Generador de Texto Brillante

O OBXECTIVO DESTE BLOGUE.


ESTE BLOGUE NON PRETENDE SÓ SER UN ESCAPARATE DALGHUNAS ACTIVIDADES QUE SE FAN NA AULA, NIN UNHA REPORTAXE FOTOGRÁFICA DOS NENOS/AS QUE FORMAN PARTE DESTE BLOGUE,SENON UNHA FERRAMENTA DE TRABALLO DE AULA PARA MELLORAR O NIVEL DOS NOSOS RAPACES/RAPAZAS E OUTRA FERRAMENTA PARA QUE OS PAIS,DENDE AS SÚAS CASAS, POIDAN EDUCAR MILLOR ÓS SEUS FILLOS/AS EN COORDENACIÓN COA ESCOLA E AXUDARLLES A MERGULLARSE NESTE MUNDO APASIOANTE DAS NOVAS TECNOLOXÍAS,"O FUTURO".

UNHA APERTA AFECTUOSA DA PROFE MARICRUZ.

INFORMACIÓN ÁS FAMILIAS.

ESTE BLOGUE,POR DIVERSOS MOTIVOS,PASARÁ A SER UN REPOSITORIO DE RECURSOS PARA TRABALLAR NO AULA E NA CASA,DEIXANDO DE SER ESCAPARATE DAS ACTIVIDADES REALIZADAS NA AULA E NO CENTRO,E REPORTAXES FOTOGRÁFICAS.
SE ALGUNHA DAS FAMILIAS DOS NEN@S QUERE TER TODAS AS FOTOS DAS ACTIVIDADES E DOS SEU FILL@,POÑERASE EN CONTACTO COA PROFE MARICRUZ PARA PODELAS TER SEN SER PUBLICADAS EN INTERNET.
UNHA VEZ SOLVENTADOS OS IMPREVISTOS,VOLTARANSE A FACER PUBLICACIÓNS DE ENTRADAS NESTE BLOGUE.
GRAZAS POLA VOSA COLABORACIÓN.


XOGA E APRENDE NO NADAL,EN GALEGO,CASTELÁ E INGLÉS.

Se non sabes o significado dalgunha palabra galega...busca no Dicionario da Real Academia Galega

sábado, 31 de diciembre de 2011

FELÍZ ANINOVO 2.012.


LEMBRÁDEVOS QUE...
 AETRAVI (Asociación de Empresarios Das Travesas),repartirá,esta noite, uns 2.500 cotillóns, que inclúen as tradicionais uvas da sorte, amenizada pola "Orquestra Marimba" e a discoteca móbil" Space Music e Os Seus Gogos"ata as cinco da mañá. Contará cunha carpa xigante por se o tempo non acompaña.
Hoxe se lle permite ós pequenos/as da casa que queden un pouquiño máis espertos.
É  NOITEVELLA.!



jueves, 29 de diciembre de 2011

OS REIS MAGOS RECIBIRON XA A CARTA DE PERECHO.

PARÉCEME QUE COMO PERECHO PORTOUSE,ESTE ANO,BASTANTE BEN,OS REIS MAGOS 
SERÁN XEROSOS CON ÉL E LLE VAN TRAER XOGUETES E LIBROS.
SE QUEREDES FALAR CON ELES,COMO PERECHO,DECÍDELLES ÓS VOSOS PAIS,QUE PIQUEN NO ENLACE,  QUE POÑO DE SEGUIDO,  E ASÍ PODEREDES POÑERVOS EN CONTACTO CON ELES DIRECTAMENTE.
TEDES QUE FACELO COS VOSOS PAIS PORQUE...COMO ESTÁN TAN LONXE...NON É FÁCIL CONTACTAR CON ELES.

MOITOS BIQUIÑOS DE PERECHO E A PROFE MARICRUZ.

miércoles, 28 de diciembre de 2011

A CARTA ,ÓS REIS MAGOS,DA PROFE MARICRUZ.

