Generador de Texto Brillante

O OBXECTIVO DESTE BLOGUE.


ESTE BLOGUE NON PRETENDE SÓ SER UN ESCAPARATE DALGHUNAS ACTIVIDADES QUE SE FAN NA AULA, NIN UNHA REPORTAXE FOTOGRÁFICA DOS NENOS/AS QUE FORMAN PARTE DESTE BLOGUE,SENON UNHA FERRAMENTA DE TRABALLO DE AULA PARA MELLORAR O NIVEL DOS NOSOS RAPACES/RAPAZAS E OUTRA FERRAMENTA PARA QUE OS PAIS,DENDE AS SÚAS CASAS, POIDAN EDUCAR MILLOR ÓS SEUS FILLOS/AS EN COORDENACIÓN COA ESCOLA E AXUDARLLES A MERGULLARSE NESTE MUNDO APASIOANTE DAS NOVAS TECNOLOXÍAS,"O FUTURO".

UNHA APERTA AFECTUOSA DA PROFE MARICRUZ.

INFORMACIÓN ÁS FAMILIAS.

ESTE BLOGUE,POR DIVERSOS MOTIVOS,PASARÁ A SER UN REPOSITORIO DE RECURSOS PARA TRABALLAR NO AULA E NA CASA,DEIXANDO DE SER ESCAPARATE DAS ACTIVIDADES REALIZADAS NA AULA E NO CENTRO,E REPORTAXES FOTOGRÁFICAS.
SE ALGUNHA DAS FAMILIAS DOS NEN@S QUERE TER TODAS AS FOTOS DAS ACTIVIDADES E DOS SEU FILL@,POÑERASE EN CONTACTO COA PROFE MARICRUZ PARA PODELAS TER SEN SER PUBLICADAS EN INTERNET.
UNHA VEZ SOLVENTADOS OS IMPREVISTOS,VOLTARANSE A FACER PUBLICACIÓNS DE ENTRADAS NESTE BLOGUE.
GRAZAS POLA VOSA COLABORACIÓN.


XOGA E APRENDE NO NADAL,EN GALEGO,CASTELÁ E INGLÉS.

Se non sabes o significado dalgunha palabra galega...busca no Dicionario da Real Academia Galega

viernes, 28 de septiembre de 2012

QUE FACEMOS NA NOSA AULA?



ORGANIZACIÓN :ACTIVIDADES-HORARIO.
RESUMO DE RUTINAS FUNDAMENTAIS E ORGANIZACIÓN DE ACTIVIDADES QUE SE DESENVOLVEN NA TITORIA DE 4º DE ED. INFANTÍL.
*9h-9,15h:
-Saudo e conversa curta cos nenos/as e as familias.
-Facendo un”Pupo”(fila,colocada enriba da raia azul) despedímonos das familias e imos cara ó aula.
Os nenos/as irán sempre coas mochilas nas costas.
-Colocación das mochilas na cesta sita ao carón dos percheiros.
-Abotoado do mandilón.Os nenos/as que van rematando van entrando no aula e  séntanse onde prefiran.

*9,15h-9,30h:
-Poñemos ,en Pupo, o día da semana e pegamos o imán do tempo meteorolóxico que vai ,facendo un comentario do estado do ceo pola fiestra.Se procede cantamos a canción de “sol,soliño...”.
-Exercicios temporais :Hoxe fai,hoxe é,onte foi…
-Escribimos o día da semana ,en maiúsculas,no encera-do dicindo que neno/a  ten,na súa etiqueta co nome e foto, as letras que aparecen no nome do día.
*9,30h-9,50h:
-Asamblea:
.Que fixemos onte na escola?Que fixemos coas nosas familias e amigos/as onte pola tarde?Que almorzamos esta mañá?Que faremos hoxe?...
.Falamos de cousas que xurden e que nese momento son do noso interese ou do neno/a,como por exemplo algún xoguete ou outro obxecto,pranta ou animal que aporte o neno/a da súa casa.
.A Sorpresa:As veces ,a profe ou Perecho ,introducen unha sorpresa,no recanto correspondente,como obxecto introductorio e motivador cara algunha actividade .
*9,50h-10,40h:
-Conto,linguaxe oral,comprensión do texto,actividades grafomotoras…(Gran grupo,pequeno grupo e individuais)
-Recollida e limpeza do material.
*10,40h-10,50h:Cantamos a canción de “Pinpon”.Lembramos como temos que lavar as mans según o protocolo sanitario.
Lavámos as mans antes de merendar,por quendas de mesas.

*10,50h-11,30h: Merenda
-Cando cada neno/a ten as súas mans limpas,antes de sentarse,colle o seu vaso e a súa mochila da cesta ,quita a súa merenda e coloca a mochila colgada detrás da súa cadeira.
.Moitas veces aprovéitase a hora da merenda para a realización de actividades diversas cos alimentos:degustacións,características,clasificacións…

