Imos falar
das lagartijas máis normais que hai en Galicia, as que é máis probable que
vexamos e/ou collamos saíndo ao campo ou en calquera pobo ou cidade. A máis
normal de todas é a chamada “lagartija hispánica ou ibérica”, en latín “Podarcis
hispanica”.
Esta é a que atopou
Pablo,o noso novo conserxe,no patio do cole e tróuxonola á clase mentres
acendiamos o precioso e terrorífico calacú de Iria coas luces apagadas da clase.
Tamén hai outra
lagartija moi común que é a chamada “lagartija colilarga”, en latín “Psammodromus
algirus”, chamada así pola extensión da súa cola, a cal supera a do propio
corpo.
ESTE É LAGARTI. |
Á mantenta diso,de
todos é sabido a facilidade con que as lagartijas perden a súa cola. En
realidade non é que lla quitemos,como pensaba Pablo,o noso conserxe, ao porlles
a man enriza, senón que son elas mesmas as que a rachan mediante un mecanismo
incrible. Desta forma a lagartija escápase e como ademáis a cola segue
movéndose durante bastante tempo, moitas veces o animal que intentou cazala
queda sorprendido e sen saber que facer. O caso é que moitas lagartijas
sálvanse así dunha morte segura. E o máis sorprendente aínda é que a cola
vólvelles a saír e de feito é frecuente ver lagartijas ás cales medroulles unha
nova cola. Ata este fenómeno pódelles suceder máis dunha vez na súa vida.
Con todo ,a perda
da cola ten consecuencias para o animal, posto que a nova non é nin tan grande
nin tan flexible nin resistente como a primitiva. Así que as lagartijas con
segundas ou terceiras colas móvense con máis dificultade, regulan peor a
temperatura do seu corpo e perden parte do seu atractivo sexual, xa sexan
machos ou femias. Así que coidado ao capturar lagartijas, procurade facelo con
coidado para que non perdan a cola e, ante a dúbida, mellor será deixalas en
paz e limitarnos a observalas e facerlles algunhas fotografías.
Na primavera e
verán aliméntanse de pequenos saltóns, escaravellos, pulgóns, grilos, etc. ou
ben arañas, así como larvas de distintos insectos. Ás veces son capaces de
comer ás súas propias críanzas se conseguen cazalas, claro. Á súa vez as
lagartijas son bocado preferido de lagartos, víboras, culebras, aves como a pega,
os mouchos, os alcotanes, os alcaudones, etc., ou mamíferos como a donicela, o
gato montés ou o propio gato doméstico.
Os machos defenden
o seu territorio dos outros machos, podéndose presenciar algunhas pelexas
espectaculares. Isto ten lugar entre os meses de marzo e xuño. Os vencedores
teñen acceso ás femias ás que practicamente “capturan”. Éstas escavan pequenos
ocos na terra onde depositan os ovos (de 3 ó 4 ata 15 ou máis, segundo
especies) e dos que ao cabo de cinco semanas ou ás veces ata case tres meses,
saen unhas pequenas lagartijitas que tardan un ano en facerse maiores. No mesmo
ano poden facer dous ou tres postas.
Logo de observala e
aprender cousas sobre ela,puxémola en liberdade, onde a atopou Pablo,xunto coa
súa coliña.Seguro que a estaba esperando a súa familia ,dentro dos muros do
noso cole.
ATA PRONTO,LAGARTI!
E GRAZAS,PABLO,POLA SORPRESA.
|
No hay comentarios:
Publicar un comentario
MOITÍSIMAS GRAZAS POLOS VOSOS COMENTARIOS E POR SER SEGUIDORES DO NOSO BLOGUE.UNHA APERTA AFECTUOSA DE PERECHO E OS NENOS/AS DA PROFE MARICRUZ.