Generador de Texto Brillante

O OBXECTIVO DESTE BLOGUE.


ESTE BLOGUE NON PRETENDE SÓ SER UN ESCAPARATE DALGHUNAS ACTIVIDADES QUE SE FAN NA AULA, NIN UNHA REPORTAXE FOTOGRÁFICA DOS NENOS/AS QUE FORMAN PARTE DESTE BLOGUE,SENON UNHA FERRAMENTA DE TRABALLO DE AULA PARA MELLORAR O NIVEL DOS NOSOS RAPACES/RAPAZAS E OUTRA FERRAMENTA PARA QUE OS PAIS,DENDE AS SÚAS CASAS, POIDAN EDUCAR MILLOR ÓS SEUS FILLOS/AS EN COORDENACIÓN COA ESCOLA E AXUDARLLES A MERGULLARSE NESTE MUNDO APASIOANTE DAS NOVAS TECNOLOXÍAS,"O FUTURO".

UNHA APERTA AFECTUOSA DA PROFE MARICRUZ.

INFORMACIÓN ÁS FAMILIAS.

ESTE BLOGUE,POR DIVERSOS MOTIVOS,PASARÁ A SER UN REPOSITORIO DE RECURSOS PARA TRABALLAR NO AULA E NA CASA,DEIXANDO DE SER ESCAPARATE DAS ACTIVIDADES REALIZADAS NA AULA E NO CENTRO,E REPORTAXES FOTOGRÁFICAS.
SE ALGUNHA DAS FAMILIAS DOS NEN@S QUERE TER TODAS AS FOTOS DAS ACTIVIDADES E DOS SEU FILL@,POÑERASE EN CONTACTO COA PROFE MARICRUZ PARA PODELAS TER SEN SER PUBLICADAS EN INTERNET.
UNHA VEZ SOLVENTADOS OS IMPREVISTOS,VOLTARANSE A FACER PUBLICACIÓNS DE ENTRADAS NESTE BLOGUE.
GRAZAS POLA VOSA COLABORACIÓN.


XOGA E APRENDE NO NADAL,EN GALEGO,CASTELÁ E INGLÉS.

Se non sabes o significado dalgunha palabra galega...busca no Dicionario da Real Academia Galega

miércoles, 28 de marzo de 2012

A HISTORIA DE CARMIÑA E A RECONQUISTA DE VIGO.

EU,PERECHO,QUERO CONTARVOS UNHA HISTORIA QUE OS RAPACES DA CLASE DA PROFE MARICRUZ COÑECEN MOI BEN:"A HISTORIA DE CARMIÑA E MICHEL".
SEGURO QUE VOS ENCANTARÁ.
AH! NON VOS ESQUEZADES QUE ESTA FIN DE SEMANA CELÉBRASE A "FESTA DA RECONQUISTA DE VIGO".
A PROGRAMACIÓN DA FESTA E OS EVENTOS ESTÁN POSTOS NO ENCABEZADO DO NOSO BLOGUE.
SÓ TEDES QUE PREMER NO CARTEL GAÑADOR DESTE ANO.
ÍMOLO PASAR XENIAL!.
ESTE ANO,"A BRINCADEIRA"DE BOUZAS,QUE COMO SABEMOS É A RECONQUISTA DA VILA DE BOUZAS E QUE POR ,NORMA XERAL ,CELÉBRASE A FIN DE SEMANA SEGUINTE Á RECONQUISTA DE VIGO,PASARÁ A CELEBRARSE MÁIS TARDE QUE DE COSTUME POR COINCIDIR COA SEMANA SANTA.XA VOS IREMOS INFORMANDO.
PODEDES MIRAR AS FOTOS DA REPRESENTACIÓN DA LOITA DO POBO DE VIGO CÓS FRANCESES,DO ANO PASADO,PREMENDO NA FOTO.
SE QUEREDES LEMBRAR COMO CANTAN OS NOSOS RAPACES A CANTIGA DE CARMIÑA,COAS CUNCHAS,PODEDES BUSCAR A ENTRADA CORRESPONDENTE DO MES DE ABRIL DO 2011,NO NOSO BLOGUE OU NO DE PICOLINDO.
TAMÉN TEDES OUTRA OPCIÓN:QUE VOLA CANTEN ELES NA CASA E ASÍ,SE NON A SABEDES,APRENDÉDELA VÓS.
MOITOS BICOS,PERECHO.

.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

MOITÍSIMAS GRAZAS POLOS VOSOS COMENTARIOS E POR SER SEGUIDORES DO NOSO BLOGUE.UNHA APERTA AFECTUOSA DE PERECHO E OS NENOS/AS DA PROFE MARICRUZ.