O NADAL EN ROMANÍA
A tradición máis importante de Romanía é que os nenos vaian de casa en casa cantando panxoliñas e recitando poesías e lendas durante a tempada do Nadal. O líder leva unha enorme estrela de madeira denominada steaua, que está cuberta con papel brilante e decorada con campás e cintas de cores.
Unha pintura da Sacra Familia está pegada no centro da estrela e todo isto colócase sobre o pau que suxeita quen o leva. O que máis gusta sobre os Nadais deste país é o espírito do Nadal que se sente no aire,todos esquécense dos problemas de todo un ano, a ilusión dos nenos ao recibir un agasallo, non piden cousas, porque alí hai pobreza ,confórmanse co que sexa.
Antes de todo, as nais adoitan preparar COZONAC unha clase de panee- toné, ou algo así, que é un pan doce, recheo de crema de chocolate e noces, e que os nenos esperan con impaciencia que o saque do forno para probalo quente. Faio nun forno ao lume de leña. Despois preparan o xantar, que como aquí, ten que ser especial, xa que toda a familia reúnese nas casas. Pasteis caseiros e preparados específicos de carne de porco que se mata unha semana antes de Nadal, cunha clase de ritual moi antigo, unha tradición que se gardou durante séculos. E a noite antes de Nadais, todos os nenos do pobo van a todas as casas do pobo a cantar panxoliñas, para que todos teñan sorte no aninovo.Dábanselles a troque noces e roscas, e voltaban a casa así pola mañá, conxelados pero contentos, cun saquiño cheo de agasallos doces.Toda esa noite o pobo énchese do canto e das risas dos nenos.O día de Nadal van todos á igrexa, e alí está case todo o pobo ,a xente non colle toda dentro.
Logo, todos volven ás súas casas e poñen a mesa porque os fillos van visitar ós seus pais con netos e sobriños, xúntase toda a familia, do máis vello ao máis pequeniño, e as festas continúan ata a noite.A xente bota moito de menos esta tempada a atmosfera de felicidade e de festa de alí.Tamén adornan a árbore de Nadal, con doces e bolas, luces e xoguetes, se hai nenos na casa, isto faise a noite antes de Nadal.Os agasallos non son cousas caras, pero para os nenos son o mellor do mundo xa que os trouxo o vello Papa Noël ou San Nicolás, depende da relixión que profesen.
Todo é alí diferente, a xente pásao mellor, dado que se poden permitir cousas así só tres veces ao ano: de Nadais, noite vella e pascuas.
Alí o Nadal celébrase algo diferente.O Nascemento do Neno Xesús, é unha tolemia de xente correndo en procura de agasallos, mesas festivas e pouco máis. Noutros países ortodoxos, como Bulgaria, Romanía ou Grecia, o que se conmemora e, no día 6, o bautismo de Cristo, mentres o Nadal é o 25 de decembro como en Occidente. En Romania, en Chipre e Grecia, os popes, ademáis, van de casa en casa e bendín os fogares con albahaca mollada en auga bendita. Os romaneses, ortodoxos, non poñen o belén nin celebran o día de Reis. No seu caso, é San Nicolás o que, o 24 de decembro, chega cargado de agasallos.
E AGORA,UNHA PRECIOSA PANXOLIÑA POPULAR DE ROMANÍA.
CRACIUN FERICIT SI UN AN NOU FERICIT!
No hay comentarios:
Publicar un comentario
MOITÍSIMAS GRAZAS POLOS VOSOS COMENTARIOS E POR SER SEGUIDORES DO NOSO BLOGUE.UNHA APERTA AFECTUOSA DE PERECHO E OS NENOS/AS DA PROFE MARICRUZ.