SABEDES O QUE É HIBERNAR?
OS VOSOS FILLOS/AS SI QUE O SABEN.
Coa calor da primavera... a natureza rexorde e o alimento volve estar dispoñible. Os animais que hibernaron durante o inverno volven ao seu estado normal.
QUE ANIMAIS HIBERNAN?Os animais que hibernan son pequenos mamíferos, principalmente roedores.
Moitos roedores hibernan durante todo o inverno, como as marmotas, os hámsters, os esquios de terra,as donicelas ou os muscárdinos. Algunha vez oíches a expresión ,durmes como un lirón?? Dise iso porque os liróns son uns mamíferos pequenos que dormen durante todo o inverno. En climas moi fríos os liróns poden hibernar durante seis meses. Seguro que ti nunca durmiches tanto!
Ademáis dos roedores, tamén hibernan outros mamíferos, como o ourizo e algúns morcegos. As aves, xeralmente, non hibernan; pero realizan longas migracións ata zonas máis cálidas, onde pasan o inverno. O chotacabras pachacua ou chotacabras de Nattal, que vive en América do Norte, é unha das poucas aves que realmente hibernan. Estes paxaros pasan o inverno dormidos nos buracos das rochas. Outros paxaros, como o vencejo común ou a anduriña, son capaces de aletargarse e poden chegar a ese estado de letargo en calquera momento, cando o alimento empeza a escasear; con todo, non se considera unha verdadeira hibernación.
COMO SE PREPARAN Os ANIMAIS PARA HIBERNAR?Durante o verán e comezos do outono, os animais que van hibernar empezan a comer moito máis que antes. Engordan e acumulan reservas en forma de graxas. Por exemplo, o lirón duplica o seu peso antes de empezar a hibernación.
Ademáis, os animais preparan coidadosamente o refuxio onde van pasar eses meses: a marmota fai un tobo no chan e recúbrea con herbas; o ourizo acondiciona un niño con follas ou herbas; o lirón elixe unha cavidade, como o buraco dunha árbore e o tapiza con plantas.
No tobo, os animais adoitan a forma dunha bóla para protexerse mellor do frío. Cando varios hibernan xuntos, se apelotonan uns xunto aos outros.
UNHA COUSA MOI IMPORTANTE:
SE ATOPADES OURIZOS,DONICELAS...NESTA ÉPOCA DO ANO,NON OS COLLADES POIS AMEDRÉNTANSE E DESORIÉNTANSE DO SEU HÁBITAT E É MOI PERXUDICIAL PARA ELES.
NON ESQUEZAMOS QUE ESTÁN EN PERIGO DE EXTINCIÓN E PODEN MORRER,AÍNDA QUE OS DEIXEMOS DESPOIS EN LIBERDADE,AO NON ATOPAR A SÚA CASIÑA.
AGORA XA A TEÑEN MONTADA PARA O INVERNO E NON LLES DARÍA TEMPO A FACER OUTRO REFUXIO.
OBSERVÉMOLOS A DISTANCIA,CON ISO XA É DABONDO.
SE RESPEITAMOS Á NATUREZA,RESPEITÁMONOS A NÓS MESMOS.
Me gusta la informacion que das,maricruz,es muy positiva para los niños y para los padres.Enhonabuena por tu trabajo.Mª josé y Luis.
ResponderEliminar