11,20h-11,30h:
-Limpamos as culleres,lavamos a cara e as mans e limpamos as mesas cos panos amarelos.
Facemos un “Pupo” e saímos ao patio exterior.
Se vai moito sol poñeranse as viseiras e se vai frío poñeranse os abrigos,nunca lubas ,gorros ou bufandas.
As bufandas son perigosas no patio.
-Deixarase só aberta a porta exterior do aula da mestra de ed. Infantil que teña garda de patio,pechando a porta interior do aula con chave.Deste xeito os nenos/as poden acceder,sen dificultade, ao baño.
*11,30 h-12h:Recreo.
-Actividades no patio exterior ou na entrada cuberta,dependendo do tempo meteorolóxico.
Unhas veces serán libres,outras dirixidas ou suxeridas polos propios nenos/as.Entre estas actividades estarán:xogos de auga,are(cando teñamos o areeiro),xogos populares,psicomotricidade…
Os nenos/as poderán facer as actividades individualmente,en pequeno grupo ou en gran grupo.
-11,50h-12h:Soa o chiflo e”A recoller ,a ordear todas as cousiñas no seu lugar…”.Formación das filas po ringleiras diante das portas de aula exteriores respectivas o unas ringleras pintadas de cores ,da porta principal de infantil,cando chova. .Os nenos/as de 3 anos forman un “Pupo”.
*12h-12,20h:Hora de ler e descansar.
-Sentámos nas nosas cadeiras e,por quendas de mesas,imos beber e lavar as mans seguindo o protocolo.
-Resolución de conflictos,en asamblea,xurdidos durante o recreo.
-Dous recantos:Despois do aseo personal e resoltos os conflictos,cada neno/a elixe entre dous recantos:a biblioteca de aula e o do descanso,situado no chan de cores.Apáganse as luces.
Poñerase unha música de fondo “Cantos de berce” ou outra música relaxante.
-Actividades de respiración e relaxación no recanto do descanso:cos nenos/as deitados cos coxíns  faremos,se están moi excitados,actividades como encherse coma globos,desencherse,tornámonos invisibles pouco a pouco,somos bonecos de trapo,…
.Se non hai clases con algún especialista de seguido,estos dous recantos alongaranse no tempo o suficiente como para que os nenos/as estean o máis relaxados posible para poder facer actividades na seguinte sesión.
-Soa a campá e “A recoller,a ordear,todas as cousiñas no seu lugar”.
*12,20h-13,10h
Actividades de traballo ou de xogo, libres ou dirixidas  por recantos ou obradoiros.
-Cada neno/a escollerá un recanto ou obradoiro de traballo ou de xogo,levando o control das etiquetas de cada neno/a pegadas nos velcros de cada recanto ou obradoiro,sempre na procura de que non repitan os mesmos nenos/as no recanto do día anterior.Esta información sábese porque quedan pegadas as etiquetas  nos recantos ou obradoiros.O número de nenos/as por recanto ou obradoiro non excederá de tres ou catro.
-13h-13,10h:Soa a campá e”A recoller ,a ordear,todas…”Recollida  e limpeza dos materiais empregados nos recantos ou obradoiros.
*13,10h -14h:
-13,10h-13,20h:Asamblea posta en común dos traballos realizados nos recantos ou obradoiros e comentario das actividades ou o xogo.
-13,20h-13,40h:Acividades en gran grupo.
.Cancións,bailes,xogos de psicomotricidade,perceptivo-motoras,expresióncorporal,experimentación-acción,
lóxico-matemáticas,representación e dramatización de situacións,expresión oral…
.Se se alongaran calqueira das sesións anteriores por necesidades do grupo clase ou por ter que facer a merenda despois do recreo,no caso que haxa especialistas antes do mesmo,esta sesión non se faría ou se faría de menor duración.
.Asamblea e comentario do realizado en tódala xornada escolar.
-13,40h-13,55h:
Dentro da aula quitámonos os mandilóns, dándolle a volta ás mangas.
Cada neno/a, según remate,encamíñase ó percheiro e colga o mandilón,pon a chaqueta ou outras prendas,cólgase a mochila nas costas,entra no aula e séntase ata que esteamos todos preparados.Os de comedor só terán que quitarse o mandilón e colgalo no percheiro,facer unha ringleira e sentarse coas costas na parede de enfrente ao aula ata que os recollan as coidadoras do comedor.

-13,55h-14h:Facemos o “Pupo”(fila) e saimos do aula.Os que comen na casa serán despedidos un por un e entregados ás persoas que veñan a recollelos ,sempre tendo en conta a lista pegada na parede,onde aparecen os nomes  das persoas autorizadas.

A QUE NON PENSÁBADES QUE OS VOSOS FILL@S FACÍAN TANTAS COUSAS?


AH!
E MOITAS FELICIDADES A ARMANDO E IYÁN,POIS XA TEÑEN 3 ANOS.

Unha aperta afectuosa de Perecho e a profe Maricruz.

viernes, 21 de septiembre de 2012

REMATOU O PERÍODO DE ADAPTACIÓN.


ESTE CURSO FOI MOI CURTO O PERÍODO DE ADAPTACIÓN PARA OS NOSOS NENOS/AS DE 3 ANOS.A PESARES DE TODO APRENDIMOS MOITAS COUSAS:OS NOMES DOS NOSOS PROFES,DOS NOSOS COMPAÑEIROS/AS,DOS MATERIAIS DA AULA,MOITAS RUTINAS...E SEGUIREMOS APRENDENDO E APRENDENDO.QUÉDANOS MOITO CAMIÑO POR PERCORRER JUNTOS.
PERECHO E MARICRUZ QUEREN DAR AS GRAZAS ÁS FAMILIAS POLA SÚA COLABORACIÓN NESTE PERÍODO TAN COMPLICADO.
ESTAMOS MOI SATISFEITOS, POIS NON HAI CASE PLANTOS E OS NENOS/AS ENTRAN E SAEN MOI CONTENTOS DA ESCOLA A PESARES DE TAN CURTA ADAPTACIÓN.
AÍNDA ASÍ,MÁIS ADIANTE,PODEN XURDIR ALGUNHAS DIFICULTADES.
DEIXAMOS O PP DA REUNIÓN XERAL DE XUÑO COAS FAMILIAS,PARA QUE POIDADES CONSULTALO SE XURDE ALGUNHA DÚBIDA.
XA SABEDES QUE OS PROFES ESTAMOS EIQUÍ PARA AXUDARVOS EN TÓDOLO QUE PRECISEDES.



