Generador de Texto Brillante

O OBXECTIVO DESTE BLOGUE.


ESTE BLOGUE NON PRETENDE SÓ SER UN ESCAPARATE DALGHUNAS ACTIVIDADES QUE SE FAN NA AULA, NIN UNHA REPORTAXE FOTOGRÁFICA DOS NENOS/AS QUE FORMAN PARTE DESTE BLOGUE,SENON UNHA FERRAMENTA DE TRABALLO DE AULA PARA MELLORAR O NIVEL DOS NOSOS RAPACES/RAPAZAS E OUTRA FERRAMENTA PARA QUE OS PAIS,DENDE AS SÚAS CASAS, POIDAN EDUCAR MILLOR ÓS SEUS FILLOS/AS EN COORDENACIÓN COA ESCOLA E AXUDARLLES A MERGULLARSE NESTE MUNDO APASIOANTE DAS NOVAS TECNOLOXÍAS,"O FUTURO".

UNHA APERTA AFECTUOSA DA PROFE MARICRUZ.

INFORMACIÓN ÁS FAMILIAS.

ESTE BLOGUE,POR DIVERSOS MOTIVOS,PASARÁ A SER UN REPOSITORIO DE RECURSOS PARA TRABALLAR NO AULA E NA CASA,DEIXANDO DE SER ESCAPARATE DAS ACTIVIDADES REALIZADAS NA AULA E NO CENTRO,E REPORTAXES FOTOGRÁFICAS.
SE ALGUNHA DAS FAMILIAS DOS NEN@S QUERE TER TODAS AS FOTOS DAS ACTIVIDADES E DOS SEU FILL@,POÑERASE EN CONTACTO COA PROFE MARICRUZ PARA PODELAS TER SEN SER PUBLICADAS EN INTERNET.
UNHA VEZ SOLVENTADOS OS IMPREVISTOS,VOLTARANSE A FACER PUBLICACIÓNS DE ENTRADAS NESTE BLOGUE.
GRAZAS POLA VOSA COLABORACIÓN.


XOGA E APRENDE NO NADAL,EN GALEGO,CASTELÁ E INGLÉS.

Se non sabes o significado dalgunha palabra galega...busca no Dicionario da Real Academia Galega

sábado, 16 de mayo de 2015

FESTA DOS MAIOS NA ESCOLA E LETRAS GALEGAS 2015.

ONTE,VENRES,CELEBRAMOS,NA NOSA ESCOLA, A FESTA DOS MAIOS E AS LETRAS GALEGAS 2015,QUE COMO SABEDES ESTÁ ADICADO ESTE ANO A
 XOSÉ M. FILGUEIRA VALVERDE.

DESPOIS DE ESTAR A TRABALLAR ,DURANTE DÚAS SEMANAS,ESTES DÓUS TEMAZOS TAN IMPORTANTES PARA A NOSA CULTURA GALEGA,IMOS  MOSTRARVOS AS ACTIVIDADES MÁIS SINALADAS.
LETRAS GALEGAS 2015
DIFERENTES ACTIVIDADES SOBRE A FIGURA DE 
XOSÉ M. FILGUEIRA VALVERDE.

ACTIVIDADES ON-LINE SOBRE A VIDA E OBRA.

PODEDES FACER ,NA CASA, MULTITUDE DE ACTIVIDADES,POR NIVEIS,NO SEGUINTE ENLACE DO "SEMINARIO GALÁN" QUE,COMA SEMPRE,PROPOÑEN UNHA MOREA DE MATERIAIS PARA TRABALLAR A FIGURA DO NOSO AUTOR HOMENAXEADO.
PREMEDE NA SINATURA PARA COMEZAR.
PASARÉDELO FENOMENAL E APRENDEREDES MOITAS COUSAS.
COUSAS QUE ELES XA SABEN.
CONFECCIÓN DO CADERNO INDIVIDUAL.

MODELO DE CADERNO COMPLETO.


SABÍADES QUE XOSÉ FILGUEIRA FIXO UN ESTUDO SOBRE OS MAIOS EN GALIZA?
SE QUEREDES SABER SOBRE ESTA OBRA,EXISTE UN BLOGUE MOI INTERESANTE,"OS LIBROS DE ÁNGEL CASAL", QUE PODEDES CONSULTAR PREMENDO NA IMAXE DO LIBRO.
ADEMÁIS DE FACER UNHA ESCOLMA SOBRE CANTIGAS E COPLAS TÍPICAS DOS MAIOS,COMA ESTA.
SE PREMEDES NA IMAGE, PODÉDELA VER MÁIS GRANDE.
NÓS TAMEN CANTAMOS COPLAS NA NOSA FESTA.
É A DE TÓDOLOS ANOS.
"LEVÁNTATE MAIO"
TAMEN FIXEMOS UNS RETRATOS DO AUTOR.
XA VEREDES QUÉ BOS ARTISTAS TEMOS.



O NEN@S DE RELIXIÓN FIXERON ,COA PROFE MERCE,UN SEPARADOR DE FOLLAS PLASTIFICADOS.


 FESTA DOS MAIOS NA NOSA AULA E NA ESCOLA.
REPASAMOS O QUE É UN MAIO,COMO SE FAN E OS TIPOS DE MAIOS E OUTRAS MANIFESTACIÓNS COMO AS CRUCES E AS MAIAS.
PODEDES CONSULTAR ESTE TEMA NOUTRAS ENTRADAS,NESTE BLOGUE,SOBRE OS MAIOS.
CONFECCIÓN DA GRINALDA PARA O MAIO.
REALIZÁMOLA DE PAPEL POIS TEMOS ALGÚNS NEN@S ALÉRXICOS.


CONFECCIÓN DE GRINALDAS PARA AS CABEZAS DAS NENAS.


CONFECCIÓN DOS DISTINTIVOS.

PREMIOS AOS MELLORES OVOS DE PASCUA.
1º PREMIO AO MELLOR OVO DE PASCUA DA ESCOLA PARA A NOSA ALBA.
OS SEUS OVOS FORON INDULTADOS E NON SE PUXERON NO MAIO.
1º PREMIO DE AULA PARA ANTÍA.
HOUBO AGASALLOS PARA AS DÚAS.
FOI UNHA DECISIÓN MOI COMPLICADA PARA O XURADO,POIS TODOS ERAN PRECIOSOS.
PARABÉNS ÁS DÚAS!

E AGORA,A CONFECCIÓN DO MAIO,COPLAS,HIMNO GALEGO,BAILE DAS FITAS E PASEO DO MAIO.
PREMEDE NESTA FERMOSA FOTO E VEREDES ESTA BONITA REPORTAXE.
XA SABEDES QUE PODEDES DESCARGAR AS FOTOS NOS VOSOS PCs.
UNHA APERTA E UN BICO PARA TÓDOLOS NOSOS SEGUIDORES.

3 comentarios:

  1. Hola son Antia, quero dar as grazas por o meu premio de ovos , fíxome moita ilusión :) . Estes días aprendín moitas cousas , sobre as Letras Gallegas e Os Maios

    ResponderEliminar
  2. Xenial o traballo dos maios ! Unha aperta.

    ResponderEliminar
  3. Unhas fotos preciosisimas! Saides todos moi guapos! E qué ben o pasades, eh?

    ResponderEliminar

MOITÍSIMAS GRAZAS POLOS VOSOS COMENTARIOS E POR SER SEGUIDORES DO NOSO BLOGUE.UNHA APERTA AFECTUOSA DE PERECHO E OS NENOS/AS DA PROFE MARICRUZ.