Fixemos a nosa árbore particupar.
O blogue dos alumn@s e exalumn@s da profe Maricruz,de ed. infantíl, do CEIP "Virxe do Rocío" de Bouzas-Vigo(Galiza).
O OBXECTIVO DESTE BLOGUE.
ESTE BLOGUE NON PRETENDE SÓ SER UN ESCAPARATE DALGHUNAS ACTIVIDADES QUE SE FAN NA AULA, NIN UNHA REPORTAXE FOTOGRÁFICA DOS NENOS/AS QUE FORMAN PARTE DESTE BLOGUE,SENON UNHA FERRAMENTA DE TRABALLO DE AULA PARA MELLORAR O NIVEL DOS NOSOS RAPACES/RAPAZAS E OUTRA FERRAMENTA PARA QUE OS PAIS,DENDE AS SÚAS CASAS, POIDAN EDUCAR MILLOR ÓS SEUS FILLOS/AS EN COORDENACIÓN COA ESCOLA E AXUDARLLES A MERGULLARSE NESTE MUNDO APASIOANTE DAS NOVAS TECNOLOXÍAS,"O FUTURO".
UNHA APERTA AFECTUOSA DA PROFE MARICRUZ.
INFORMACIÓN ÁS FAMILIAS.
ESTE BLOGUE,POR DIVERSOS MOTIVOS,PASARÁ A SER UN REPOSITORIO DE RECURSOS PARA TRABALLAR NO AULA E NA CASA,DEIXANDO DE SER ESCAPARATE DAS ACTIVIDADES REALIZADAS NA AULA E NO CENTRO,E REPORTAXES FOTOGRÁFICAS.
SE ALGUNHA DAS FAMILIAS DOS NEN@S QUERE TER TODAS AS FOTOS DAS ACTIVIDADES E DOS SEU FILL@,POÑERASE EN CONTACTO COA PROFE MARICRUZ PARA PODELAS TER SEN SER PUBLICADAS EN INTERNET.
UNHA VEZ SOLVENTADOS OS IMPREVISTOS,VOLTARANSE A FACER PUBLICACIÓNS DE ENTRADAS NESTE BLOGUE.
GRAZAS POLA VOSA COLABORACIÓN.
SE ALGUNHA DAS FAMILIAS DOS NEN@S QUERE TER TODAS AS FOTOS DAS ACTIVIDADES E DOS SEU FILL@,POÑERASE EN CONTACTO COA PROFE MARICRUZ PARA PODELAS TER SEN SER PUBLICADAS EN INTERNET.
UNHA VEZ SOLVENTADOS OS IMPREVISTOS,VOLTARANSE A FACER PUBLICACIÓNS DE ENTRADAS NESTE BLOGUE.
GRAZAS POLA VOSA COLABORACIÓN.
XOGA E APRENDE NO NADAL,EN GALEGO,CASTELÁ E INGLÉS.
Se non sabes o significado dalgunha palabra galega...busca no Dicionario da Real Academia Galega
viernes, 12 de octubre de 2012
A CASTAÑA CATARINA.
"A CASTAÑA CATARINA" É UN CONTO PRECIOSO QUE TRABALLAMOS NA NOSA AULA.
LÉDEO.
Hai moitos anos, moitísimos anos, nun castiñeiro
do souto de Outeiro ,vivía moi feliz a castaña
Catarina.
A gustiño sentíase metida no seu ourizo, na
compaña da súa irmá. Un día de outono notou
tremelica-la súa casa:
- Qué estará ocorrendo?- Preguntábase
amedrentada.
A pachorrenta da súa irmá exclamou:
- Que ben! .Quen nos estará a bambear?
Curiosas abriron unha fendiña no ourizo, axexaron
e decatáronse de que era o vento que cada vez
sopraba con máis forza.
Tanto soprou e soprou que remataron no chan:
- Ai, ai, ai…!! As miñas costas- Dixo Catarina.
- Ui, ui, ui…!! Que traompada- Queixouse a súa
irmá.
Malia estar atornadas polo golpe, escoitaron unhas
voces que se achegaban. Eran os rapaces do Cole Rocío,
na procura de castañas para face-lo magosto.
- Mirade! Este ourizo xa está algo aberto, voulle
saca-las castañas…
- Que frío! .Qué será de nós? .Cara a onde nos
levará?
Preguntábanse as irmás.
Como os nenos e as nenas ían a todo correr polo
souto abaixo, Catarina caeu do saco onde a gardaban
e foi dar a un burato que había no chan, alí quedou
feliz ao cuberto do frío.
Mentres, o resto do grupo chegaba ao cole,onde
había unha fogueira recén acendida.
- Repartámo-las castañas para picalas- Dixo unha
das nenas.
- Ou queredes que estouren?
- Nooooon! .A picar!- Respostou o resto.
Despois de picalas, asáronas e coméronas.
As mans quedáronlles negrísimas, cheas de borralla
e decidiron xogar a tisna-las caras.
E…Qué sería de Catarina?...
Pois…veredes… co paso do tempo Catarina
Mirade o bonito traballo que fixemos na aula,baseándonos no conto e a sorpresa de Perecho.
Fixemos a nosa árbore particupar.
Fixemos a nosa árbore particupar.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
Ola Mari Cruz!!
ResponderEliminarSon Asun, a coordinadora da Biblioteca do CEIP VÍCTOR SÁENZ de Mazaricos. Quería felicitarte pola iniciativa deste blog cheo de recursos para rapaces, pais e por suposto para profes.
Vemos que tamén empregades recursos elaborados polo noso centro (como o texto dos trasnos. Agradecemos enormemente a súa difusión e que lles saquedes partido. O único que vos pedimos é que nos citedes como fonte. Moitas grazas de antemán.
Por outra banda, mirando ás fotos das vosas novas instalancións acabo de atopar a foto dunha compañeira coa que traballei fai anos no C.E.E. Saladino Cortizo ahí en Vigo. É a profe Belén. Agradeceríache enormemente que lle deses unha forte apreta da miña parte.
De novo noraboa polo teu traballo e ánimo para seguir con el.
Apertas dende Mazaricos
Asun
Coodinadora do Equipo de biblioteca do CEIP VICTOR SAENZ.
http://bibliovictorsaenz.blogspot.com
Perdón pola miña ignorancia,pero pensei que como ao dar ao ezpand xa pon a procedencia do documento nun recadro,era redundante voltar a nombrar tal procedencia.Grazas polos vosos comentarios ao meu humilde blogue.Dareille os saudos a Belén pq ,aparete de ser unha excelente profesional,fun a profe do seu fillo e é unha maravillosa amiga.Unha aperta afectuosa de Maricruz,antiga profe do cole de Fisterra,durante tres anos,CEIP"Mar de Fora",preto do voso.Grazas polos vosos materiais.
Eliminar