE VÍDEO!.
MIRADE ESTE VÍDEO!.
PARA QUE OS RAPACES PEQUENOS ENTENDAN MELLOR ESTES DEZ PRINCIPIOS,TEÑEN Ó SEU AMIGO POCOYO,QUE EXPLICA MOI BEN AS COUSAS CON MOI POUCAS VERBAS.
ENTRE TODOS/AS PODEMOS MELLORAR AS COUSAS.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
MOITÍSIMAS GRAZAS POLOS VOSOS COMENTARIOS E POR SER SEGUIDORES DO NOSO BLOGUE.UNHA APERTA AFECTUOSA DE PERECHO E OS NENOS/AS DA PROFE MARICRUZ.