TAMÉN VOS DEIXAMOS UNHA ESCOLMA DE IMAXES SOBRE OS DÓUS DÍAS NOS QUE ESTIVERON TÓDOLOS GRUPOS XUNTOS.
POR FIN XA TODOS NA NOSA AULA!
PASÁMOLO FENOMENAL!MIRADE,MIRADE!

OS NENOS/AS DE 3 ANOS QUEREMOS DAR AS GRAZAS Á PROFE BELÉN(PROFE DE PEDAGOXÍA TERAPÉUTICA) ,Á PROFE Mª OLGA (PROFE DE AUDICIÓN E LINGUAXE)E Á COIDADORA,MARGARITA,POR AXUDAR Á PROFE MARICRUZ NESTES DÍAS.
UN BIQUIÑO MOI FORTE PARA TODOS/AS, DOS NEN@S DE 3 ANOS E A PROFE MARICRUZ.

jueves, 20 de septiembre de 2012

FORA,CHUPETES E BIBERÓNS!

DURANTE AS ENTREVISTAS COAS FAMILIAS DOS NEN@S NOV@S A PROFE MARICRUZ DESCUBRIU QUE ALGÚNS DELES AÍNDA USAN BIBERÓN E CHUPETE.
ESO NON É DOADO AOS TRES ANOS,POLO QUE... EIQUÍ VAI INFORMACIÓN PARA AXUDAR ÁS FAMILIAS NO MENESTER DE BOTALOS FORA DA VIDA DOS SEUS FILL@S,POIS XA NON OS PRECISAN E SO PODEN SER,DAGORA EN DIANTE,PERXUDICIAIS.


O PRIMEIRO QUE SE DEBE COÑECER SOBRE O  USO DO BIBERÓN E O CHUPETE.

Hábito de succión (chupete, pulgar ou outros dedos)
O hábito de succión que presentan os nenos pequenos débese a un reflexo natural que temos os seres humanos e que xa estaba presente no seu fillo cando aínda se atopaba no útero materno. Trátase de algo completamente normal, e ata san. Non hai motivo para sentirse preocupado porque o seu fillo faga iso. O desexo de chupar está relacionado coa capacidade de supervivenza, xa que lle permite alimentarse e crecer. Tamén ten outras funcións relacionales, porque en realidade, trátase, non só dunha estratexia da natureza para dotarnos de capacidades de adquisición de alimentos, senón tamén dun medio de contacto coa contorna e unha forma de aprender cousas sobre o mundo que nos rodea, cando somos pequenos,o sexa,antes dos dóus anos.

Posto que é un mecanismo reflexo, é fácil observar que permanece succionando, ata logo de terminar a toma, e ata poderemos apreciar nas primeiras semanas, que succiona en calquera momento que se lle pon algo na boca. É un erro frecuente interpretar isto como falta de achegue na alimentación do neno. 

Os bebés experimentan unha sensación de seguridade derivada da succión. Esta reláxalles e tranquiliza. Debemos ter en mente que cando un bebe, ou un neno pequeno esta realizando chupeteo continuo ou succionando, esta obtendo unha sensación pracenteira, reconfortante, e proporcionadora de seguridade. Por este motivo, non se lle debe forzar a interromper ese chupeteo. De feito, este efecto relaxante do chupeteo é tal que permanece moito máis alá dos primeiros meses de vida, cando o reflexo de succión xa non é necesario na súa función nutricional.

De todos os xeitos, todo ten o seu punto de sentido común, e tampouco se debe interpretar que non se pode quitar do peito a un lactante que leva moito tempo mamando, por temor a causarlles algún prexuízo. Hai que comprender que, ao tratarse dun mecanismo reflexo, un bebé pode quedar ,enchufado ao peito, succionando de forma interminable, ata moito intre logo de haberse durmido, pola propia inercia do mecanismo reflexo que permite a succión. Non hai ningún beneficio, do que prive vostede ao seu fillo, por apartalo do peito nesa situación, que ademais pode resultar esgotadora para vostede (e ao seu fillo non lle serve de nada que a súa mamá esgótese de forma innecesaria). Unha posible excepción a isto sería a fase de establecemento da lactación (os primeiros quince días de vida), onde é importante que a succión ao peito sexa a demanda.
A maior parte dos nenos abandona os hábitos de succión antes dos DOUS anos, sen que se ocasionen danos permanentes. 

