SON PERECHO E AÍNDA QUE A PROFE ESTÁ MALIÑA, FÍXOME UN ENCARGUIÑO.
SABEDES QUE NÓS TRABALLAMOS NA CLASE AS CIENCIAS CON EXPERIMENTOS SINXELIÑOS PARA QUE OS NENOS/AS DESCUBRAN COMO FUNCIONA O NOSO MUNDO E O PORQUÉ DE MOITAS COUSAS.
Como chega o leite da vaca á neveira? Por que
as follas cambian de cor no outono? E por suposto? Por que o ceo é azul?
As ciencias son para todas as idades, e os experimentos científicos son un modo excelente de axudar aos nenos
a pensar por si mesmos e a aprender nas clases.
Os experimentos científicos na clase permiten aos estudantes aprender comodamente en grupos.
Os experimentos científicos na casa tamén poden ser
divertidos porque cada neno pode escoller o tema sobre o que quere aprender máis.
Onde poden os pais e os nenos atopar información sobre experimentos
científicos que se poidan facer na casa?
Hai varios programas infantís de televisión cos seus correspondentes sitios web que dan información sobre
experimentos científicos. Algúns destes son:
Bill Nye The Science Guy ? Bill Nye contesta algunhas das preguntas difíciles que os nenos fan.
Visíteno en http://www.billnye.com.
Jay Jay The Jet Plane ? Jay Jay, ofrece proxectos de ciencias e natureza perfectos para nenos de idades entre os catro
e os sete anos. Os programas de televisión de Jay
Jay e os seus amigos inclúen proxectos sobre o tempo atmosférico, a gravidade, as prantas, as rochas e outros.
http://pbskids.org/jayjay/care.sciencenature.html
Míster Rogers? Neighborhood tamén pode ser unha fonte para os experimentos
científicos para mozos e mozos de corazón. Exploren actividades culinarias e
experimentos con auga en http://pbskids.org/rogers/ .
ZOOM - Nenos ,desde a ed. infantíl ata a ed. secundaria obligatoria, gozarán vendo ao elenco de nenos de ZOOM facer experimentos
científicos por televisión. Despois, poden
visitar o sitio web en http://pbskids.org/zoom/ para atopar instrucións sobre como facer os experimentos na casa.
Dragonfly TV - Este programa para estudantes
de primaria mostrará todos os días aos nenos
facendo experimentos. Os nenos poderán ir
despois ao Internet a aprender máis sobre a
ciencia que vexan por televisión ou presentar
a súa propia idea para un experimento en Dragonfly
TV. http://pbskids.org/dragonflytv/
Xa sexa en Internet, na televisión, na
biblioteca ou na escola, hai moitos recursos
dispoñibles para axudar aos pais a fomentar
as ciencias na casa. As ciencias poden
promover nos nenos moitas destrezas útiles
como confianza, organización, seguimento de instrucións
e desexo de aprender ciencia e practicar o inglés.
EIQUÍ DÉIXOVOS OS ENLACES PARA ESCOMENZAR A VOSA AVENTURA,XUNTO COS VOSOS FILLOS/AS ,NA CASA.PREMEDE NAS FOTOS E ...A EXPERIMENTAR!
No hay comentarios:
Publicar un comentario
MOITÍSIMAS GRAZAS POLOS VOSOS COMENTARIOS E POR SER SEGUIDORES DO NOSO BLOGUE.UNHA APERTA AFECTUOSA DE PERECHO E OS NENOS/AS DA PROFE MARICRUZ.