Generador de Texto Brillante

O OBXECTIVO DESTE BLOGUE.


ESTE BLOGUE NON PRETENDE SÓ SER UN ESCAPARATE DALGHUNAS ACTIVIDADES QUE SE FAN NA AULA, NIN UNHA REPORTAXE FOTOGRÁFICA DOS NENOS/AS QUE FORMAN PARTE DESTE BLOGUE,SENON UNHA FERRAMENTA DE TRABALLO DE AULA PARA MELLORAR O NIVEL DOS NOSOS RAPACES/RAPAZAS E OUTRA FERRAMENTA PARA QUE OS PAIS,DENDE AS SÚAS CASAS, POIDAN EDUCAR MILLOR ÓS SEUS FILLOS/AS EN COORDENACIÓN COA ESCOLA E AXUDARLLES A MERGULLARSE NESTE MUNDO APASIOANTE DAS NOVAS TECNOLOXÍAS,"O FUTURO".

UNHA APERTA AFECTUOSA DA PROFE MARICRUZ.

INFORMACIÓN ÁS FAMILIAS.

ESTE BLOGUE,POR DIVERSOS MOTIVOS,PASARÁ A SER UN REPOSITORIO DE RECURSOS PARA TRABALLAR NO AULA E NA CASA,DEIXANDO DE SER ESCAPARATE DAS ACTIVIDADES REALIZADAS NA AULA E NO CENTRO,E REPORTAXES FOTOGRÁFICAS.
SE ALGUNHA DAS FAMILIAS DOS NEN@S QUERE TER TODAS AS FOTOS DAS ACTIVIDADES E DOS SEU FILL@,POÑERASE EN CONTACTO COA PROFE MARICRUZ PARA PODELAS TER SEN SER PUBLICADAS EN INTERNET.
UNHA VEZ SOLVENTADOS OS IMPREVISTOS,VOLTARANSE A FACER PUBLICACIÓNS DE ENTRADAS NESTE BLOGUE.
GRAZAS POLA VOSA COLABORACIÓN.


XOGA E APRENDE NO NADAL,EN GALEGO,CASTELÁ E INGLÉS.

Se non sabes o significado dalgunha palabra galega...busca no Dicionario da Real Academia Galega

jueves, 10 de abril de 2014

GRANDES EXPERTOS NO NOSO PORCO CELTA.

DESPOIS DE DÓUS TRIMESTRES DE MOITÍSIMO TRABALLO DE INVESTIGACIÓN,FIXÉMONOS UNS AUTÉNTICOS EXPERTOS EN   "O NOSO PORCO CELTA",DENTRO DO PROXECTO XERAL DE CENTRO "GALICIA 365".
BUSCAMOS INFORMACIÓN,RECOPILÁMOLA,RESUMÍMOLA,APRENDÍMOLA,FIXEMOS TRABALLOS MOI INTERESANTES E BONITOS E ...,ADEMÁIS,FIXEMOS PARTÍCIPES DOS NOSOS COÑECEMENTOS A TÓDALA ESCOLA,POLO QUE,ADEMÁIS DO TRABALLO RECOPILATORIO QUE FIXEMOS CADA UN DE NÓS,FIXEMOS OUTRO,UN POUCO MÁIS EXTENSO,PARA QUE TÓDOLOS NEN@S APRENDERAN AS COUSAS QUE NÓS XA TÍÑAMOS MOI,PERO QUE MOI SABIDAS.
ESTE FOI O NOSO PRIMEIRO TRABALLO RECOPILATORIO E QUE CADA UN DE NÓS LEVAMOS Á NOSA CASA.

E ESTE É O TRABALLO QUE FIXEMOS PARA TÓDALA ESCOLA.


ELABORAMOS OS DECORADOS CON TEA VERDE PARA O CHAN DA TARIMA,
DEBUXOS E FOTOS POLO REDOR DA PANTAIA E ENTARIMADO,EXPOSITOR CON MOSTRAS DALGÚNS TRABALLOS NOSOS,BONECOS DE PORQUIÑOS TUNEADOS,DISTINTIVOS PARA OS NOSOS EXPERTOS E PARTE DO NOSO DISFRAZ DE ENTROIDO.

E AGORA UNHA PEQUENA ESCOLMA DE FOTOS DA EXPOSICIÓN DOS EXPERTOS,FEITAS COA CÁMARA DA PROFE MARICRUZ.

EXPOSICIÓN DOS EXPERTOS NO PORCO CELTA. 
 E AGORA AS QUE FIXO A PROFE ÁNGELA COA CÁMARA DA ESCOLA.



EN BREVE...O VÍDEO DA CONFERENCIA.
PERO NAMENTRES ESPERADES PODEDES DIVERTIRVOS CON ESTE QUEBRACABEZAS DUNHA PORQUIÑA E OS SEUS BACORIÑOS.
PODEDES XOGAR TÓDALA FAMILIA CAMBIANDO O NÚMERO DE PEZAS NA PARTE INFERIOR DO QUEBRACABEZAS.



QUEREMOS AGRADECER A COLABORACIÓN DA PROFE ÁNGELA COAS SÚAS FOTOS,AO PROFE DAMIÁN POLO VÍDEO E AS FOTOS COA CÁMARA DA PROFE MARICRUZ,AO PROFE JUÁN E Á PROFE BELÉN POLO SON E A TRANSICIÓN DAS DIAPOSITIVAS,Á PROFE MARY E Á PROFE OLGA POR AXUDAR Á PROFE MARICRUZ A LEVAR TÓDALAS COUSAS DO DECORADO ATA O AULA DE MÚSICA.
ESPERAMOS QUE VOS GUSTE E QUE APRENDADES UN POUQUIÑO MÁIS SOBRE ESTE FERMOSO E ESTUPENDÍSIMO ANIMAL GALEGO.

1 comentario:

  1. Fantástica exposición , con un montón de información , mucho trabajo pero mereció la pena, gracias profe Maricruz por enseñarnos tantas cosas :)

    ResponderEliminar

MOITÍSIMAS GRAZAS POLOS VOSOS COMENTARIOS E POR SER SEGUIDORES DO NOSO BLOGUE.UNHA APERTA AFECTUOSA DE PERECHO E OS NENOS/AS DA PROFE MARICRUZ.