OUTROS HÁBITOS PREXUDICIAIS RELACIONADOS COS ANTERIORES
Caries precoces da dentición de leite: Carie do biberón?
Moitos nenos pequenos satisfán o desexo de chupeteo, succionando continuamente un biberón ou dando sorbitos repetidos e continuos dun vaso. Isto nunca é recomendable, aínda que non adoita resultar prexudicial se o contido do recipiente utilizado é, simplemente auga. Se se trata de bebidas azucaradas, de zumes ou de leite - biberóns no primeiro ano de vida- pon, entón, ao seu fillo nunha situación de alto risco de presentar carie de forma masiva na dentición de leite.
Un escenario frecuente que pon a un neno en risco de desenvolver carie do biberón é, precisamente, o costume de usar un biberón para que quede durmido succionando. Esta é unha malísima costume que se debe desterrar.
Canto maior tempo teña na boca o recipiente utilizado para a succión e canto maior sexa o contido en carbohidratos da bebida que conteña, mais motivos para estar preocupados.

Danos e problemas a longo prazo motivados polas caries do biberón:
Esta destrución extensa da dentición de leite pode causar serios problemas na dentición definitiva. Hai que recordar que os dentes de leite están bastantes anos na boca, non só cando somos nenos pequenos. Durante moito tempo coincidirán na boca do neno maior, dentes de leite e dentes definitivos. As carie do biberón poden causar problemas na aliñación e noutros aspectos da dentición definitiva.

POTENCIAIS PROBLEMAS DERIVADOS DESTES HÁBITOS
EFECTOS POTENCIAIS, NEGATIVOS E POSITIVOS, DO HÁBITO DE USO DO CHUPETE E O BIBERÓN.


Efectos sobre a saúde dental: 
As situacións de succión enérxica e chupeteo continuado, tanto do chupete como do pulgar ou outros dedos, son hábitos que poden causar, como consecuencias, deformidades na boca e impedimento ao correcto aliñamento das pezas dentarias. Isto é o esperable en nenos que están todo o día co chupete na boca, ata cando corren e xogan.
Se o hábito non é tan enérxico e limítase a algunhas situacións concretas do día, o normal é que non cause ningún prexuízo permanente e que se consiga unha correcta mordida, sempre que o hábito desapareza antes do inicio da erupción dos dentes permanentes (cara aos 5 anos). Nestes casos de succión menos vigorosa e máis ocasional, practicamente sempre vai ocorrer que o neno conseguirá unha mordida correcta, se o hábito desapareceu antes dos 3 anos. 
En calquera dos casos, se o hábito aínda se mantén cara aos 3 anos de idade, ímonos a atopar cunha variada clase de problemas: 
- Os dentes centrais inferiores desvíanse cara a dentro, mentres que os dentes centrais superiores sepáranse e desvían facía fóra. 
-Se deforma e estreita o teito da boca. 
-As arcadas dentarias, inferior e superior, se desajustan e perden a aliñación correcta. Prodúcense as denominadas mordidas alteradas, aberta ou cruzada. Canto máis se prolongue no tempo o hábito de succión, maior será este efecto deformante.
Todo isto trae en consecuencia problemas na linguaxe oral. 
Chupete e lactación maternal. Interferencia e efecto sobre a duración da lactación ao peito:
O principal problema do uso do chupete parece consistir en causar dificultades no período de instauración da lactación (dúas ou tres primeiras semanas de vida). A introdución do chupete antes de finalizar este período pode reducir a motivación do bebe para lactar así como causar outros desaxustes. Non parece, con todo, que ao uso do chupete durante a lactación xa establecida póidaselle responsabilizar de abandonos precoces ou dunha menor duración da lactación materna.

Influencia do chupete na frecuencia de infeccións do oído: 
Parece quedar demostrado que o uso do chupete constitúe un factor de risco para o desenvolvemento de otitis media. Con todo, hai que puntualizar que se trata dun factor de risco máis entre outros moitos, e, desde logo, non un dos máis influentes de entre todos os descritos.
A responsabilidade do uso do chupete no aumento do número de episodios de otitis será maior canto mais prolongado e frecuente sexa o uso do mesmo.

EFECTOS POTENCIAIS DO HÁBITO DE SUCCIÓN DO PULGAR
Son similares aos debidos aos descritos para o uso prolongado do chupete. Con todo, no caso do pulgar ou outros dedos, tamén hai que ter en conta os danos no propio dedo, como callosidades, ulceras e infeccións de feridas locais.

Succión do pulgar fronte a hábito de uso do chupete.Que pode ser máis prexudicial?:
Os efectos sobre a dentición e formación da boca non son moi distintos, dependendo de se o obxecto do chupeteo é o chupete ou algún dedo do neno. Con todo as seguintes son diferenzas entre ambas as situacións:
-O hábito de uso do chupete é moito máis fácil de interromper. Sobre o chupete, os pais sempre terán máis control que sobre o uso do dedo. O chupete sempre se poderá tirar ao lixo e dicirlle que desapareceu “misteriosamente”. O dedo, pola contra, sempre o terá a man (nunca mellor devandito).
-Os chupetes resultan ser obxectos de succión máis blandiños e causan menos dano aos dentes, sobre todo se a elección do chupete é correcta (ver máis abaixo). 
-O recubrimiento do chupete permite aliviar a tensión exercida sobre os dentes. 
-Os chupetes poden lavarse enerxicamente, todas as veces que faga falta. 


