INFORMACIÓN ÁS FAMILIAS.
ESTE BLOGUE,POR DIVERSOS MOTIVOS,PASARÁ A SER UN REPOSITORIO DE RECURSOS PARA TRABALLAR NO AULA E NA CASA,DEIXANDO DE SER ESCAPARATE DAS ACTIVIDADES REALIZADAS NA AULA E NO CENTRO,E REPORTAXES FOTOGRÁFICAS.
SE ALGUNHA DAS FAMILIAS DOS NEN@S QUERE TER TODAS AS FOTOS DAS ACTIVIDADES E DOS SEU FILL@,POÑERASE EN CONTACTO COA PROFE MARICRUZ PARA PODELAS TER SEN SER PUBLICADAS EN INTERNET.
UNHA VEZ SOLVENTADOS OS IMPREVISTOS,VOLTARANSE A FACER PUBLICACIÓNS DE ENTRADAS NESTE BLOGUE.
GRAZAS POLA VOSA COLABORACIÓN.
POR FIN,A FESTA DE NADAL!
Onte foi un día de festa!!
É unha magoa que non poidéramos compartilo coas familias.
Na educación Infantil o día comezou coa visita do APALPADOR, os disfraces de RODOLFO, a cantiga con todos os nen@s de educación Infantil. Logo ... a CHOCOLATADA, despois o recreo, vimos a película de RODOLFO e o final, para despedir o ano 2011, fomos comer as 12 uvas da sorte ó ritmo das badaladas.
Felíz aninovo 2.012 para tod@s!!
Se queredes ver o ben que cantamos a cantiga de"RODOLFO,O RENO"todos os nen@s de Educación Infantíl, baixo a batuta da profe Maricruz,preme no play.
Festexa con nós o aninovo, comendo as 12 uvas da sorte!!
Mira que ben o pasamos todos os nen@s da escola do Rocío!!
E AGORA UNHA PRECIOSA ESCOLMA DE FOTOS DOS NENOS/AS DE 5 ANOS.
UN BICO MOI,MOI FORTE DE PERECHO E A PROFE MARICRUZ.
ATA MOI PRONTO!
A mama e o papa de Lola queren desexarvos a todos e todas bo Nadal e un vindeiro ano cheo de felicidade e ilusión.
ResponderEliminar