O Concello de Nigrán presentou onte Dinosauros Park, unha exposición de máis de 2.000 metros cadrados que albergará máis de 50 réplicas a escala real de dinosauros de 30 especies diferentes, e que permanecerá aberta ao público entre mañá, sábado, e o próximo 23 de setembro en Praia América.
Dinosauros Park é un evento didáctico e lúdico dirixido a toda a familia, que permitirá ao público coñecer con detalle o mundo dos dinosauros, como eran, as súas orixes, a súa extinción, de que se alimentaban, etc.

Nos meses de abril e maio, a exposición estará aberta os venres de 16.30 a 21.00 horas e os sábados e domingos de 10.00 a 22.00 horas. A partir do 20 de xuño, coincidindo coas vacacións estivais dos máis pequenos, a actividade estará operativa os sete días da semana, en horario ininterrompido de 10.00 a 22.00 horas. O prezo da entrada será de 5 euros para os nenos e de 7 euros para os adultos.

PARA SABER TODO SOBRE O MUNDO DOS DINOSAURIOS...PREMEDE NESTE PARQUE XURÁSICO E DESCUBRIREDES MOITAS COUSAS INTERESANTES.
QUEREDES XOGAR E APRENDER?
POIS PODEDES FACELO CON "TORBELLINO" DE ECASALS.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
MOITÍSIMAS GRAZAS POLOS VOSOS COMENTARIOS E POR SER SEGUIDORES DO NOSO BLOGUE.UNHA APERTA AFECTUOSA DE PERECHO E OS NENOS/AS DA PROFE MARICRUZ.