Generador de Texto Brillante

O OBXECTIVO DESTE BLOGUE.


ESTE BLOGUE NON PRETENDE SÓ SER UN ESCAPARATE DALGHUNAS ACTIVIDADES QUE SE FAN NA AULA, NIN UNHA REPORTAXE FOTOGRÁFICA DOS NENOS/AS QUE FORMAN PARTE DESTE BLOGUE,SENON UNHA FERRAMENTA DE TRABALLO DE AULA PARA MELLORAR O NIVEL DOS NOSOS RAPACES/RAPAZAS E OUTRA FERRAMENTA PARA QUE OS PAIS,DENDE AS SÚAS CASAS, POIDAN EDUCAR MILLOR ÓS SEUS FILLOS/AS EN COORDENACIÓN COA ESCOLA E AXUDARLLES A MERGULLARSE NESTE MUNDO APASIOANTE DAS NOVAS TECNOLOXÍAS,"O FUTURO".

UNHA APERTA AFECTUOSA DA PROFE MARICRUZ.

INFORMACIÓN ÁS FAMILIAS.

ESTE BLOGUE,POR DIVERSOS MOTIVOS,PASARÁ A SER UN REPOSITORIO DE RECURSOS PARA TRABALLAR NO AULA E NA CASA,DEIXANDO DE SER ESCAPARATE DAS ACTIVIDADES REALIZADAS NA AULA E NO CENTRO,E REPORTAXES FOTOGRÁFICAS.
SE ALGUNHA DAS FAMILIAS DOS NEN@S QUERE TER TODAS AS FOTOS DAS ACTIVIDADES E DOS SEU FILL@,POÑERASE EN CONTACTO COA PROFE MARICRUZ PARA PODELAS TER SEN SER PUBLICADAS EN INTERNET.
UNHA VEZ SOLVENTADOS OS IMPREVISTOS,VOLTARANSE A FACER PUBLICACIÓNS DE ENTRADAS NESTE BLOGUE.
GRAZAS POLA VOSA COLABORACIÓN.


XOGA E APRENDE NO NADAL,EN GALEGO,CASTELÁ E INGLÉS.

Se non sabes o significado dalgunha palabra galega...busca no Dicionario da Real Academia Galega

jueves, 26 de abril de 2012

PREPARANDO A FESTA DOS MAIOS.

Como todos sabedes o lúns,30 de abril,celebraremos a "Festa dos Maios",por segunda vez,na nosa escola.
O curso pasado foi espectacular.Podedes consultar as entradas dos maios do curso anterior neste blogue.
O curso pasado.
Pedimos ás familias colaboración para recoller pampillos,fiuncho herbas,calas,flores...
O curso pasado as familias colaboraron moitísimo,pero este ano temos pouco material para facer o maio.
Quizais é por mor do mal tempo,estes temporais e cicloxéneses que están a producirse en Galiza nestes días.
Fixádevos o que tíñamos ,un día coma hoxe pero do curso pasado,e mirade o que temos ,na nosa aula este curso.
Polo dagora só a familia de Silvia colaborou cunha media ducia de ovos baleiros.
Esperamos que mañá ,venres,e o luns teramos máis material.
Non esquezades de vestir ós nenos/as de branco este luns.
Pronto poñeremos,á vosa disposición ,o  programa da festas dos maios da Asociación Veciñal "Casco vello" de Vigo,unha vez sexa publicado,tanto o cartel como o programa,na páxina web de dita asociación.
Recoméndovos un libro,que se utilizou o ano pasado cos vosos fillos/as , que é moi chuli para ed. infantíl e 1º ciclo de ed. primaria.
"OS MAIOS",ED.Galaxia,con ilustracións de Jacobo Fernández.
ISBN:9788498651522
Se non dispoñedes de moito tempo,podédelo adquirir,a través da rede,no enlace que tedes premendo na foto do libro.

Lembramos o que son os maios.



EU ,PERECHO,TEÑO TODO ISTO GARDADO PARA  O LUNS,ANIMÁDEVOS E AXUDADE ÁS PROFES A QUE ESTE SEGUNDO MAIO SEXA IGUAL OU MELLOR QUE O DO ANO PASADO.    

No hay comentarios:

Publicar un comentario

MOITÍSIMAS GRAZAS POLOS VOSOS COMENTARIOS E POR SER SEGUIDORES DO NOSO BLOGUE.UNHA APERTA AFECTUOSA DE PERECHO E OS NENOS/AS DA PROFE MARICRUZ.