Generador de Texto Brillante

O OBXECTIVO DESTE BLOGUE.


ESTE BLOGUE NON PRETENDE SÓ SER UN ESCAPARATE DALGHUNAS ACTIVIDADES QUE SE FAN NA AULA, NIN UNHA REPORTAXE FOTOGRÁFICA DOS NENOS/AS QUE FORMAN PARTE DESTE BLOGUE,SENON UNHA FERRAMENTA DE TRABALLO DE AULA PARA MELLORAR O NIVEL DOS NOSOS RAPACES/RAPAZAS E OUTRA FERRAMENTA PARA QUE OS PAIS,DENDE AS SÚAS CASAS, POIDAN EDUCAR MILLOR ÓS SEUS FILLOS/AS EN COORDENACIÓN COA ESCOLA E AXUDARLLES A MERGULLARSE NESTE MUNDO APASIOANTE DAS NOVAS TECNOLOXÍAS,"O FUTURO".

UNHA APERTA AFECTUOSA DA PROFE MARICRUZ.

INFORMACIÓN ÁS FAMILIAS.

ESTE BLOGUE,POR DIVERSOS MOTIVOS,PASARÁ A SER UN REPOSITORIO DE RECURSOS PARA TRABALLAR NO AULA E NA CASA,DEIXANDO DE SER ESCAPARATE DAS ACTIVIDADES REALIZADAS NA AULA E NO CENTRO,E REPORTAXES FOTOGRÁFICAS.
SE ALGUNHA DAS FAMILIAS DOS NEN@S QUERE TER TODAS AS FOTOS DAS ACTIVIDADES E DOS SEU FILL@,POÑERASE EN CONTACTO COA PROFE MARICRUZ PARA PODELAS TER SEN SER PUBLICADAS EN INTERNET.
UNHA VEZ SOLVENTADOS OS IMPREVISTOS,VOLTARANSE A FACER PUBLICACIÓNS DE ENTRADAS NESTE BLOGUE.
GRAZAS POLA VOSA COLABORACIÓN.


XOGA E APRENDE NO NADAL,EN GALEGO,CASTELÁ E INGLÉS.

Se non sabes o significado dalgunha palabra galega...busca no Dicionario da Real Academia Galega

domingo, 5 de junio de 2016

A PRIMAVERA NA AULA E NA ESCOLA:OS MAIOS E LETRAS GALEGAS.



PEQUENOS TRABALLIÑOS DE PRIMAVERA NA NOSA AULA NA ESCOLA.


*TRABALLO GRUPAL TIC COA PDI:"BENVIDA PRIMAVERA"
*DECORACIÓN DA NOSA AULA.

*OBSERVACIÓN DIRECTA DA NOSA CONTORNA:PAXAROS,PRANTAS E INSECTOS,COMO AS ABELLAS,FORMIGAS E GRILOS,CAMBIOS METEOROLÓXICOS...
ESTUDO DO CUCO,HÁBITAT E MODO DE VIDA,ENLAZADO CO TEMA DAS LETRAS GALEGAS .
ESTUDO DAS FLORES:PAMPILLOS,RELACIONADOS COS MAIOS,E A AMAPOLA,FLOR ELEXIDA POR ELES.
*CONFECCIÓN  DOS SOBRES INFORMES DO 2º TRIMESTRE.

*CONFECCIÓN PORTADAS DE TRABALLOS 2º TRIMESTRE.
*DISTINTIVOS CAMISETAS MAIOS.
* CONFECCIÓN DE COROAS DE FLORES,CON GOMA EVA,TROQUELADOS E GOMETS.
PEDÍRONSE,COMO TRABALLO DE CASA,A CONFECCIÓN DUNHA COROA CON FLORES QUE NON FORAN NATURAIS POI TEMOS NEN@S ALÉRXICOS NA AULA.COMO ALGUNHAS FAMILIAS ESQUECÉRONSE DESTE DETALLE,CONFECCIONÁRONSE,NA AULA,COROAS PARA OS QUE NON AS TROUXERON.
*CONFECCIÓN DAS GRINALDAS PARA O MAIO,CON FLORES DE PAPEL PARA QUE OS NEN@S ALÉRXIC@S POIDAN PARTICIPAR.


*CONFECCIÓN, NA AULA,DE COELLIÑOS DE PASCUA E CREATIVIDADE A TOPE,COAS NOSAS FAMILIAS,NA CONFECCIÓN DE OVOS DE PASCUA PARA LOGO DECORAR O NOSO MAIO.
OS GAÑADORES,ELEXIDOS POR UN XURADO,SERÍAN INDULTADOS E PREMIADOS NA CELEBRACIÓN DOS MAIOS NA NOSA ESCOLA.
TODOS FORON PRECIOSOS E A PARTICIPACIÓN,EXCELENTE.
A NOSA AULA LEVOU A MEDALLA DE PRATA COA GRANXA DE RODRIGO.
A ENTREGA DOS PREMIOS VERÉMOLA MÁIS ADIANTE NA CELEBRACIÓN DOS MAIOS.
MIRADE QUE PRECIOSIDADE DE OVOS.


