Generador de Texto Brillante

O OBXECTIVO DESTE BLOGUE.


ESTE BLOGUE NON PRETENDE SÓ SER UN ESCAPARATE DALGHUNAS ACTIVIDADES QUE SE FAN NA AULA, NIN UNHA REPORTAXE FOTOGRÁFICA DOS NENOS/AS QUE FORMAN PARTE DESTE BLOGUE,SENON UNHA FERRAMENTA DE TRABALLO DE AULA PARA MELLORAR O NIVEL DOS NOSOS RAPACES/RAPAZAS E OUTRA FERRAMENTA PARA QUE OS PAIS,DENDE AS SÚAS CASAS, POIDAN EDUCAR MILLOR ÓS SEUS FILLOS/AS EN COORDENACIÓN COA ESCOLA E AXUDARLLES A MERGULLARSE NESTE MUNDO APASIOANTE DAS NOVAS TECNOLOXÍAS,"O FUTURO".

UNHA APERTA AFECTUOSA DA PROFE MARICRUZ.

INFORMACIÓN ÁS FAMILIAS.

ESTE BLOGUE,POR DIVERSOS MOTIVOS,PASARÁ A SER UN REPOSITORIO DE RECURSOS PARA TRABALLAR NO AULA E NA CASA,DEIXANDO DE SER ESCAPARATE DAS ACTIVIDADES REALIZADAS NA AULA E NO CENTRO,E REPORTAXES FOTOGRÁFICAS.
SE ALGUNHA DAS FAMILIAS DOS NEN@S QUERE TER TODAS AS FOTOS DAS ACTIVIDADES E DOS SEU FILL@,POÑERASE EN CONTACTO COA PROFE MARICRUZ PARA PODELAS TER SEN SER PUBLICADAS EN INTERNET.
UNHA VEZ SOLVENTADOS OS IMPREVISTOS,VOLTARANSE A FACER PUBLICACIÓNS DE ENTRADAS NESTE BLOGUE.
GRAZAS POLA VOSA COLABORACIÓN.


XOGA E APRENDE NO NADAL,EN GALEGO,CASTELÁ E INGLÉS.

Se non sabes o significado dalgunha palabra galega...busca no Dicionario da Real Academia Galega

jueves, 17 de noviembre de 2011

OS PREPARATIVOS PARA O NOSO MAGOSTO 2011.


Cantigas do Magosto:

Aquí témolo magosto
que viva a festa rachada
os meniños desta escola
farán hoxe a castañada.

Señora María, señor Manuel
Castañas asadas, que saben moi ben,
que saben moi ben, que saben moi ben.
Señora María, señor Manuel.
________
A castaña no ourizo
quixo rir e regañou.
Caeu do castiñeiro embaixo,
mira tí o que gañou.
________
Canta cuco, canta cuco 

na galla do castiñeiro,
coa machadiña na man,
aprendendo á carpinteiro.
________
Non chas quero, non chas quero,
castañas do teu magosto,
Non chas quero non chas quero,
que me cheiran a chamosco.
_______
Santiña do Soutarelo
bota castañas embaixo
aunque non teña mantelo,
collereinas no refaixo.
________
Santo que estás no canizo
bota castañas embaixo
que aunque non teño candíl,
acadochas no refaixo.
_________
Mociños de aló arriba
vídevos ó fiadeiro
que vos hei de dar castañas
cando eu seña catiñeiro.
__________
Miña nai, dóime a barriga.
-Miña filla, confesión.
As castañas que comiche,
de qué castiñeiro son?
__________
A castaña no ourizo
quixo rir e regañou:
caiu castiñeiro abaixo,
mira que chasco levou!
____________
Castañas asadas
e viño con mel,
e a miña señora
detrás do tonel.
____________

Monxe que estás no canizo,
tira castañas para baixo,
tírame das máis grandiñas
que as pequenas non me baixo.
____________
Acabáronse as vendimas
e veñen as esfolladas,
para comer coas mozas,
catro castañas asadas.

REFRÁNS:
Castañas, noces e viño,

 fan as delicias do San Martiño.

Polo San Martiño,
peóns ó camiño.

Polo San Martiño, 

atesta o viño,
 deixa a auga
e come castañas e viño.

Adeviña...adeviñanza...
Son pequena e a miña cor é marrón,
cando chega o outono métenme no fogón.
(a castaña)

No alto estou,
cor de ouro teño,
por unha risada
perdo canto teño.
(o ourizo)

No hay comentarios:

Publicar un comentario

MOITÍSIMAS GRAZAS POLOS VOSOS COMENTARIOS E POR SER SEGUIDORES DO NOSO BLOGUE.UNHA APERTA AFECTUOSA DE PERECHO E OS NENOS/AS DA PROFE MARICRUZ.