RECOMENDACIÓNS ACTUAIS E PROBABLE INTERVENCIÓN PARA MODIFICAR O HÁBITO DE SUCCIÓN DO PULGAR
Os seguintes son algúns consellos para axudar e estimular ao seu fillo a que abandone o hábito de chuparse o dedo:
- Non lle castigue pola práctica do chupeteo do dedo. Hai que usar a estratexia oposta, é dicir trátase de proporcionar reforzo positivo felicitándolle e premiándolle cunhas maiores atencións cando non o estea facendo. Cando se decida a diminuír o hábito, hai que recompensarlle cada día que consiga ter éxito no intento. 
- Para o neno que quere abandonar o hábito, resulta ás veces útil envolverlle o dedo cunha tirita que lle servirá de recordatorio de que debe deixar de chuparse o dedo. Pode aceptar tamén porse unha luva durante o soño nocturno. 
- Cando o seu fillo teña suficiente idade para comprender os posibles resultados do hábito, pódeselle informar sobre o que lle pode pasar aos seus dentes e á súa boca se continúa chupándose o dedo. Esta explicación é moi efectiva se é o pediatra ou o dentista o que fala co neno en termos que el poida entender. Este consello informativo, xunto co apoio claro e constante dos pais, consegue que a maioría dos nenos abandonen o hábito. Se isto non dá resultado, probablemente fará falta consultar co dentista para exporse outras solucións e valora a repercusión do mantemento do hábito. 

CONSELLOS PARA A RETIRADA DO CHUPETE:
-A idade ideal para retirar activa e definitivamente o chupete é cara aos 3 anos. Previamente, xa na segunda metade do primeiro ano débese comezar a limitar progresivamente o seu uso. No segundo ano convén ter restrinxido o recurso ao chupete a só algunhas situacións, como cando se vaia á cama ou en situación de moita tensión emocional. 
-Non esta demostrado que resulte mellor unha retirada paulatina ou unha brusca.
-Nunca recorra a castigos ou medidas humillantes para forzar ao seu fillo a abandonar o hábito do chupete. Reprender a un neno maiorciño por usar o chupete, dificulta a súa retirada definitiva. Encomie ao seu neno cando logre deixalo definitivamente. Festéxeo e móstrenlle o orgullo que nos produce o que vaia facéndose maiorciño. Recorde, utilice sempre estes reforzos positivos. 
- Procure facer participe ao seu fillo na decisión de abandonar o chupete. Intente involucralo ofrecéndolle, por exemplo, que elixa entre diferentes posibilidades, manifestándonos as súas preferencias. Pódeselle expor para que elixa entre tiralo ao lixo, envialo á casa dos avoíños, deixalo unha noite baixo a cama para que o colla o ratoncito Pérez, implicar a algún familiar (por exemplo o padriño), para que lle propoña un trueque e tróquello por algún xoguete ou regalito etc. (¡Use a súa imaxinación!). 
-Como explicamos anteriormente, nos nenos maiorciños, moitas veces funciona moi ben que o pediatra ou dentista explíquelle o que lle pode pasar á súa boca, e o “ fea “ que se lle pode quedar, se se segue usando moito tempo o chupete. 
-Permítalle que exprese os seus sentimentos e preocupacións nas situacións en que máis adoita recorrer ao chupete. Estean especialmente atentos cando pareza enfadado ou preocupado por algo. Préstenlle moita atención e procuren proporcionarlles consolo e agarimo. 
-Se tras conseguir que abandone o chupete, o seu fillo volve acordarse del nos días seguintes e pídeo de novo (cousa que probablemente ocorra). Sexa firme. Recórdelle que xa non hai chupete, e que o xa creceu e non usa esas cousas. 
-Cando pretendamos conseguir que un neno maiorciño deixe de usar o chupete, hai que intentar pescudar porque pode estar necesitando usalo. Hai que intentar pescudar se existen situacións que o teñan preocupado ou acontecementos da contorna que lle supoñan unha tensión emocional. Non teremos éxito se intentamos quitar o chupete sen axudarlle con estes problemas para os cales o neno se esta refuxiando no hábito, tranquilizador para el, do uso do chupete. Intente pescudar a que preocupacións está enfrontándose. Algúns nenos recorren ao hábito de chupeteo para, simplemente, reclamar atención. 

ESTOS SON OS CONSELLOS ,DA PROFE MARICRUZ, POLO BEN DO VOSO FILLO/A.
NON SON UNHA IMPOSICIÓN.SON OS PAIS/NAIS OS QUE DECIDEN,PERO PENSADE QUE A COMODIDADE DE HOXE PODE SER O PROBLEMA E INCOMODIDADE DE MAÑÁ.

Un saúdo afectuoso da profe Maricruz.

sábado, 15 de septiembre de 2012

ESTREAMOS COLE NOVO,GRAZAS AO EQUIPO DIRECTIVO E AOS PROFES.

Grazas ao equipo directivo que dende o 20 de agosto ,durante as vacacións,sen remuneración económica e só cun obxectivo,os rapaces,e co traballo duro do resto do profesorado,facendo tarefas como se fósemos dunha empresa de mudanzas...,conseguimos que o noso cole novo abrise as súas portas o 12 de setembro.
Grazas a tódolos profes por facer posible esta miragre en tan pouco tempo e sen axuda da administración educativa,grazas ao equipo directivo porque ,a pesares das trabas da dministración,conseguístedes que nós fósemos felices e tivésemos todo preparado ao comezo do curso e grazas ao conserxe,Kike,por traballar tanto para ter todo preparado o día sinalado.
A ESCOLA PÚBLICA É MARAVILLOSA  GRAZAS AO TRABALLO INCONDICIONAL DOS PROFESORES E PROFESORAS,COIDADORES,CONSERXES...
Se queredes mirar a transformación da nosa escola...


