Generador de Texto Brillante

O OBXECTIVO DESTE BLOGUE.


ESTE BLOGUE NON PRETENDE SÓ SER UN ESCAPARATE DALGHUNAS ACTIVIDADES QUE SE FAN NA AULA, NIN UNHA REPORTAXE FOTOGRÁFICA DOS NENOS/AS QUE FORMAN PARTE DESTE BLOGUE,SENON UNHA FERRAMENTA DE TRABALLO DE AULA PARA MELLORAR O NIVEL DOS NOSOS RAPACES/RAPAZAS E OUTRA FERRAMENTA PARA QUE OS PAIS,DENDE AS SÚAS CASAS, POIDAN EDUCAR MILLOR ÓS SEUS FILLOS/AS EN COORDENACIÓN COA ESCOLA E AXUDARLLES A MERGULLARSE NESTE MUNDO APASIOANTE DAS NOVAS TECNOLOXÍAS,"O FUTURO".

UNHA APERTA AFECTUOSA DA PROFE MARICRUZ.

INFORMACIÓN ÁS FAMILIAS.

ESTE BLOGUE,POR DIVERSOS MOTIVOS,PASARÁ A SER UN REPOSITORIO DE RECURSOS PARA TRABALLAR NO AULA E NA CASA,DEIXANDO DE SER ESCAPARATE DAS ACTIVIDADES REALIZADAS NA AULA E NO CENTRO,E REPORTAXES FOTOGRÁFICAS.
SE ALGUNHA DAS FAMILIAS DOS NEN@S QUERE TER TODAS AS FOTOS DAS ACTIVIDADES E DOS SEU FILL@,POÑERASE EN CONTACTO COA PROFE MARICRUZ PARA PODELAS TER SEN SER PUBLICADAS EN INTERNET.
UNHA VEZ SOLVENTADOS OS IMPREVISTOS,VOLTARANSE A FACER PUBLICACIÓNS DE ENTRADAS NESTE BLOGUE.
GRAZAS POLA VOSA COLABORACIÓN.


XOGA E APRENDE NO NADAL,EN GALEGO,CASTELÁ E INGLÉS.

Se non sabes o significado dalgunha palabra galega...busca no Dicionario da Real Academia Galega

domingo, 6 de octubre de 2013

VOS PRESENTAMOS O NOSO PROXECTO ESTRELA DESTE CURSO:"NA DEFENSA DO PORCO CELTA".

COMO XA SABEDES ESTE ANO TEMOS ,"GALICIA 365",COMO PROXECTO DE CENTRO ,E NÓS IMOS CONTRIBUIR CO PROXECTO,"NA DEFENSA DO NOSO PORCO CELTA".OS NOSOS NEN@S VANSE CONVERTIR NUNS EXPERTOS NESTE FERMOSO ANIMAL.
SABÍADES QUE...?
O xénero orixinario de tódolos porcinos e o "SUS" e establecen se os tres troncos prehistóricos seguintes:

  - Sus Scrofa (xabarí europeo)
  - Sus Mediterráneo (xabarí mediterráneo)
  - Sus Vittatus ( porco asiático)

O tronco celta procedería do cruce Sus Scrofa Ferus có Subxénero Striatosus.
A agrupación racial céltica se estendeu en maior o menor medida polo Norte e Noroeste de España dando lugar a distintas razas, hoxe máis ou menos cruzadas como o Porco Chato de Vitoria, o Lermeño de Burgos, o Catalán de Vich, o Molinés de Guadalaxara, o Alistano de Zamora, a Galega ou Celta, e outras tamén por Centroeuropea e Portugal. De todas estas, moitas de elas están hoxe desaparecidas.
A raza porcina celta agrupa animais de tamaño grande, rústicos, moi adaptados a súa explotación en réxime extensivo. Encóntranse exemplares da raza en todo o territorio galego, centrándose máis na provincia de Ourense, sur da provincia de Lugo  e nas comarcas centrais e noroeste de A Coruña.

Se caracterizan pola súa gran rusticidade, perfectamente adaptada o medio no que se desenvolve, pastoreando e alimentándose de recursos naturais estacionais como landras, castañas e brotes vexetais dos extensos e ricos bosques autóctonos galegos.
(Información proporcionada por ASOPORCEL,Asociación de criadores de gando porcino celta)
POUCO A POUCO VOS IREMOS PRESENTANDO ALGUNHAS DAS NOSAS ACTIVIDADES E ,DESTE XEITO,PODEREDES,VÓS TAMÉN,APRENDER UN POUCO SOBRE O TEMA.
UNHA DAS ACTIVIDADES FOI COLOREAR OS NOSOS PROPIOS PORCOS CELTAS NA PDI E GARDAR AS IMAXES NO NOSO ORDENADOR,PARA DESPOIS FACER ESTA MONTAXE E IMPRIMILAS.


ADEVIÑADE,NA CASA,CAL É O PORCO DO TEU FILL@.


PODEDES CANTAR A CANCIÓN PORQUE TODOS A COÑECEDES.
OS VOSOS NEN@S TAMÉN.
SE QUEREDES FACER,NA CASA,O VOSO PORCO CELTA PARTICULAR...PREMEDE NA FOTO DO ORDENADOR.
PODEDES MANDAR OS VOSOS PORCOS CELTAS AO E-CORREO DA PROFE MARICRUZ.OS NEN@S FIXÉRONNOS SINXELIÑOS PERO VÓS PODEDES POÑERLLES FONDOS,TAMPÓNS E OUTROS COMPLEMENTOS.
OS VOSOS PORCOS SERÁN PUBLICADOS EN BREVE.
UNHA APERTA MOI FORTE DE PERECHO E A PROFE MARICRUZ.
AH,E RECORDOS DE PEPA PIG!

1 comentario:

MOITÍSIMAS GRAZAS POLOS VOSOS COMENTARIOS E POR SER SEGUIDORES DO NOSO BLOGUE.UNHA APERTA AFECTUOSA DE PERECHO E OS NENOS/AS DA PROFE MARICRUZ.