COELLIÑOS E OVOS DE PASCUA 16 - Kizoa Editar Videos - Movie Make

*HOMENAXE A MANUEL MARIA",AUTOR DAS LETRAS GALEGAS 2016.
 


O CUCO”

CU-CU,CU-CU,CU,CU,

 
CU-CU,CU-CU...

O cuco, cuco, cuqueiro
 
o cuco, cuco, cucón.
 
Madrugón e cantareiro
 
cantareiro e madrugón.

Oise pola carballeira
 
ao vello cuco souril
 
ao nacer a primavera
 
entre o Marzo e o Abril.

O cuco, cuco, cuqueiro...
 

Polas mañás ben cediño
 
o cuco canta: cu- cu.
 
 Como o teño por veciño
 
eu trato o cuco de tú!


O cuco, cuco, cuqueiro
 
o cuco, cuco, cucón.
 
Madrugón e cantareiro
 
cantareiro e madrugón.



CU-CU,CU-CU,CU,CU,

CU-CU,CU-CU...

 MOITO ENSAIAMOS A CANTIGA!
SAÍUNOS FENOMENAL!
CAMBIAMOS UN POUCO A LETRA E PUXÉMOSLLE A MÚSICA DA FEDERACIÓN CORAL GALEGA,POIS AXÚSTASE MELLOR AOS NEN@S QUE A DE SUSO BAAMONDE.
COMO MOSTRA...UN CACHIÑO VAI!

AS FAMILIAS QUE QUEIRAN O VIDEO ENTEIRO PODEN PEDIRLLO Á PROFE MARICRUZ.
SE QUEREDES SABER AS COUSAS QUE SABEN OS VOSO FILL@S DEO AUTOR E OS TRABALLOS ON-LINE QUE FIXERON,PREMEDE NA SEGUINTE IMAXE.
http://seminariogalan.org/inicio/portada/actividades/
CONFECCIÓN DUN SEPARADOR DE FOLLAS DE MANUEL MARÍA.

*SABEDES O QUE É UN MAIO?

Maios from Equipo de ENDL
GRAZAS POLO MARABILLOSO TRABALLO DO CEIP DE VENTÍN.

OS NOSOS MAIOS.
POIS MIRADE OS QUE FIXERON OS VOSOS FILL@S.
CON ELES TRABALLAMOS MATEMÁTICAS,LINGUA GALEGA,PLÁSTICA... 
 

OS NOSOS MAIOS 16 - Kizoa Editar Videos - Movie Maker
E AGORA,UNHA ESTUPENDA ESCOLMA DE FOTOS DO DÍA DOS MAIOS NA ESCOLA,COLOCACIÓN DA GRINALDAS,BAILE DAS FITAS,PROCESIÓN DO MAIO,CANTOS DOS MAIOS ,ENTREGA DE AGASALLOS OVOS PREMIADOS,HOMENAXE A MANUEL MARÍA E HIMNO GALEGO.
XA SABEDES QUE PODEDES DESCARGAR AS FOTOS E COMENTARVOS TAMÉN,QUE TEDES MÁIS FOTOS NO BLOGUE DE PICOLINDO.


MAIOS E LETRAS GALEGAS 2016 - Kizoa Editar Videos - Movie Maker
COMO VEDES ,TRABALLAMOS MOITÍSIMO,E INCLUSO MÁIS COUSAS DAS QUE APARECEN NESTA ENTRADA.
PRONTO DESPEDIREMOS Á PRIMAVERA E DARÉMOSLLE A BENVIDA AO VERÁN.
UNHA APERTA DOS NEN@S DE 3 ANOS,PERECHO E A PROFE MARICRUZ.

2 comentarios:

  1. Cantas cousas trae consigo a primaveira. Como me gustan as florciñas que estades a preparar para os traballos do trimestre jejeje. Gracias profe pola tua imaxinación.
    Que bonita a canción do cuco cantada polos nenos. Quedou moi ben. E cada un co seu instrumento. Precioso.
    *Por certo, menudo traballo tivo que darche esta entrada no blogue. Grazas como sempre polo teu tempo.
    Familia López Canda.
    Un bico

    ResponderEliminar
  2. ¡Cuánto trabajo y qué bonito! Qué bonita canción del cuco cuqueiro. ¡Menudos artistas! Un saludo.

    ResponderEliminar

MOITÍSIMAS GRAZAS POLOS VOSOS COMENTARIOS E POR SER SEGUIDORES DO NOSO BLOGUE.UNHA APERTA AFECTUOSA DE PERECHO E OS NENOS/AS DA PROFE MARICRUZ.