Xa estamos os nenos/as novos,da profe Maricruz,supercontentos de estar no Cole Rocío,na escola nova e cos novos compañeiros/as.Mirade que ben o pasamos,nesta primeira semana,na clase da profe Maricruz,xa somos maiores e imos o cole do Rocío para aprender mogollón.
Mirade,mirade...!


ESTAMOS SUPERCONTENTOS DE ESTAR NESTE COLE E CON ESTES PROFES!
A PROFE MARICRUZ E PERECHO DAN A BENVIDA AOS RAPACES E RAPAZAS NOV@S CO DESEXO DE QUE SEXAN MOI FELICES E APRENDAN A SER UNHAS PERSOAS MARAVILLOSAS DESENVOLVENDO TÓDALAS SÚAS CAPACIDADES.

jueves, 16 de agosto de 2012

CARTA DE ADRIÁN E MIGUEL.



PARA A NOSA SORPRESA,O PROPÓSITO DE SILVIA XURDIU EFECTO E O DÍA SIGUINTE,ADRI E MIGUEL ANIMÁRONSE A CONTAR AS SÚAS VACACIÓNS  AOS SEGUIDORES  DO NOSO BLOGUE.FÍXONOS MOITA ILUSIÓN RECIBIR A CARTA.
PEIXIÑO,ADRI.
MIGUEL E ADRI,DÓUS PEIXIÑOS POR SAMIL

Ola Maricruz e Perecho!. Como estades?. Nós estámolo pasando moi ben,como sabes después do campamento de Samil, onde nos vimos(foto que fixo a profe Maricruz,e publicada en entradas anteriores). Agora estamos no campamento do Museo do Mar todo este mes. Moitas veces, ao saír ímonos de picnic e comemos cos nosos pais e avoa nos piñeiros e seguimos xogando na piscina. Tamén fixemos novos amigos no parque, ao que imos todos os dias, e pasámolo fenomenal!. 
Chegamos a casa rendidos..... 
Mandámosche unhas fotos e un vídeo de Miguel cantando á súa familia.
Unha aperta moi forte e un bico para os dóus.
Miguel e Adrián.
BENVIDO AO CLUBE DOS QUE LEVAMOS LENTES.
ESTÁS GUAPÍSIMO,ADRI.E TÍ TAMÉN ,MIGUEL
QUE CANS MÁIS BONITIÑOS!
SON VOSOS?

E AGORA UN VIDEO DO SUPERCOMPOSITOR QUE IMPROVISA,"MIGUEL",CANTANDO Á SÚA FAMILIA ,CON ACOMPAÑAMENTO DE GUITARRA.MOI BEN ,MIGUEL!
MOITAS GRAZAS POLA VOSA CARTA E UN BIQUIÑO MOI,MOI FORTE PARA VÓS E A VOSA FAMILIA.
PERECHO E MARICRUZ.

lunes, 13 de agosto de 2012

CARTA DE SILVIA.


Boas noites Maricruz, que tal andas?. 
Por aquí ben .Como vexo que os meus compañeiros/as esquecéronse de enviarche cousas das súas vacacións, vou ser eu a primeira e tentar que outros se animen.
Estou a gozar do verán, día a día,a pesar de que o tempo
non acompaña demasiado. 

Comecei bailando en Portugal no festival de “Dancerveira”,
che envio un par de fotos, un baile de ratiña do baile de Ratatuille e outro 
da canción da Eurocopa “Gol”.

Estou a xogar na praia ou o monte, todos os días, cos meus irmáns. Ademáis, este 
verán, experimentei unha nova sensación, facer travesías. 
Foi en A Guarda e nadei 400 metros,  gañando unha medalla e un trofeo.

Nos próximos días iremos a un parque de atraccións ,pero
xa che enviaremos as fotos. Goza do verán.

Por certo,un besazo moi forte para ti e para tódolos meus compañeir@s da escola.
SILVIA.
Moitas grazas pola tua carta,guapísima!.
Segue a gozar das túas vacacións e non te esquezas de que te queremos moitísimo.
Moitos biquiños para tí e para a túa familia,de Perecho e a profe Maricruz.

sábado, 21 de julio de 2012

OS MARISCOS DA RÍA DE VIGO COS NOMES AUTÓCTONOS.



A profe Maricruz,con case 3 anos.
CANDO EU ERA PEQUENIÑA,TÓDOLOS NENOS/AS DE VIGO SABÍAMOS OS NOMES DE TÓDOLOS SERES VIVOS QUE ATOPÁBAMOS NAS NOSAS PRAIAS E XOGÁBAMOS CON MOITOS DELES NOS NOSOS CALDEIRIÑOS  CHEOS DE AUGA, CON CRANGREXOS ,AMEIXAS,ERMITAÑOS...E VOLTANDO O CONTIDO DELES O MAR,DE NOVO,PARA QUE NON MORRERAN E SEGUIR ASÍ GOZANDO DELES.AGORA,OS NOSOS FILLOS/AS SABEN MOI POUCO DELES,POR ISO UN DOS EMPEÑOS DA PROFE MARICRUZ E QUE OS SEUS RAPACIÑOS SAIBAN MOITAS COUSAS SOBRE O MAR DE VIGO E ASÍ APRECIARÁN A SÚA BELEZA, RIQUEZA E O RESPEITO AO MAR E AS SÚAS CRIANZAS.
A RÍA DE VIGO É A NOSA VIDA E SE NON A RESPEITAMOS NON NOS RESPEITAREMOS A NÓS MESMOS. PARA ISO TEMOS QUE COÑECELA.
A ESENCIA DA NOSA RÍA É A ESENCIA DE SER VIGUÉS.
A PROFE FIXO ESTA ESCOLMA DE ANIMAIS MARIÑOS DA RÍA.
PODEDES APRENDER DESTA PRESENTACIÓN E ASÍ RECOÑECELOS NAS NOSAS PRAIAS.

