Generador de Texto Brillante

O OBXECTIVO DESTE BLOGUE.


ESTE BLOGUE NON PRETENDE SÓ SER UN ESCAPARATE DALGHUNAS ACTIVIDADES QUE SE FAN NA AULA, NIN UNHA REPORTAXE FOTOGRÁFICA DOS NENOS/AS QUE FORMAN PARTE DESTE BLOGUE,SENON UNHA FERRAMENTA DE TRABALLO DE AULA PARA MELLORAR O NIVEL DOS NOSOS RAPACES/RAPAZAS E OUTRA FERRAMENTA PARA QUE OS PAIS,DENDE AS SÚAS CASAS, POIDAN EDUCAR MILLOR ÓS SEUS FILLOS/AS EN COORDENACIÓN COA ESCOLA E AXUDARLLES A MERGULLARSE NESTE MUNDO APASIOANTE DAS NOVAS TECNOLOXÍAS,"O FUTURO".

UNHA APERTA AFECTUOSA DA PROFE MARICRUZ.

INFORMACIÓN ÁS FAMILIAS.

ESTE BLOGUE,POR DIVERSOS MOTIVOS,PASARÁ A SER UN REPOSITORIO DE RECURSOS PARA TRABALLAR NO AULA E NA CASA,DEIXANDO DE SER ESCAPARATE DAS ACTIVIDADES REALIZADAS NA AULA E NO CENTRO,E REPORTAXES FOTOGRÁFICAS.
SE ALGUNHA DAS FAMILIAS DOS NEN@S QUERE TER TODAS AS FOTOS DAS ACTIVIDADES E DOS SEU FILL@,POÑERASE EN CONTACTO COA PROFE MARICRUZ PARA PODELAS TER SEN SER PUBLICADAS EN INTERNET.
UNHA VEZ SOLVENTADOS OS IMPREVISTOS,VOLTARANSE A FACER PUBLICACIÓNS DE ENTRADAS NESTE BLOGUE.
GRAZAS POLA VOSA COLABORACIÓN.


XOGA E APRENDE NO NADAL,EN GALEGO,CASTELÁ E INGLÉS.

Se non sabes o significado dalgunha palabra galega...busca no Dicionario da Real Academia Galega

lunes, 14 de octubre de 2013

UNHA ESTUPENDA EXCURSIÓN SEGUIDA DUN BISCOITO ESPECTACULAR.

HOXE FOMOS A VISITAR A EXPOSICIÓN "CATRO ESTACIÓNS DE ARTE",NA SÁ DE EXPOSICIÓNS DE NOVAGALICIA BANCO.ANALIZAMOS AS ESTACIÓNS DO ANO A TRAVÉS DO ARTE:PINTURA,ESCULTURA,POESÍA E MÚSICA.
FOI MARAVILLOSO ADMIRAR OBRAS DE LUGRÍS,MURGÍA,CASTELAO...DESPOIS FIXEMOS UN OBRADOIRO DE FOLLAS E DE COLOREADO DUN DEBUXO NAS DIFERENTES ESTACIÓNS DO ANO.O XARDÍN INTERIOR É MARAVILLOSO.ENCANTOUNOS TAMÉN VER A RÍA,DENDE O PASEO DE ALFONSO,PASAR POLOS TÚNELES DE BEIRAMAR,MIRAR A NOVA ESTACIÓN DE TRENES ,OS PESQUEIROS E OS ASTELEIROS,DENDE O BUS.
SE QUEREDES MIRAR UN POUQUIÑO DO QUE FIXEMOS E OS CADROS QUE MÁIS LLE GUSTARON Á PROFE MARICRUZ,SÓ TEDES QUE PREMER NA FOTO DO PINTOR LUGRÍS QUE REPRESENTA A NOSA RÍA,CUN TON FANTÁSTICO-MITOLÓXICO E CUNHA PAISAXE INVERNAL.PARA NÓS,O CADRO QUE MÁIS NOS GUSTOU.
PODEDES BAIXAR AS FOTOS AO TEU ORDENADOR.
TAMÉN PODEDES VISITAR  A EXPOSICIÓN, POLAS TARDES E A FIN DE SEMANA,E MIRALA COS VOSOS PROPIOS OLLOS,MERECE A PENA.
DESPOIS,PARA RECUPERAR FORZAS,...A ESTUPENDA TORTA QUE FIXERON JOSE E A SÚA NAI,PARA TODOS NÓS.
PUXÉMONOS MORAD@S E NON RESTOU NADA DE NADA,SÓ A BANDEXA E O CUBREBANDEXA.
ESTABA BOÍSIMA,ADEMÁIS DE ESTAR BEN,PERO QUE MOI BEN,DECORADA!.

MOITAS GRAZAS A JOSE E Á SÚA NAI!

No hay comentarios:

Publicar un comentario

MOITÍSIMAS GRAZAS POLOS VOSOS COMENTARIOS E POR SER SEGUIDORES DO NOSO BLOGUE.UNHA APERTA AFECTUOSA DE PERECHO E OS NENOS/AS DA PROFE MARICRUZ.