A PROFE MARICRUZ FIXO UNHA CARTA, MOI ESPECIAL,ÓS REIS MAGOS.
CONTOULLES QUE A CÁMARA QUE HABÍA NA CLASE, QUE ERA DA PROFE, COA QUE VÓS FACÍADES FOTOS, ESCACHARROUSE DO USO, E PEDÍULLES UNHA NOVA PARA OS NENOS/AS.
COMO A PROFE FOI MOI BOA E VÓS TAMÉN,Ó MILLOR...
E CONFORMÁMONOS CUNHA COMA ESTA OU MÁIS BARATEIRA,QUE ESTAMOS EN CRISE...
NON SABEMOS...
TEMOS QUE ESPERAR.
DE TÓDOLOS XEITOS, GRAZAS DE ANTEMÁN POLO ESFORZO QUE FACEDES,SENDO TAN VELLIÑOS, POR LEVAR AGASALLOS A TÓDOLOS NENOS/AS DO MUNDO.
PROMETEMOS SER  MOI BOS PARA O 2.012.
UN BICO DOS NENOS/AS DE 5 ANOS,PERECHO E MARICRUZ.
MANUEL,PAPÁ DE NICO,QUE TES MOITO ENCHUFE COS REIS,CONVÉNCEOS DE QUE NOS FAI FALLA A MÁQUINA DE FOTOS.
DE SEGURO QUE TÍ ,QUE ERES MOI CONVINCENTE,FARÁS POSIBLE O NOSO DESEXO.
GRAZAS,Ó PAPÁ DE NICO,POR FALAR DIRECTAMENTE CON ELES.
NON VOS ESQUEZADES DE CONSULTAR O APARTADO,NO NOSO BLOGUE,  DE"VIGO-OCIO E CULTURA", PARA ASISTIR A TÓDOLOS EVENTOS DE NADAL DA NOSA CIDADE E  PODER MIRAR A CABALGATA DE REIS, VIGOLANDIA E AS ATRACCIÓNS NAS TRAVESAS, CONCURSO DE BELÉNS,...

XA SABEDES QUE PODEDES VARIAR O NÚMERO DE PEZAS E XOGAR TÓDALA FAMILIA.

FELÍZ ANIVERSARIO,UNAI.



O VENRES PASADO,UNAI,CELEBROU O SEU ANIVERSARIO COS SEUS AMIGUIÑOS/AS,  PERO ANTES CELEBROUNO CON TODOS OS SEUS COMPAÑEIROS/AS DA CLASE.

MOITAS FELICIDADES!
XA TES 5 ANOS.
QUE MAIOR!
E QUEREMOS AGASALLARTE CUNHA  POSTAL,ASINADA POR TODOS/AS,E UNHA FELICITACIÓN MOI ESPECIAL.

QUE SEXAS MOI FELÍZ NESTAS FESTAS!
UN BIQUIÑO DE PERECHO, DOS TEUS COMPAÑEIROS/AS E DA PROFE MARICRUZ.

lunes, 26 de diciembre de 2011

GRAZAS Á NAI DE MANU PORQUE...

...AXUDA Á PROFE MARICRUZ A PREPARAR O ENTROIDO.
É UNHA SORPRESA.
SO QUEREMOS CONTARVOS QUE BEGOÑA,A NAI DE MANU, AXUDA Á PROFE A FACER
OS PREPARATIVOS DO NOSO ENTROIDO.
COMO SABEDES,AS PROFES NON DISPOÑEN, AGORA, DE TEMPO PARA FACER AS MESMAS COUSAS QUE FACÍAN FAI ANOS, XA QUE TEÑEN SEMPRE CLASE E SEN ESTA AXUDA NON SE PODERÍA FACER O NOSO DISFRAZ.
POR ISO,OS NENOS/AS DE 5 ANOS ,QUEREMOS FACERLLE UN AGASALLO POLAS SÚAS NOITES DE TRABALLO E O SEU INTERESE POR AXUDARNOS.
GRAZAS ,BEGOÑA.

BEGOÑA, ERES FANTÁSTICA.
MANU TEN MOITA SORTE DE TER UNHA NAI COMA TI.
GRAZAS POR FACER AS MALETAS DO ENTROIDO PARA O DISFRAZ DE TODOS/AS, E BUSCAR AS BÓINAS E PANOS PARA OS NOSOS DISFRACES.
MOITAS GRAZAS DE PARTE DE TODOS/AS E DA PROFE MARICRUZ.

jueves, 22 de diciembre de 2011

POR FIN,A FESTA DE NADAL!

Onte foi un día de festa!!
É unha magoa que non poidéramos compartilo coas familias.
Na educación Infantil o día comezou coa visita do APALPADOR, os disfraces de RODOLFO, a cantiga con todos os nen@s de educación Infantil. Logo ... a CHOCOLATADA, despois o recreo, vimos a película de RODOLFO e o final, para despedir o ano 2011, fomos comer as 12 uvas da sorte ó ritmo das badaladas.

Felíz aninovo 2.012 para tod@s!!


Se queredes ver o ben que cantamos a cantiga de"RODOLFO,O RENO"todos os nen@s de Educación Infantíl, baixo a batuta da profe Maricruz,preme no play.





Festexa con nós o aninovo, comendo as 12 uvas da sorte!! 
Mira que ben o pasamos todos os nen@s da escola do Rocío!!




E AGORA UNHA PRECIOSA ESCOLMA DE FOTOS DOS NENOS/AS DE 5 ANOS.
FESTA DE NADAL NA AULA DE 5 ANOS.maricruz.

FESTA DE NADAL NA ESCOLA. maricruz.

UN BICO MOI,MOI FORTE DE PERECHO E A PROFE MARICRUZ.
ATA MOI PRONTO!

domingo, 18 de diciembre de 2011

PARA TÓDOLOS NENOS/AS ROMANESES DA NOSA ESCOLA.