 
 NON SABEDES A SORPRESA DA PROFE MARICRUZ AO MIRAR,NA PRAIA DE SAMÍL,A MIGUEL E ADRIÁN,NO CAMPAMENTO DE VERÁN.NESTA FOTO ESTÁN COA SÚA MONITORA DO CAMPAMENTO.
FOI UNHA GRAN SORPRESA E MOITOS,MOITOS BIQUIÑOS E APERTAS DE LEDICIA VOARON POLA PRAIA.
LEMBRADE QUE PODEDES MANDAR AS VOSAS FOTOS DE VACACIÓNS,TANTO OS NENOS/AS DESTE CURSO COMO OS NOVOS ALUMNOS/AS DE 3 ANOS QUE VAI TER A PROFE MARICRUZ,DESTE XEITO ÍMONOS COÑECENDO TODOS,OS ANTIGOS ALUMNOS E OS NOVOS.
UNHA APERTA DE PERECHO E MARICRUZ.

lunes, 9 de julio de 2012

CAL É A ORIXE DE QUE OS PEREGRINOS LEVEN UNHA CUNCHA DE VIEIRA?


SABEDES QUE O NOSO COLE ESTÁ SITUADO EN "BOUZAS".
OS NENOS/AS DA PROFE MARICRUZ,INVESTIGARON O QUE PASOU FAI MOITO,MOITO TEMPO NA SÚA PRAIA,FIXEMOS UNHA PÁXINA DA NOSA REVISTA ESCOLAR CON ESTA LENDA TAN BONITIÑA E DEBUXAMOS A MIRAGRE TAL E COMO A IMAXINARON OS RAPACES.
Aquí tedes a lenda,traducida do castelá antigo.
Cuenta una vieja leyenda que:
Cuando traían a Galicia el Cuerpo del Apóstol Santiago “…pasado Portugal, ya en las costas de Galicia, en un lugar llamado Bouzas que está enfrente de las Islas de Baiona se celebraba una boda entre una hermosa dama y un gentilhombre. Jóvenes y de muy importantes y señaladas familias.
La familia del novio procedía de Amaia, en el Reino de Galicia. Era hijo de la Reina Claudia Lupa, hija de Cayo Julio César y de su primera mujer Cornelia a la cual dejó en España en su segunda venida.
Su padre era Lobo Lobesio, Señor del castillo Lupario junto a Padrón, y al cual el Emperador Augusto hizo Régulo de Galicia.
El hijo de ambos Lobesio Rivano estaba celebrando sus bodas con Caya Valeria, hija de Caya Lobia y de Puctonio Marcelo en el hermoso lugar llamado Bouzas, situado en mitad de la Ría de Vigo, justo enfrente de las Islas Baiona, que fue el lugar elegido para celebrar la boda.
Uno de los entretenimientos de la boda, además de música, danzas y justas era competir a diversos juegos como “ abofardar”, juego en el que los señores, montados a caballo, lanzaban al aire sus cañas, bofardas o lanzas, teniendo que recogerlas al galope de sus caballos antes de que cayesen al suelo.
Cuando llegó el turno del novio, éste lanzó su bofarda y, mientras esperaba su caída, observó cómo el viento desviaba  súbitamente su trayectoria dirigiéndola hacia la Ría. El Caballero azuzó su caballo para no perder la lanza en el mar y, en su desesperado intento, lo que consiguió finalmente fue hundirse en el agua con su caballo y desaparecer.
A medida que el tiempo transcurría y la desesperación de todos aumentaba, vieron acercarse una barca luminosa que se dirigía hacia el punto donde había desaparecido el novio y su caballo.
Cuando ya todos lo daban por muerto,
 ¡ sucedió el gran milagro !. Al paso de la barca luminosa, el Caballero emergió milagrosamente de las aguas con sus ropas y caballo cubiertos de Conchas de Vieira.
Atónito y confundido por los hechos ocurridos, el Caballero dirigió su mirada hacia los tripulantes de la nave quienes, emocionados, alzaron sus ojos al cielo exclamando:
“-Verdaderamente quiere Jesucristo manifestar su poder delante de ti y de aquellos que están en esta tierra, para bien y honra de éste, su vasallo, que llevamos en esta nave para darle cristiano enterramiento. Nuestro señor Jesucristo quiso mostrar a través de ti, a los presentes y a los futuros,que quien a éste su vasallo quieran amar y servir, deberán visitarlo allí donde fuese enterrado llevando conchas como esas de las que tú estás cubierto, como sello de privilegio. Él, a cambio, les ofrecerá que el Día del Juicio Final sean reconocidos por Dios como vasallos suyos, y por la honra que le hicieron a su vasallo y amigo Santiago al visitarlo y reverenciarlo, los resucitará en su Santa Gloria y Paraíso”.
Después de escuchar a los discípulos, el Caballero pidió que lo bautizasen y regresó a la playa donde se reunió con su novia y les contó a los presentes lo ocurrido.
Se había Instituido la Viera como símbolo del Peregrino y Sello de Salvación.
A NOSA PÁXINA ,DA REVISTA ESCOLAR,FAI UN RESUMO,EN GALEGO,DESTA LENDA.

