Generador de Texto Brillante

O OBXECTIVO DESTE BLOGUE.


ESTE BLOGUE NON PRETENDE SÓ SER UN ESCAPARATE DALGHUNAS ACTIVIDADES QUE SE FAN NA AULA, NIN UNHA REPORTAXE FOTOGRÁFICA DOS NENOS/AS QUE FORMAN PARTE DESTE BLOGUE,SENON UNHA FERRAMENTA DE TRABALLO DE AULA PARA MELLORAR O NIVEL DOS NOSOS RAPACES/RAPAZAS E OUTRA FERRAMENTA PARA QUE OS PAIS,DENDE AS SÚAS CASAS, POIDAN EDUCAR MILLOR ÓS SEUS FILLOS/AS EN COORDENACIÓN COA ESCOLA E AXUDARLLES A MERGULLARSE NESTE MUNDO APASIOANTE DAS NOVAS TECNOLOXÍAS,"O FUTURO".

UNHA APERTA AFECTUOSA DA PROFE MARICRUZ.

INFORMACIÓN ÁS FAMILIAS.

ESTE BLOGUE,POR DIVERSOS MOTIVOS,PASARÁ A SER UN REPOSITORIO DE RECURSOS PARA TRABALLAR NO AULA E NA CASA,DEIXANDO DE SER ESCAPARATE DAS ACTIVIDADES REALIZADAS NA AULA E NO CENTRO,E REPORTAXES FOTOGRÁFICAS.
SE ALGUNHA DAS FAMILIAS DOS NEN@S QUERE TER TODAS AS FOTOS DAS ACTIVIDADES E DOS SEU FILL@,POÑERASE EN CONTACTO COA PROFE MARICRUZ PARA PODELAS TER SEN SER PUBLICADAS EN INTERNET.
UNHA VEZ SOLVENTADOS OS IMPREVISTOS,VOLTARANSE A FACER PUBLICACIÓNS DE ENTRADAS NESTE BLOGUE.
GRAZAS POLA VOSA COLABORACIÓN.


XOGA E APRENDE NO NADAL,EN GALEGO,CASTELÁ E INGLÉS.

Se non sabes o significado dalgunha palabra galega...busca no Dicionario da Real Academia Galega

domingo, 27 de noviembre de 2011

TEÑO MORRIÑA...

OS NENOS/AS DE 5 ANOS,COMO EN ANOS ANTERIORES,PREPARARON A SÚA PÁXINA DO CALENDARIO DE NADAL.
LEMBRADES?
É O CALENDARIO QUE A ESCOLA AGASALLA ÁS FAMILIAS CANDO CHEGA O NADAL.
POIS ESTE ANO ,OS RAPACES DA PROFE MARICRUZ ,TRABALLANDO O TEMA ESTRELA DESTE CURSO"UN MAR DE EMOCIÓNS",ELEXIRON "A MORRIÑA",UNHA EMOCIÓN DIFÍCIL DE EXPRESAR GRÁFICAMENTE.
AÍNDA ASÍ TENTÁMOLO E,DESPOIS DE TRABALLAR NA AULA ESTA EMOCIÓN,O RESULTADO É ESTE...
PARA SABER O PROCESO DE ELABORACIÓN E COMO TABALLAMOS ESTA EMOCIÓN,MIRADE ESTA MONTAXE.

AS FOTOS E OS DOCUMENTOS ,QUE NOS SERVIRON DE BASE PARA TRABALLAR ESTA EMOCIÓN ,ESTÁN INCLUIDOS NESTE MARAVILLOSO TRABALLO QUE NOS GOSTARÍA QUE TIVESEN TODAS AS FAMILIAS NOS SEUS FOGARES.



non

debemos

esquecer

que

NÓS,OS GALEGOS E GALEGAS,NOUTROS TEMPOS E AGORA,TAMÉN FOMOS E SOMOS...




emigrantes

E A PROFE MARICRUZ É UNHA DELES.

1 comentario:

  1. Queridos Perecho e Mari Cruz...
    Lola e a súa familia queren agradecervos o voso esforzo e a vosa dedicación. Ogalla e non perdades nunca a ilusión e as ganas que poñedes no voso traballo... Sen dúbida a vosa é unha labor fundamental para os tempos que se aveciñan... ¡¡Noraboa!!.

    ResponderEliminar

MOITÍSIMAS GRAZAS POLOS VOSOS COMENTARIOS E POR SER SEGUIDORES DO NOSO BLOGUE.UNHA APERTA AFECTUOSA DE PERECHO E OS NENOS/AS DA PROFE MARICRUZ.