O NADAL EN ROMANÍA
A tradición máis importante de Romanía é que os nenos vaian de casa en casa cantando panxoliñas e recitando poesías e lendas durante a tempada do Nadal. O líder leva unha enorme estrela de madeira denominada steaua, que está cuberta con papel brilante e decorada con campás e cintas de cores.
Unha pintura da Sacra Familia está pegada no centro da estrela e todo isto colócase sobre o pau que suxeita quen o leva. O que máis gusta sobre os Nadais deste país é o espírito do Nadal que se sente no aire,todos esquécense dos problemas de todo un ano, a ilusión dos nenos ao recibir un agasallo, non piden cousas, porque alí hai pobreza ,confórmanse co que sexa.
Antes de todo, as nais adoitan preparar COZONAC unha clase de panee- toné, ou algo así, que é un pan doce,  recheo de crema de chocolate e noces, e que os nenos esperan con impaciencia que o saque do forno para probalo quente. Faio nun forno ao lume de leña. Despois preparan o xantar, que como aquí, ten que ser especial, xa que toda a familia reúnese  nas casas. Pasteis caseiros e preparados específicos de carne de porco que se mata unha semana antes de Nadal, cunha clase de ritual moi antigo, unha tradición que se gardou durante séculos. E a noite antes de Nadais, todos os nenos do pobo van a todas as casas do pobo a cantar panxoliñas, para que todos teñan sorte no aninovo.Dábanselles a troque noces e roscas, e voltaban a casa así pola mañá, conxelados pero contentos, cun saquiño cheo de agasallos doces.Toda esa noite o pobo énchese do canto e das risas dos nenos.O día de Nadal van todos á igrexa, e alí está case todo o pobo ,a xente non colle toda dentro.
Logo, todos volven ás súas casas e poñen a mesa porque os fillos van visitar ós seus pais con netos e sobriños, xúntase toda a familia, do máis vello ao máis pequeniño, e as festas continúan ata a noite.A xente bota moito de menos esta tempada a atmosfera de felicidade e de festa de alí.Tamén  adornan a árbore de Nadal, con doces e bolas, luces e xoguetes, se hai nenos na casa, isto faise a noite antes de Nadal.Os agasallos non son cousas caras, pero para os nenos son o mellor do mundo xa que os trouxo o vello Papa Noël ou San Nicolás, depende da relixión que profesen.
Todo é alí diferente, a xente pásao mellor, dado que se poden permitir cousas así só tres veces ao ano: de Nadais, noite vella e pascuas.
Alí o Nadal celébrase algo diferente.O Nascemento do Neno Xesús, é unha tolemia de xente correndo en procura de agasallos, mesas festivas e pouco máis. Noutros países ortodoxos, como Bulgaria, Romanía ou Grecia, o que se conmemora e, no día 6,  o bautismo de Cristo, mentres o Nadal é o 25 de decembro como en Occidente. En Romania, en Chipre e  Grecia, os popes, ademáis, van de casa en casa e bendín os fogares con albahaca mollada en auga bendita. Os romaneses, ortodoxos, non poñen o belén nin celebran o día de Reis. No seu caso, é San Nicolás o que, o 24 de decembro, chega cargado de agasallos. 
E AGORA,UNHA PRECIOSA PANXOLIÑA POPULAR DE ROMANÍA.


CRACIUN FERICIT SI UN AN NOU FERICIT!

viernes, 16 de diciembre de 2011

UN BELÉN VIVINTE NA AULA DE RELIXIÓN.

ONTE,OS NENOS/AS DE RELIXIÓN ,FIXERON UN BELÉN VIVINTE COA PROFE MERCE.
ELES PENSABAN QUE EU NON OS MIRABA ,PERO ESTABA AGOCHADO,COMA SEMPRE,DETRÁS DA CHALANA.
A QUE ESTÁN GUAPÍSIMOS/AS?







GUSTARÍAME FACER DE NENO XESÚS NUN BELÉN VIVINTE,PERO TAPÁNDOME AS MIÑAS ORELLAS DE PUNTA,JI,JI...
BIQUIÑOS,PERECHO.
Unidade didactica nadal PARA TÓDALAS EDADES.(Preme no enlace)Seguro que os maiores aprenderán cousas que non sabían.

QUE É PARA TÍ A FELICIDADE?,E LEDICIA ,NA AULA, POLA NOVA PDI.



Durante o mes de novembro e decembro reflexionamos sobre a LEDICIA  e a FELICIDADE.
 Este sentimento esperta en nós sensacións agradables e de benestar. Descubrimos que a felicidade non é unha meta senón o camiño por percorrer así que sendo OPTIMISTAS lograremos sentir máis veces a FELICIDADE.
Durante esta semana, os nen@s que quixeron participar, contáronnos que é para eles a felicidade...
Grazas a todos os rapaces por compartir as súas emocións e os mestres Juan e Cris por axudar a realizar este bonito agasallo...



"ESTAMOS FELICES COA NOSA PDI NA CLASE".