MIRADE QUE TRABALLOS MÁIS BONITOS FIXERON OS NEN@S DA PROFE MARICRUZ COA MÚSICA DE FONDO DA OBRA DE MARTÍN CÓDAX"ONDAS DO MAR DE VIGO",POETA E BARDO DA IDADE MEDIA QUE CANTOU AO NOSO MAR,E FOTOS DA VILA DE BOUZAS.

AGORA APAREZO EU,PERECHO,NA PRAIA DE BOUZAS.ESTO NON É UNHA  MIRAGRE, SENON COUSA DO ORDENADOR DA PROFE MARICRUZ.
A QUE É GUAI ESTA LENDA?
A QUE NON SABÍADES ESTO?
POIS É QUE SEMPRE TEMOS COUSAS  NOVAS QUE APRENDER.
NON VOS ESQUEZADES QUE ESTA FIN DE SEMANA SON AS FESTAS DE BOUZAS CUNS FOGOS ESPECTACULARES.
ESTAS FESTAS ESTÁN CONSIDERADAS DE INTERESE TURÍSTICO E OS FOGOS SON RETRANSMITIDOS POLA TELEVISIÓN DE GALICIA.
SE NON PODEDES ESTAR ,MIRÁDELAS,O DOMINGO  NOITE,POLA TVG .
SE QUERES SABER O PROGRAMA COMPLETO DAS FESTAS,PREME NA FOTO DO SEU PREGOEIRO ILUSTRE,O EXFUTBOLISTA DO R.C CELTA DE VIGO, DO REAL MADRID E A SELECCIÓN ESPAÑOLA,MICHEL SALGADO.
Michel Salgado,cidadá ilustre de Vigo,e para nós,o mellor lateral dereito,ao que queremos e admiramos moitísimo todos,grandes e pequenos.
MOITOS BIQUIÑOS,PERECHO E A PROFE MARICRUZ.

sábado, 23 de junio de 2012

ACTIVIDADES FIN DE CURSO 2012 DOS NENOS/AS DE 5 ANOS.



O xoves,os nenos/as de 5 anos convidaron a tódolos nenos/as de ed. infantíl ,como despedida.Co diñeiro das familias mercáronse unha chea de larpeiradas.Os nenos/as de 5 anos confeccionaron un precioso mantel para o evento e decoraron o aula con globos de cores.Temos que destacar que o aula está un pouco destartalada pois estamos de mudanza ao cole novo.Con moita música,baile e larpeiradas,pasamos un ratiño moi divertido.

Despois do gran xantar,os mellores lectores da clase ,o sexa,os que utilizaron máis a biblioteca da escola,tiñan moitos piqueuros polo que trocáronlos por libros no mercadillo de Picolindo.

Como a profe Maricruz non podía dispor do tempo necesario para facer os preparativos da festa de graduación,a maioría das familias axudáronna moitísimo:mercaron os materiais para facer as togas,confeccionaron os traxes,mercaron os agasallos para os rapaces,fixeron a montaxe da orla,revelaron as fotos dos marquiños,fixeron o decorado dos globos...e o pai de Tristán,durante as vacacións,preparará dóus dvds para cada familia, con tódalas fotos e vídeos deste curso,polo que se non poideches asistir ó evento,non vos preocupedes,teredes todo á volta de vacacións.
Grazas a todos/as pola axuda pero en especial ás nais de Manuel,Xián,Iago e Noa,e ao papá de Tristán pois foron os que levaron máis traballo nesta fermosa festa.

Durante tódala cerimonia de graduación visualizouse un power point,elaborado pola profe Maricruz,cunha escolma de fotos dos nenos/as que percorren os tres maravillosos cursos de ed. infantíl,dende o ano 2009 ata o 2012.Aquí podédelo mirar.

                                                        
Durante moitos anos de servizo,a profe Maricruz recibiu moitos agasallos das familias,todos foron moi emotivos pero de tódolos agasallos recibidos este curso,éste fixo chorar á profe de emoción.
GRAZAS ÁS FAMILIAS POR AXUDARME TANTO A FACER FELICES ÓS NOSOS NENOS/AS,SOBRETODO NESTES MOMENTOS NOS QUE NON TEÑO MOITO TEMPO COMO ANTES PARA PREPARAR TODAS ESAS COUSAS TAN BONITAS QUE ME GUSTA TANTO FACER NA MIÑA AULA.
GRAZAS,MIL VECES...,GRAZAS!
MIRADE O AGASALLO QUE CHEGOU AO CORAZÓN DA PROFE E PRESTADE ATENCIÓN Á CANCIÓN,POIS ESTÁ ADICADA ÓS MEUS RAPACIÑOS QUE AGORA XA SON DE 1º DE ED. PRIMARIA.
ESTOU MOI ORGULLOSA DE VÓS!
QUÉROVOS!
UN BICO MOI ,MOI FORTE DA PROFE MARICRUZ E PERECHO, E NON VOS ESQUEZADES QUE ÉSTE SEGUE SENDO O VOSO BLOGUE E QUE ESTÁ ABERTO EN VACACIÓNS.