DESPOIS DE DEGOSTAR OS FROITOS DE OUTONO QUE ÍAN NAS CESTAS QUE FIXERON AS FAMILIAS,CLASIFICAR OS FROITOS EN CARNOSOS E SECOS,MONTAR O NOSO PARTICULAR RECANTO DOS FROITOS E OUTRAS MOITAS ACTIVIDADES,IMOS REPASAR OS NOMES DALGÚNS DELES.
AS NOSAS CASTAÑAS XA ESTÁN PREPARADAS PARA O MAGOSTO DO MÉRCORES,SE O TEMPO O PERMITE.
SE NON SABEDES QUE POÑER ESTA TARDE PARA MERENDAR,VOU DARVOS UNHA IDEA.
COLLEDE GALLETAS MULTICEREAIS,QUEIXO DE UNTAR E MARMELADA DE ARÁNDANOS,MOURAS OU AMORODOS E FACEDE UNHA BONITA TORRE.
PÓDENLA FACER OS NENOS/AS SÓS.
ESTÁN BOÍSIMAS!
PERECHO PONSE MORADO A COMELAS NA SÚA CASA DE "A BOUZA".
CLARO,COMO TEN TANTAS MOURAS E ARÁNDANOS PRETO DA SÚA CASA...
BO PROVEITO!
No hay comentarios:
Publicar un comentario
MOITÍSIMAS GRAZAS POLOS VOSOS COMENTARIOS E POR SER SEGUIDORES DO NOSO BLOGUE.UNHA APERTA AFECTUOSA DE PERECHO E OS NENOS/AS DA PROFE MARICRUZ.